Páxinas

xoves, 23 de novembro de 2017

J.S. BACH "un río de música"


Johann Sebastian Bach (lembra que se pronuncia "BAJ") foi un dos mais grandes músicos de tódolos tempos. Viviu en Alemania hai máis de 300 anos. Velaquí uns datos sobre a súa vida:

 

Durante moitos anos as xentes de Leipzig poideron escoitar os coros de nenos que ensaiaba  e disfrutar na igrexa de San Nicolás as súas composicións como organista.
 Velaquí a Tocata e Fuga en RE menor, tal e como puideron escoitala os seus veciños.



BACH en alemán significa "regato", pero a música de Johann Sebastián é máis que iso... é un océano de sensacións (ou así lle pareceu ó mesmísimo Beethoven). As composicións de Bach engaiolan aos músicos contemporáneos. Escoita atentamente esta versión da Tocata e Fuga en RE menor.


E agora chega o tempo de "alucinar". Propóñovos VER e MIRAR esta peza de Bach. Para saboreala con intensidade é preciso que vos concentredes e sigades minuciosamente o movemento e as cores que se sucederán na pantalla.



Como xa sabedes, a Johann Sebastian gustáballe moitísimo o son dos instrumentos de corda frotada. Escribiu música para violonchelo e agora podes escoitala por un dos mellores violonchelistas: Rostropovich.



 Noutra páxina deste blogue poderás atopar dous vídeos de bailarines interpretando esta obra de J.S. Bach. Poderás disfrutalo se picas AQUÍ
Fixádevos o que fan Sting (guitarrista pop) e Alessandra Ferri con esta peza. A outra proposta é unha divertida e orixinal coreografía de Nacho Duato.


A PATINAXE SOBRE XEO é outro xeito de danza. Velaí queda o traballo dos patinadores J. Torvill e  C. Dean que bailan unha Sarabanda de J.S. Bach interpretada por Yo Yo Ma.



Sabemos que J.S. gostou moito da música vocal. Tivo unha preciosa voz, cantou en coros, ensaiou coros e compuso moita música para ser cantada. É por iso que, estou completamente convencida, disfrutaría moitísimo con esta "versión" que fan THE SWINGLE SINGERS dunha Fuga.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.