Case rematando este curso, poderemos disfrutar doutro grupo de artistas da nosa escola.
VI PALCO DO TEMPO VIRADO
Foron dos primeiros en enviarmos o seu vídeo hai xa moitas semanas. Os irmáns Seoane Ramallo (Xoán - 5ºA, Uxía - 2ºB, Asier - p.5 anos) prepararon a coreografía e fan voar o noso pasodobre sobre o ceo de Nova Iorque.
Gabriel Bouzas (5º A) sorpréndenos polo seu dominio instrumental. Escolleu unha base rítmica que lle gustou e lanzouse a tocar a melodía. Pola súa decisión e soltura sobre o instrumento sabemos que ten feito esto moitas veces.
Cambiamos de sonoridade. Atención porque entra un instrumento aparentemente simple, pero que os flamencos aprecian moito: O CAIXÓN. Marín Pereiro conseguiu un, sentouse enriba e aí o tedes, acompañando con xeito ó pasodobre para darlle unha nova cor.
Eva Outón (4º B) preparou un precioso tambor cunha lata. Fixádevos ben nos moitos detalles do seu traballo. Valente, atreveuse a acompañar o pasodobre cun ritmo acompasado.
E así rematamos a CHAMPADA DE PASODOBRE. Moitas grazas a todas as persoas que respondíchedes a esta proposta e enviáchedes os vosos vídeos.
Antes do pasodobre, cando empezou isto do confinamento e precisabamos forza e enerxía para afrontar os tempos duros que estaban por chegarmos, cantabamos con ganas RESISTIRÉ desde fiestras e balcóns. Aproveitando o repaso de xeometría das titoras, eu propúxenvos preparar "unha coreografía sobre a canción RESISTIRÉ na que se utilicen distintas formas xeométricas". Pois velaí van os vídeos das persoas que se animaron a compartir ó seu tempo, a súa creatividade, e a súa intimidade.
Unai Vázquez (5º A) construíu figuras xeométricas e cubriuse con elas. Velaí está, animado, sorrinte transmitíndonos a súa enerxía.
Paula Pose (6º B) debuxa figuras xeométricas co seu corpo no salón da súa casa.
Mateo Docampo (6º C) baila decidido a superar o que lle poñan diante.
Xabi Vázquez (6º C) debuxa figuras xeométricas no espacio ó tempo que marca ritmos con percusións corporais.
Pechamos esta edición do PALCO DO TEMPO VIRADO, confiando que a enerxía que transmiten estes artistas vos sirva de estímulo para disfrutar da música en calquer ocasión e oportunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.