A GUITARRA PORTUGUESA ten unha forma é unha sonoridade ben peculiar. Hai cincocentos anos un dos instrumentos máis coñecidos en toda Europa era "a cítara". De Alemania a Italia, de España ás Illas Británicas o son da cítara acompañaba as cancións e danzas en calquer aldea, vila ou cidade. Pouco a pouco van aparecendo novos instrumentos, e a xente procura sonoridades diferentes. E así, tamén paseniño, as cítaras quedan esquecidas nos faiados das casas, esmorecendo en toda Europa... menos en Portugal. Nos barrios populares de Lisboa, de Porto, de Braga, de Coimbra, de Guimaraes... os músicos populares seguiron tocando un tipo de cítara que hoxe coñecemos como GUITARRA PORTUGUESA.
É un cordófono cunha caixa de resoancia en forma de pera, feita on madeira de Pau Santo, abeto ou chopo, cun mastro de dezasete trastes. O mastro remata nunha peza plana en abanico onde tensan as cordas en parafusos. Ten unha ducia de cordas de metal organizadas coma seis parellas. Para tocala, a persoa pulsa as cordas cos dedos polgar e índice, axudándose coas unllas ou con púas de plástico metal o nácar.
Nas tabernas das vilas portuguesas, a "guitarra portuguesa" acompañaba cancións tristes e melancólicas, que describen a frustración e o fatalismo das difíciles vidas de obreiros, mariñeiros e demáis clases populares. A Guitarra Portuguesa acompaña O FADO.
O escritor portugués Fernando Pessoa escribiu: «O fado non é alegre ni triste. Formou a alma
portuguesa cando non existía e desexaba todo sen tener forza para
desexalo. O fado é a fatiga da alma forte".
Escoita a unha das máis famosas cantoras de FADO: AMALIA RODRIGUES.
Nesta gravación canta un fado moi popular: Uma casa portuguesa
Outra das grandes cantoras: MARIZA.
Canta Gente da miña terra
35 artistas cantam “Lisboa Menina e Moça”, um poema que se converteu en tema emblemático de Lisboa, do Fado