Ben sei que o alumnado de sexto está a percorrer nestes días as GREGUERÍAS escritas por Ramón Gómez de la Serna, un señor moi ocurrente que decidiu expresar as súas observacións e reflexións en frases moi breves nas que mestura o humor coa metáfora e todo sobre unha estupenda base de intelixencia.
Pois que non se diga que non vos axudo a coñecer os traballos dunha persoa tan interesante. Velaquí vos deixo varios xeroglíficos que montei coas súas greguerías. Espero que me enviedes as solucións ó correo de sempre (arcadamarga@gmail.com)
Chema Madoz é un fotógrafo contemporáneo español que utiliza a súa cámara do mesmo xeito que Gómez de la senra utilizaba o seu bolígrafo. Non fai retratos de persoas, nin paisaxes, nin reportaxes de eventos... Chema Madoz fai "poesía visual". Utilizando obxectos da vida cotiá fai composicións aparentemente sinxelas, case simples, en branco e negro... pero cando as miramos e as pensamos, non só conseguen roubarnos un sorriso (as veces ata unha gargallada), senón que nos descubren aspectos ou sensacións novas. Velaí deixovos unha selección das súas imaxes que teñen que ver coa música.
Intenta redactar unha soa frase para cada unha destas imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario