Moi recentemente faleceu Monserrat Caballé, unha das cantantes máis importantes do noso tempo. Esta soprano percorreu os palcos máis afastados do planeta interpretando máis de 80 personaxes en distintas óperas.
Velaí deixo a súa voz, inmensamente delicada, para que poidades lembrar sempre a perfección e sutileza do seu canto.
Se miramos polo miúdo as voces humanas, poderemos organizalas en tres grupos ben diferenciados:
* Voces FIMININAS.- A larinxe e as cordas vogais das mulleres son máis curtas que as dos homes e, daquela, o son é unha 8ª máis agudo que o son das voces masculinas.
* Voces INFANTÍS.- O son é o máis agudo porque a larinxe é máis curta que a dos homes e as mulleres.
Cando cliquedes na imaxe chegaredes a un enlace creado pola profesora Maria Jesús Camino Rentería para coñecer polo miúdo as distintas voces.
Velaí a representación no pentagrama da amplitude de sons que acadan as distintas voces atendendo á súa tesitura.
VOCES FEMININAS
VOCES MASCULINAS
VOCES BRANCAS (NENOS E NENAS)
Rematamos con dous vídeos que explican con detalle os pormenores das voces humanas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.