Como parece que temos por diante un tempo virado, imos ver de disfrutar coa música na nosa casa, coas cousas que temos a man.
Propóñovos colorear e recortar as follas da imaxe que vos presento.
Se non tes maneira de imprimilas, ben sei que saberás copialas nun papel e colorealas ó teu xeito.
Agora vaites á cociña. Pide permiso para remexer nos caixóns e procurar algúns obxectos que utilizarás para facer música. Velaí algunhas ideas:
Pois agora xa tes o instrumento e a partitura: A TOCAR!
Escolle outra e toca. Engádea á primeira e toca as dúas seguidas. Poderás seguir engadindo ata completar a partitura con todas as follas
2 - Procura algunha persoa para tocar contigo. Pídelles que escollan o seu instrumento e volvedes a empezar ó xogo.
a) tocades ó unísono (as dúas persoas ó mesmo tempo)
b) tocades en eco (un empeza e a outra persoa o repite)
c) organizade a interpretación de xeito que teñades partes de solo (cada un só) e outras ó unísono (ámbalas dúas persoas xuntas)
3 - Intenta aumentar a orquestra con máis instrumentistas e, senón queres inventar novos esquemas rítmicos, organiza a partitura con partes que se repiten a modo de retrouso (estribillo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Abrése a "ARCA" para que ti pouses aquí o teu comentario.