mércores, 22 de abril de 2015

Os STRADIVARIUS do PALACIO REAL de Madrid


O Palacio Real de Madrid garda a mellor colección de Stradivarius do mundo. E vos estaredes preguntando " eso que é"?. Pois  Antonio Stradivari foi o primeiro dunha familia de luthier (constructores de instrumentos) que viviron en Cremona (Italia) hai 300 anos. Un instrumento (e máis os de corda frotada) é un obxecto de construcción minuciosa, precisa, exacta, e complicada. Velaí podes ver, en 3 minutos, un longo proceso que dura meses (porque non boto contas dos 25 anos nos que a madeira debe secarse ata poder ser utilizada)


Pero os instrumentos feitos por Stradivarius son dunha sonoridade moi especial, espléndida. Ademais de ser obxectos de gran beleza, cunha moi delicada ornamentación. Hoxe consérvanse uns 600 instrumentos elaborados por esta familia. Para que vos fagades unha idea do seu valor, direivos que no ano 2011 foi subastado un deles por 17.000.000 dólares (si, lestes ben, 17 millóns de dólares).


Os científicos danlle moitas voltas ás causas do seu peculiar son: que si o tempo de secado das madeiras de arce e abeto; que si as condicions de corte e secado da madeira; que si a composición das distintas capas de barniz...

Semella o título dunha novela: "O misterio do barniz de Stradivarius", pero é o título do brevísimo e interesante vídeo que vos propoño.


Cando visitedes o Palacio Real, prestade moita atención e gravade na vosa memoria as imaxes deses instrumentos únicos e excepcionais. Velaí vos deixo un último vídeo para que poidades escoitalos (xa, xa sei que moito mellor sería poder escoitalos alí mesmo... pero non sei eu se será posible...)





Ningún comentario: