xoves, 26 de febreiro de 2015

AS MÚSICAS DE PICASSO

AS MÚSICAS DE PICASSO


Nestes días podemos disfrutar no Museo de Belas Artes da Coruña dalgunhas obras de Pablo Picasso. Mirar as suas propostas plásticas é como escoitar o motor das artes do Século Vinte, ou como surfear na onda das avangardas europeas durante case cen anos. Da para moito.

Revisando os seus cadros, atoparedes moita "música". Ao principio, cando se divertía co seu amigo Braque descompoñendo as figuras, notaredes que pintou moitos bodegóns con instrumentos musicais e partituras. Picasso sempre dixo que non lle gustaba a música clásica, pero non puido evitar a influencia do seu colega Braque, que  tamén era músico e tiña o seu estudo cheo de instrumentos que tocaba a cotío.
Nos seus cadros tamén atoparedes moitas frautas, que xa sabedes é un instrumento sinxelo e que nos remite a natureza.
Tamén hai moitas moitas guitarras, un instrumento español, e sobre todo andaluz (lembrade que Picasso nace en Málaga).

A danza foi esencial na vida de Picasso. Hai  cen anos  os Ballets Rusos de Diaghilev tiñan moito éxito. O público rendíase diante da destreza do bailarín Nijinsky. A música de Stravinsky sorprendía. Cando decidiron montar os seus espectáculos en París, pedíronlle a Picasso que deseñara os decorados. E despois viñeron máis encargos para máis ballets de Eric Satie, de Manuel de Falla, de Dario Milhaud... Chegou a estar tan inmerso no mundo da danza que a súa primeira esposa foi unha bailarina, Olga Klokova, nai do seu primeiro fillo Pablo.

Velaí  déixovos un vídeo breve para que disfrutedes da súa obra, acompañada da música de Igor Stravinsky.


 As Músicas de PICASSO

                  


Ningún comentario: