martes, 14 de abril de 2015

WORLD MUSIC TOUR. ITALIA: CI VUOLE UN FIORE, cantando a Rodari

Esta é Italia


Dende aló chegounos este libro á nosa aula:


Dentro viña un estupendo texto creado por Gianni Rodari:

 Transformado en canción, sona así:



E velaí a partitura:



venres, 10 de abril de 2015

MADRID MUSICAL

Imos aproveitar que o alumnado de sexto curso vai de viaxe a Madrid para aprendermos algunhas cousas de Música.

1.- O Teatro Real é unha sala moi Importante de Madrid. Nela represéntanse Grandes espectáculos. Anímate a facer unha “visita virtual”, e de paso,  pescuda a información que precises para responder o cuestionario.

• En que Plaza está?
• Que é o “vestíbulo”?
• Cantas plantas ten?
• Que é a “caixa Escénica”? Onde esta? Para que serve?
• Onde están os camerinos para os músicos, cantantes, ballet, coro ...?


2. Organillo é algo moi coñecido e familiar para as persoas que viven en Madrid. Investiga e resolve:

• Que é un organillo?

Podes pescudar Información nestes enlaces:




 organillo


3. Zarzuela:  Que é?

•  A Zarzuela foi un espectáculo moi popular durante varios séculos. Hai 300 anos, no século XVII, famosos escritores de como Calderón de la Barca e Lope de Vega escribiron
“libretos” que  se convertiron en zarzuelasProcura información sobre este espectáculo.


conciertazo-zarzuela

Atoparás información aquí:


 Zarzuela



4. Pongamos que HABLO DE MADRID


Esta canción fíxose moi popular nos anos 80. O seu autor, Joaquín Sabina, coñece moi  ben Madrid, malia seres el mesmo é un inmigrante.

* Averigua onde Naceu.

* Escoita con Atención e completa como frases:
- Allá Donde ............................................... .....................................
- Las Niñas ............................................... ........................................
- Los pájaros ............................................... ....................................
- La muerte ............................................... ......................................
- La vida ............................................... ..........................................


Para rematar, velaí queda UN MAPA INTERACTIVO MUSICAL DE MADRID.
Cando cliques nos puntos vermellos ábriranse enlaces para  escoitares ás obras Musicais nas que se menciona ese lugar.

 musical en Madrid

domingo, 1 de marzo de 2015

PINGUEIRAS DUN MAR DE MÚSICA


Imaxinade as sensacións que poderiades disfrutar dentro da caixa de resonancia dun instrumento. Imaxinádevos a intensidade do son. Imaxinádevos a percepción da vibración con todo o corto... Un subidón!!!    Pois, ainda que non o lembremos, xa tivemos esas vivencias, xa disfrutamos desas sensacións cando a nosa nai cantaba levándonos dentro... "Quen canta seus males espanta"... daquela... " Por que non hei cantare?".  


 Pingueiras


E agora responde:

*  Cal é o tema do vídeo?

*  De quen é a música?

*  Cal é a frase máis repetida na cantiga?

*  Cal é a familia instrumental máis abundante?

*  Cal é a familia instrumental máis escasa?

*  Que imaxes coinciden co susurro?

*   De que xeito se relacionan coa música ás mulleres das imaxes?

*  Para que lles serve a música ás mulleres das imaxes?

*  En que imaxes atopas as seguintes funcións:
- Para divertirse
- Para celebrar
- Para lembrar
- Para namorar
- Para relaxarse
- Para evadirse
- Para adormecer
- Para estar xuntos
- Para lucirse
- Para estimular a curiosidade

xoves, 26 de febreiro de 2015

AS MÚSICAS DE PICASSO

AS MÚSICAS DE PICASSO


Nestes días podemos disfrutar no Museo de Belas Artes da Coruña dalgunhas obras de Pablo Picasso. Mirar as suas propostas plásticas é como escoitar o motor das artes do Século Vinte, ou como surfear na onda das avangardas europeas durante case cen anos. Da para moito.

Revisando os seus cadros, atoparedes moita "música". Ao principio, cando se divertía co seu amigo Braque descompoñendo as figuras, notaredes que pintou moitos bodegóns con instrumentos musicais e partituras. Picasso sempre dixo que non lle gustaba a música clásica, pero non puido evitar a influencia do seu colega Braque, que  tamén era músico e tiña o seu estudo cheo de instrumentos que tocaba a cotío.
Nos seus cadros tamén atoparedes moitas frautas, que xa sabedes é un instrumento sinxelo e que nos remite a natureza.
Tamén hai moitas moitas guitarras, un instrumento español, e sobre todo andaluz (lembrade que Picasso nace en Málaga).

A danza foi esencial na vida de Picasso. Hai  cen anos  os Ballets Rusos de Diaghilev tiñan moito éxito. O público rendíase diante da destreza do bailarín Nijinsky. A música de Stravinsky sorprendía. Cando decidiron montar os seus espectáculos en París, pedíronlle a Picasso que deseñara os decorados. E despois viñeron máis encargos para máis ballets de Eric Satie, de Manuel de Falla, de Dario Milhaud... Chegou a estar tan inmerso no mundo da danza que a súa primeira esposa foi unha bailarina, Olga Klokova, nai do seu primeiro fillo Pablo.

Velaí  déixovos un vídeo breve para que disfrutedes da súa obra, acompañada da música de Igor Stravinsky.


 As Músicas de PICASSO

                  


xoves, 5 de febreiro de 2015

A FRAUTA NOS CONTOS

A frauta é un instrumento ben importante. Hai un lote de historias nas que aparece.
Velaí algunhas delas.











domingo, 1 de febreiro de 2015

REFUGALLO SONORO 2015


Un ano mais,  para estimular a imaxinación, para desenvolver a investigación sonora, para redescubrir as cualidades de obxectos e materiais rexeitados... outro ano máis  vólvese a convocar o REFUGALLO SONORO.
Para refrescarvos a memoria, velaí queda o vídeo da exposición de instrumentos de hai dous cursos (daquela, o alumnado de sexto estabades en 4º).







Velaí algúns enlaces nos que atoparás ideas e proxectos, e as indicacións para facelos.






Se pescudas atoparás moitos videos titoriais que te indican o proceso de construcción.












Para animarte aínda mais, velaí deixo algúns vídeos da ORQUESTRA BASURA, un grupo de músicos mexicanos que percorren o seu país tocando os seus instrumentos feitos por eles mesmos.










Ten en conta que, logo de procurar información, e antes de construir o teu instrumento, habrás de elaborar unha FICHA DE TRABALLO. Nesta ficha terás que recoller os seguintes datos:
* Nome do Instrumento
* Familia á que pertence (Membranófono, Metalófono, Idiófono, Cordófono, Electrófono)
* Materiais que necesitas
* Ferramentas que necesitas
* Un debuxo ou esquema do instrumento.









venres, 23 de xaneiro de 2015

PROGRAMA DUN CONCERTO DIDÁCTICO

LIBERTANGO do músico arxentino Astor Piazzola vai ser unha das pezas interpretadas polo Quinteto de Metais no concerto ao que acudiremos no Palacio da Ópera da Coruña. Velaí a gravación que traballamos e visionamos na clase. É un traballo elaborado polo profesor Tullio de Piscopo para o seu alumnado do Taller de Piano e Música.






JOHANNES BRAHMS  foi un pianista e compositor centroeuropeo de hai 150 anos. Coma moitas das persoas cultas do seu tempo, adicoulle moita atención á cultura tradicional (aos contos e historias populares, ás cancións e danzas tradicionais...)  Dese interese xurdiu a peza que velaí vai: "DANZA HÚNGARA Nº 5" (chamámoslle polo número porque deixounos un lote de 21 recollidas as mais delas).
Velaí deixovos a interpretación da Orquestra do Teatro Bolshoi de San Petersburgo dirixida con gran expresividade pola xaposesa Tomomi Nishimoto. 
(Lembrade que xogamos a  limpar o salón: fregona, plumero, paniño suave nas figuriñas,  sacudir e colocar os catro manteis)






O excepcional Charles Chaplin creou, interpretou e dirixiu esta escea maxistral que forma parte da súa película O GRAN DICTADOR.





Tamén Walt Disney botou man das danzas Húngaras para elaborar a súa versión de OS TRES PORQUIÑOS.

OS TRES PORQUIÑOS