Johann Sebastian Bach (lembra que se pronuncia "BAJ") foi un dos mais grandes músicos de tódolos tempos. Viviu en Alemania hai máis de 300 anos. Velaquí uns datos sobre a súa vida:
Durante moitos anos as xentes de Leipzig poideron escoitar os coros de nenos que ensaiaba e disfrutar na igrexa de San Nicolás as súas composicións como organista.
Velaquí a Tocata e Fuga en RE menor, tal e como puideron escoitala os seus veciños.
BACH en alemán significa "regato", pero a música de Johann Sebastián é máis que iso... é un océano de sensacións (ou así lle pareceu ó mesmísimo Beethoven). As composicións de Bach engaiolan aos músicos contemporáneos. Escoita atentamente esta versión da Tocata e Fuga en RE menor.
E agora chega o tempo de "alucinar". Propóñovos VER e MIRAR esta peza de Bach. Para saboreala con intensidade é preciso que vos concentredes e sigades minuciosamente o movemento e as cores que se sucederán na pantalla.
Como xa sabedes, a Johann Sebastian gustáballe moitísimo o son dos instrumentos de corda frotada. Escribiu música para violonchelo e agora podes escoitala por un dos mellores violonchelistas: Rostropovich.
Noutra páxina deste blogue poderás atopar dous vídeos de bailarines interpretando esta obra de J.S. Bach. Poderás disfrutalo se picas AQUÍ
Fixádevos o que fan Sting (guitarrista pop) e Alessandra Ferri con esta peza. A outra proposta é unha divertida e orixinal coreografía de Nacho Duato.
A PATINAXE SOBRE XEO é outro xeito de danza. Velaí queda o traballo dos patinadores J. Torvill e C. Dean que bailan unha Sarabanda de J.S. Bach interpretada por Yo Yo Ma.
A PATINAXE SOBRE XEO é outro xeito de danza. Velaí queda o traballo dos patinadores J. Torvill e C. Dean que bailan unha Sarabanda de J.S. Bach interpretada por Yo Yo Ma.
Sabemos que J.S. gostou moito da música vocal. Tivo unha preciosa voz, cantou en coros, ensaiou coros e compuso moita música para ser cantada. É por iso que, estou completamente convencida, disfrutaría moitísimo con esta "versión" que fan THE SWINGLE SINGERS dunha Fuga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario