venres, 28 de setembro de 2018

LUCES, CÁMARA... ÁCCIÓN: O golpe


Facer unha película é "construir unha gran mentira". Nada é verdade. Nin persoas, nin lugares, nin  situacións, nin obxectos son o que parecen... aínda máis... son invencións e construccións que desaparecen cando se roda o derradeiro plano da palícula.

 


 

O cine é unha industria na que traballan milleiros de persoas encargadas de imaxinar e fabricar todos e cada un dos elementos que enganarán ós nosos sentidos e confundirán as nosas emocións. Moitas persoas e moitas profesións: arquitect@s, albanel@s, carpinteir@s, pintor@s, decorador@s, electricistas, iluminador@s, maquillador@s, perruqueir@s, costureir@s, modist@s, zapateir@s...



O GOLPE é unha estupenda película de 1973 na que naaaaaaada é o que parece. Conta a historia dun gran engano: uns timadores queren estafar a un ganster. Os protagonistas son dous chicos moi guapos e divertidos que, en realidade, son malos malísimos: un par de estafadores facendo das súas. Para acadaren os seus perversos obxectivos teñen que "construir" unha enorme mentira na que participan moitíiiiiisimas persoas...

O GOLPE
(1973)


 
Nesta película ata a música é un engano. A película estrenouse no ano 1973, pero o autor da música xa morrera 56 anos antes!!!!
Scott Joplin, o autor desas melodías que engaiolan e enredan, conseguiu moita sona a finais do século XIX. Con gran pericia soubo mesturar os ritmos afroamericanos que aprendeu na súa familia, coas melodías das marchas militares. E así naceu o RAGTIME (tempo rachado) a música sincopada  que tocou e bailou a comunidade afroamericana en bares e tabernas ata que conseguiron encher as rúas de Estados Unidos de música de Jazz.

Se clicas na imaxe de Scott Joplin escoitarás un ragtime estupendo con dúas partes ben diferenciadas: a melodía do piano e a melodía dos ventos de metal

https://www.youtube.com/watch?v=4L2qXd2wBb0
 
 
Imos incorporar unha palabra nova ó noso vocabulario musical: SÍNCOPA. 
Lembrade que temos a música organizada polos PULSOS, e os ACENTOS que sempre van no primeiro pulso de cada compás:


Pero atención! Que sucede cando o son que facemos no pulso acentuado é máis curto dos sons que facemos nas partes débiles? ... Pois que a melodía "coxea", pero con moita graza e donaire.

 
 Os puntos vermellos indican os pulsos. Fíxate no pentagrama que segue e notarás ben que as negras están "da cabalo" entre os dous pulsos. Clica sobre o pentagrama seguinte e poderás escoitar como sona a síncopa.
http://dictadosmusicales.weebly.com/uploads/1/0/7/9/10798912/3r3sncopaejemplo.mp3


Velaí queda esta sinxela actividade para descubrir o compás con síncopas.

https://es.educaplay.com/es/recursoseducativos/3085447/sincopa.htm


 Presta atención a esta outra actividade porque as veces haberás de marcar as síncopas e outras terás que indicar as notas que non o son.

https://es.educaplay.com/es/coleccion/10391/3/sincopas.htm



Neste vídeo atoparás explicacións sobre este interesante elemento rítmico.

Se clicas sobre a imaxe poderás seguir a partitura ó tempo que escoitas o ragtime THE ENTERTAINER  (O ANIMADOR) que sona na película O GOLPE


https://www.youtube.com/watch?v=q62DzyvY5CU








1 comentario:

joemill00077711 dixo...

I am usually to blogging and i really admire your content. The article has actually peaks my interest. I'm going to bookmark your website and maintain checking for brand spanking new information. play casino