A primeira parada farémola en Austria.
Na sua capital, a Orquesta Filarmónica de Viena ofrece cada primeiro de xaneiro un concerto ó que acoden, moi elegantemente vestidas, persoas moi ricas de todo o mundo. As televisións de 90 paises retransmíteno en directo. Tamén TVE. Le moi atentamente a información do concerto deste ano que colgou na rede RTVE, e logo responde as distintas cuestións.
- Quen dirixiu o concerto este ano?
- Desde que ano se celebra este concerto?
- Ademais dos músicos e da sala, hai algo máis no espectáculo?
- Tradicionalmente, de quen é a música que sona neste concerto?
No seguinte enlace atoparás información sobre unha familia de músicos vieneses que conseguiron facer bailar as xentes de Europa desde hai 200 anos. Presta atención e resolverás as preguntas.
- Cal era o apelido desta familia tan musical?
- Cantos deles foron compositores? Cantos tiveron orquesta propia?
- Cal deles compuso a música que bailan os noivos en tódalas bodas?
Tódolos anos hai duas obras que interpretan neste día. Unha é o vals "O Danubio Azul". Outra é a peza que pecha o concerto, na que o público acompaña á orquestra coas suas palmas seguindo as ordes do director. Velaquí tes a gravación do concerto de 2009 que dirixiu o arxentino Daniel Barenboim.
- Cal é o título da obra que interpretan músicos e público?
- Que marcan coas palmadas?
- Que indicacións lles da Barenboim ó público?
A Filarmónica de Viena está considerada como unha das orquestras máis importantes do mundo. Investiga no seguinte enlace estos dous interesantes aspectos:
- Por que ten ese "sonido" tan distinto a outras orquestras?
- A selección dos músicos desta orquestra é moi criticada? Por que? Cal é a túa opinión?
O Concerto de Aninovo de Viena celébrase na Sala Dourada do Musikverein. Velaquí tres salas de concertos ben famosas: o Palau da Música de Barcelona, a Sala Dourada do Musikverein, a Fenice de Venecia pero... que número de imaxe lle corresponde a cada unha delas?
1 |
2 |
3 |
.....
A segunda parada da nosa viaxe está en Portugal.
Tamén as xentes de Portugal escomenzan o ano facendo música. Pero esta vez o son está nas ruas, nas prazas das vilas e aldeas. Non hai roupas elegantes, nin salóns de ricos pazos, nin músicos famosos. Pica nos enlaces e poderás descobrir outro xeito de escomezar o ano con música.
- Explica en que consiste? Quen participa? Como se organizan? Que fan?
- Utilizan instrumentos? Cales?
- Cal é a orixe desta tradición?
No seguintes enlaces atoparás varios exemplos.
José Afonso (Zeca Afonso) foi un músico portugués moi coñecido. Cantaba as suas propias composicións, pero sempre estaba por baixo a música tradicional das xentes e dos lugares nos que viviu. "Natal dos Simples" é unha desas cancións e xa no primeiro verso explica de que música se trata. Velaquí deixo unha gravación para que poidades disfrutar da fermosísima voz deste cantor. Pero atención! haberedes de completar as palabras que faltan do texto.
No enlace que segue poderás escoitar un deses cantos (janeiras) interpretado por MALVELA, o estupendo coro de mulleres de Mos (Pontevedra). Podes entoar con elas a cantiga porque ten a letra escrita en karaoke.
Ningún comentario:
Publicar un comentario