Cando chega o Nadal en moitos palcos do mundo as bailadoras e bailadores preparan con moito esmero un magnífico espectáculo: O CREBANOCES. En 1892 o compositor ruso Piotr Tchaikovsky, atendendo ó encargo dos Teatros Imperiais, preparou unha partitura pola cal converteu en "ballet" un conto de Nadal cargado de maxia.
A música de Tchaikovsky enche o escenario no que se suceden feitizos, batallas tremendas, o terrible rei dos ratos coas súas espantosas siete cabezas, o país dos doces, a fada do sucre... As melodías transfórmanse en danzas, moitas danzas: a Danza Chinesa, a Danza Árabe, O Trepat (Danza Rusa), a Danza das Frautas, a Danza da Fada do Sucre, o Vals das Flores, o Vals das folerpas...
Velaí unha das versións do CREBANOCES
Xa me tardaba: é o tempo da danza... disfrutemos do BALLET!
A DANZA CHINESA
DANZA RUSA
A DANZA DOS MIRLITÓNS
O VALS DAS FLORES
O VALS DAS FOLERPAS
A DANZA DA FADA DO SUCRE
En 1940, este ballet estrenouse nos Estados Unidos e acadou moita sona. Walt Disney, engaiolado pola partitura, decidiu utilizar esta música en FANTASÍA, unha película de debuxos animados. Velaí algunhas das escenas que imaxinaron os debuxantes americanos.
DANZA CHINESA
DANZA RUSA
DANZA DA FADA DO SUCRE
DANZA DAS FRAUTAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario