A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
O BOLERO é unha cantiga, é un baile, é un xogo... co que disfrutaron as rapazas e os rapaces da Mariña dende antigo. Hei de vos comentar que "A Mariña" é a parte de costeira de Galicia que está a carón de Asturias. Pois iso, nesa zona cantaban e bailaban O BOLERO, e alí mesmo, nunha desas aldeas foi que os músicos de Chouteira o adeprenderon e decidiron cantalo polos palcos do país.
Desde Ghana e Senegal chégannos contos e cantos para pensar e disfrutar.
HOME DE COR
O poeta senegalés Léopold Sédar Senghor escribiu este precioso poema lembrando unha dos contos que de neno lle contaron:
Querido irmán branco:
Cando eu nacín, era negro.
Cando medrei, era negro.
Cando me da o sol, son negro.
Cando estou doente, son negro.
Cando morra, serei negro. Namentras, ti, home branco,
Cando naciches, eras rosado.
Cando medraches, fuches branco.
Cando te da o sol, eres vermello.
Cando sintes frío, eres azul.
Cando sintes medo, eres verde.
Cando estás doente, eres amarelo.
Cando morras, serás gris. Entón, quen de nós é un home de cor?
Jerome Ruillier redactou e debuxou este conto africano que sonorizamos na aula de música.
Se clicas na imaxe poderás ler o libro.
Velaí vos deixo esta versión que prepararou o alumnado dunha escola infantil italiana
Xogar e cantar e algo que facedes todos os nenos e nenas do mundo. A rapazada da tribu Krobo en Ghana, cando queren ir xogar cantan esta preciosa cantiga:
Alguén pregunta: A Keelie Makolay, mo paco meeno sway (Makolay, queres vir xogar?)
Alguén responde: Yeah, yeah, mo paco meeno sway. (Sí, sí, quero ir xogar.)
Todo o grupo canta, e repite: Mo paco meeno sway, Mo paco meeno sway, Mo paco meeno sway, O mo paco meeno sway.
Tódalas culturas teñen establecido distintos rituais de despedida no pasamento das persoas queridas. Nos vestímonos de negro, e reunímonos familiares e amigos para compartir a nosa tristura e lembrar as vivencias e experiencias.
No Sureste de EEUU, na beira do Mississipi os costumes son ben distintos dos nosos. En Nova Orleáns as bandas de músicos acompañan aos parentes e amigos formando unha comitiva fúnebre ata o cemiterio. Unha das melodías que máis sonan nestes funerais é OH WHEN THE SAINTS. Velaí un exemplo:
Esta é a partitura. Se clicas sobre ela abrirás un enlace no que atoparás a partitura interactiva (sona a melodía ao tempo que se indican as notas que están a sonar
Velaí queda as posicións da frauta nesta melodía
Un video para que poidas practicala
Louis Amstrong foi un músico de Nova Orleáns. Coa súa trompeta e a súa peculiar voz percorreu escenarios de todo o mundo. Disfruta desta gravación na que interpreta, co seu grupo de jazz, unha estupenda versión da canción que hoxe estamos a debrullar.
"Quen canta seus males espanta"... pois velaí queda unha versión para cantala en karaoke
Tivemos a sorte de disfrutar da música de Xosé Arca, un compañeiro de 3º que tocou para nós no teclado algunhas pezas do repertorio que practica no conservatorio.
Poidemos descubrir por qué os instrumentos con teclado que temos na aula NON SON PIANOS, e aproveitamos para coñeceroutros instrumentos que teñen teclas.
Velaí vai un vídeo no que poderedes escoitar e ver distintos instrumentos que teñen teclado.
Instrumentos con teclado
Xosé practica nun piano, que é un instrumento con este curioso mecanismo de funcionamento. Velaí queda un vídeo e un esquema.
Xosé trouxo as súas partituras e así poidemos coñecer polo miúdo para que serven as CLAVES e distinguir o ACOMPAÑAMENTO da MELODÍA. Escoitamos ESCALAS, ACORDES e ARPEGIOS. E fixemos unhas risas con este fragmento da película OsAristogatos que explica estos conceptos musicais.
