23 de ABRIL, na casa, con moito tempo por diante. Cal é unha das mellores propostas para viaxar no espacio e no tempo? Exacto: LER
A tod@s gústanos que nos conten historias e contos. E ó alumnado deste cole góstalle moito lerlles ás outras persoas. Hai un tempo, na aula de música, desenvolvimos un proxecto de facermos AUDIOCONTOS. Escollimos libros que tiñamos na nosa biblioteca de aula e os nenos e nenas prepararon a lectura e fixemos gravacións. Escaneamos as imaxes do conto e logo coa axuda do ordenador engadímoslle distintas músicas que acompañaran a historia e suxeriran as situacións ou emocións que ían aparecendo no texto. Hoxe recuperámolos e velaí quedan para que os disfrutedes.
Podes escoitalos todos se clicas en audiocontos
A explicación de como fixemos e algúns datos están aquí
Estes son os libros que utilizamos neste proxecto. Todas estas historias teñen algunha relación coa música. Podes chegar a cada un deles se clicas en cadansúa imaxe.
A) Haberás de escoitar alomenos un conto.
B) Despois, nunha folla de libreta ou nun folio, haberás de explicar en poucas palabras que relación ten coa música a historia que escoitaches
C) Haberás de preparar unha imaxe da historia. Podes utilizar a técnica que queiras:
A) Haberás de escoitar alomenos un conto.
B) Despois, nunha folla de libreta ou nun folio, haberás de explicar en poucas palabras que relación ten coa música a historia que escoitaches
C) Haberás de preparar unha imaxe da historia. Podes utilizar a técnica que queiras:
* un debuxo coloreado con pinturas o rotuladores
* un "collage" con papeis, fíos, anacos de teas, macarróns coloreados, lentellas, botóns ou que ti vexas
* unha pequena "escultura" con tapas, botes, cartóns, caixiñas pequerrechas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.