venres, 23 de xaneiro de 2015

PROGRAMA DUN CONCERTO DIDÁCTICO

LIBERTANGO do músico arxentino Astor Piazzola vai ser unha das pezas interpretadas polo Quinteto de Metais no concerto ao que acudiremos no Palacio da Ópera da Coruña. Velaí a gravación que traballamos e visionamos na clase. É un traballo elaborado polo profesor Tullio de Piscopo para o seu alumnado do Taller de Piano e Música.






JOHANNES BRAHMS  foi un pianista e compositor centroeuropeo de hai 150 anos. Coma moitas das persoas cultas do seu tempo, adicoulle moita atención á cultura tradicional (aos contos e historias populares, ás cancións e danzas tradicionais...)  Dese interese xurdiu a peza que velaí vai: "DANZA HÚNGARA Nº 5" (chamámoslle polo número porque deixounos un lote de 21 recollidas as mais delas).
Velaí deixovos a interpretación da Orquestra do Teatro Bolshoi de San Petersburgo dirixida con gran expresividade pola xaposesa Tomomi Nishimoto. 
(Lembrade que xogamos a  limpar o salón: fregona, plumero, paniño suave nas figuriñas,  sacudir e colocar os catro manteis)






O excepcional Charles Chaplin creou, interpretou e dirixiu esta escea maxistral que forma parte da súa película O GRAN DICTADOR.





Tamén Walt Disney botou man das danzas Húngaras para elaborar a súa versión de OS TRES PORQUIÑOS.

OS TRES PORQUIÑOS



xoves, 27 de novembro de 2014

DO RE MI



Comezamos a sesión xogando a facer ECO coas frautas.
Velaí os esquemas melódicos.
Clica na flecha negra do angulo esquerdo e poderas escoitalos.




Logo faremos ritmos corporais... A proposta musical é PREGUNTA-RESPOSTA. Consideramos PREGUNTA motivo de tres negras (que toda a clase interpretamos con palmadas), e cada persoa haberá de inventar a súa RESPOSTA usando o ritmo das corcheas pero buscando distintas sonoridades de Percusión Corporal.
Velaí as células rítmicas que haberemos de transformar.



E agora, o texto que haberedes de completar. 
Poderedes traballar en solitario ou en equipos.



Rematamos tocando outra vez as frautas. 


Completamos a nosa partitura engadindo as voces. As frautas tocarán a súa parte e, a melodía do piano cantarémola coas letras que vimos de inventar.




Como broche final imos disfrutar co grupo vasco OSKORRI.
Esta gravación vainos permitir cantar en KARAOKE a súa canción
DO RE MI.






ADIVIÑA QUEN TOCA NA BANDA


Esta semana descubrimos os instrumentos musicais que tocaban os animais do libro MUZIEK.
Velaí a partitura para que poidades cantala.
Clica no trianguliño negro que está na dereita e escoitarás a melodía.



mércores, 29 de outubro de 2014

MÚSICAS DE MEDO

NA COVA DO REI DA MONTAÑA

A música ten o poder de provocarnos sensacións. As veces por imitación de sons reais, e noutras ocasións de xeito moito máis sutil, afectando as nosas emocións. Hoxe sona MEDO.

Empezamos por unha obra do músico noruegués EDVARD GRIEG. Este compositor foi o autor da música para unha obra de teatro que contaba as aventuras dun rapaz un pouco atolado, as andanzas de Peer Gynt. Neste fragmento Peer Gynt está Na cova do Rei da Montaña. Escoita atentamente e intenta identificar cal dos conceptos musicais aparecen nesta peza:      

*  pizzicatto
* stacatto
* crescendo
* decrescendo
* accelerando
* ralentando


 cova do rei da montaña



DANZA MACABRA

O autor desta obra foi o músico francés Camille Saint Saens, un señor ben interesante que morreu hai case 100 anos e que, curiosamente, foi o primeiro compositor de música para cine.
A música suxire un concerto de violín no cemiterio. É meia noite e A MORTE toca mentres os esqueletes bailan entre as tumbas. Ao mencer, co canto do galo, os mortos volven as súas tumbas e remata a festa.
Deste mesmo compositor temos escoitado outras obras. Hai unha obra súa  na que a música  representa animais. Investiga o seu título e que animais aparecen.


 danza macabra



DANZA DO SACRIFICIO
Igor Stravinsky foi o autor da obra que segue. É un BALLET, é dicir, unha composición creada para ser bailada. Conta a terrible historia dunha moza que debe bailar ata morrer para calmar a ira dos deuses.
Igor Stravinsky naceu en Rusia pero a vida foino levando por moitos paises. Traballou moitos anos nunha cidade da que din é "a meca do cine". Investiga de que cidade se trata.

martes, 28 de outubro de 2014

A MÚSICA DE MORDILLO

Guillermo Mordillo é un debuxante arxentino que enche os seus traballos de cor e con moito sentido do humor. Velaí unha pequena escolma de imaxes súas que teñen a MÚSICA como pretexto para provocarnos un sorriso. Imos aproveitar os seus debuxos para aprender algo de música. 

Fíxate ben e descubrirás algúns instrumentos. Proproño xogar a "detectives" investigando sobre algunhas cuestións.  






Investiga o nome de instrumentos de corda que teñan a caixa de resoancia redonda.





Os xograres e troveiros viviron hai moitos anos. Investiga en que época ou século.




Houbo xograres e troveiros en Galicia?




Que instrumento de vento parecen tocar as persoaxes destes dous últimos debuxos?




Como se chama o obxecto que ten na man o home que está coa xirafa? Con que instrumentos o utilizarías? 


Investiga o título dalgunha canción de troveiros e xograres galegos.


UN LOTE DE CHISTES E INSTRUMENTOS


Imos aproveitar estas divertidas viñetas para aprender algunhas cousas sobre instrumentos musicais.



Como se chaman as pezas que haberá de apretar o tompetista para obter o son no seu instrumento?



Nesta viñeta ao músico transformouselle a man nunha parte dun instrumento. Investiga o nome que se lle da.



De que materiais constrúese este instrumento?



Cantas teclas ten un piano? 
En que lado haberás de tocar para que sonen as notas máis agudas?



Como se chama este instrumento?




A maraca é un instrumento moi utilizado nos paises do Caribe para facer ritmos musicais. Investiga por que se tocan dúas?


Elabora as conclusións finais:

Que instrumentos están representados nestes debuxos?

En que familias orquestais os incluirías?

Cal crees que soará máis agudo?

E cal crees que soará máis grave?

LINGUAXE MUSICAL



Para entender o significado de palabras que usamos en clase (Pentagrama, linea divisoria, anacrusa, figuras, signos de repetición.....) Para resolver todas esas dudas que tes cando intentas interpretar unha partitura... Para todo eso, velaí esta páxina con explicacións sobre linguaxe musical.


 linguaxe musical