ESCALAS E ARPEXIOS (Os Aristogatos)
Para rematar deixovos dúas películas de "concertos de piano" que nos fan rir desde hai setenta anos.
A danza é o mellor xeito de facer visible o invisible.
Samoth é unha danza de Israel. Unha sinxela melodía formada por dúas frases e que engaiolan e enredan.
A coreografía é ben sinxela. Na web de "Danzas del Mundo" atoparás unha explicación da danza, pero ben seguro non esqueciches que bailamos nunha roda collidos das mans. Velaí tes os debuxos que axudarán a lembrar os diferentes pasos da coreografía.
A música forma parte da vida das persoas pero poderiamos saber quen fixo música por vez primeira, onde e cando? Pois non, pero si temos a certeza de que a música tivo gran moi importancia na vida cotiá.
Imaxinade que precisamos comida e imos cazar. A nosa tribu organízase e mentres un grupo fai ruido con paus e pedras para asustar unha manada e conseguir encauzalos ata un curruncho no que preparamos unha trampa e onde outro grupo está agardando para matalos coas lanzas o as frechas. Despois, para celebralo teremos unha paparota e bailaremos acompañándonos dos mesmos paus e pedras e, incluso, simularemosos mesmos movementos que fixeramos para cazar... Na véspera da vindeira cacería bailaremos outra vez para conseguir a protección e axuda dos espíritus máxicos. Se temos que moer o grao machacando con paus, é mellor facelo entre varias persoas, e marcar o ritmo con música faino máis doado...
A música na PREHISTORIA
Neste enlace atoparás información sobre instrumentos musicais prehistóricos
O Nilo, as pirámides, os templos, a esfinxe... Unha impresionante cultura que durante 5.000 anos medrou nas marxes do río máis grande do planeta.
Neste vídeo atoparás información sobre cando, como e por que facían música en EXIPTO no tempo dos faraóns
Velaí unha das orixes da nosa cultura. Hai 2.500 anos nas ribeiras do Mediterráneo xurdiu un xeito de entender o mundo, un xeito organizarse e de vivir do que, aínda hoxe, somos herdeiros.
No seguintes enlaces poderás te achegar á música na GRECIA ANTIGA
Os romanos son parte de nós: debémoslles a fala, o modelo de leis e de organización social, a organización do territorio, e o modelo de vivendas e de vías de comunicación... desde os días da semana ata as festas do calendario...
Neste outro atoparás información sobre a música no tempo do IMPERIO ROMANO
WORLD MUSIC TOUR. A INGLATERRA de Shakespeare. A FEIRA DE SCARBOURGH
Ímonos de feira. Habemos de percorrer a Feira de Scarbough, unha pequena vila do Norte de Inglaterra.
No século XVI (nos tempos de Shakespeare) durante 45 días mercaderes e paisanos achegábanse a esta pequena vila para intercambiar ou adquirir todo tipo de productos ou mercadurías. Hamlet (un dos mais famosos personaxes de Shakespeare) percorre a feira de Scarbourgh e merca unha daga. Pois aló imos.
A nosa cantiga é unha antiga melodía con moitas versións. Nunha delas o namorado recorda a moza que coñeceu na feira de Scarbourgh. A letra é moi extraña; en tódalas estrofas repite o nome de varias plantas aromáticas: Parsley, sage, rosemary and Thyme (perexel, salvia, romero e tomillo). Hai quen di que, con esas plantas,daquela facían unha pócima para namorar.
Velaí unha versión especialmente doce e co texto en castelán
Velaí a partitura para frauta doce
Neste enlace poderás seguir a partitura e practicar a dixitación
Na web "LA FLAUTA VIAJERA" atoparás un montón de actividades con esta melodía.
Para acceder a Scarbourgh fair haberás de escoller a arpa que está colocada no mapa do mundo sobre as Illas Británicas.
Se decides cantala, velaí tes un vídeo coa letra na versión que fixeron hai un lote de anos o duo Simon e Garfunkel
Pero esta melodía ten engaiolado aos músicos máis diversos. Mago de Oz, un grupo de rock duro (heavy metal) fixo esta versión