Páxinas

domingo, 29 de setembro de 2019

WORLD MUSIC TOUR: PORTUGAL toca Guitarra Portuguesa e canta FADO

Un dos instrumentos máis popular de Portugal é A GUITARRA, un cordófono distinto da "guitarra española". Mira con calma e atención as imaxes e compara.



A GUITARRA PORTUGUESA ten unha forma é unha sonoridade ben peculiar. Hai cincocentos anos un dos instrumentos máis coñecidos en toda Europa era "a cítara". De Alemania a Italia, de España ás Illas Británicas o son da cítara acompañaba as cancións e danzas  en calquer aldea, vila ou cidade. Pouco a pouco van aparecendo novos instrumentos, e a xente procura sonoridades diferentes. E así, tamén  paseniño, as cítaras quedan esquecidas nos faiados das casas, esmorecendo en toda Europa... menos en Portugal. Nos barrios populares de Lisboa, de Porto, de Braga, de Coimbra, de Guimaraes... os músicos populares seguiron tocando un tipo de cítara que hoxe coñecemos como GUITARRA PORTUGUESA. 

 É un cordófono cunha caixa de resoancia en forma de pera, feita on madeira de Pau Santo, abeto ou chopo, cun mastro de dezasete trastes. O mastro remata nunha peza plana en abanico onde tensan as cordas en parafusos. Ten unha ducia de cordas de metal organizadas coma seis parellas. Para tocala, a persoa pulsa as cordas cos dedos polgar e índice, axudándose coas unllas  ou con púas de plástico metal o nácar.




Nas tabernas das vilas portuguesas, a "guitarra portuguesa" acompañaba cancións tristes e melancólicas, que describen a frustración e o fatalismo das difíciles vidas de  obreiros, mariñeiros e demáis clases populares. A Guitarra Portuguesa acompaña O FADO.

O escritor portugués Fernando Pessoa escribiu: «O fado non é alegre ni triste. Formou a alma portuguesa cando non existía e desexaba todo sen tener forza para desexalo. O fado é a fatiga da alma forte".

 Escoita a unha das máis famosas cantoras de FADO:  AMALIA RODRIGUES. 
Nesta gravación canta un fado moi popular: Uma casa portuguesa
 


 Outra das grandes cantoras: MARIZA.
Canta  Gente da miña terra



35 artistas cantam “Lisboa Menina e Moça”, um poema que se converteu en tema emblemático de Lisboa, do Fado

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.