Alerta! Vas coñecer un dos aspectos máis curiosos do SON: a duración. Seguramente xa te decataches que hai sons longos e outros curtos. E incluso hai silencios... e non son todos iguais; tamén algún silencio dura máis que outro. Iso sucede porque o son dura, é dicir, o son ten duración. Hai tempo que as persoas que tocan instrumentos acordaron como representar a distinta duración dos sons. Decidiron utilizar AS FIGURAS MUSICAIS.
Velaí déixovos un vídeo para coñeceres AS FIGURAS MUSICAIS
Velaí un xogo para identificar as figuras co seus silencios e os nomes que lles corresponden.
Proba a resolver esta actividade. Terás que emparellar as figuras con cadanseu silencio
Velaí unha actividade na que farás traballar a túa memoria ó tempo que procuras emparellar as figuras co silencio que lle corresponde.
Agora que xa coñeces as FIGURAS MUSICAIS, intenta recoñecer or ritmos que sonan neste xogo.
Velaí vai un esquema das FIGURAS MUSICAIS (FIGURAS E SILENCIOS), como se representan e a duración de cada unha delas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.