domingo, 26 de abril de 2020

25 de ABRIL: CORRIDINHO E TARANTELLA. Danzas do Tempo Virado

Hoxe é día de festa. Logo de 6 semanas, hoxe 26 de abril poderedes saír a pasear e xogar polas rúas e parques. Con moito coidado. Mantendo as distancias, tomando todas as precaucións que vos recomenden.
Hoxe, mellor que ningún outro día das vosas vidas, entenderedes as emocións e sentimentos que experimentaron as  portugues@s e italian@s  cando conseguiron derrotar os gobernos fascistas que os oprimían e lles deixaran sen libertade. E así foi que o 25 de abril é unha data moi importante tanto en Italia como en Portugal.

Imaxinade, como para vos, foron momentos de alegría e de festa. A xente nas rúas , coas caras enchidas de sorrisos e con ganas de bailar. Pois iso. Hoxe imos bailar coma xente bailou nas rúas de PORTUGAL e ITALIA.



25 de abril de 1974:   PORTUGAL baila CORRIDINHO

No CORRIDINHO o instrumento fundamental, o que leva a melodía e fai mover os pes é o acordeón (ou concertina en Portugal). Xa sabedes que a este aerófono chámanlle "o piano dos pobres" polas súas posibilidades sonoras e porque podes levalo a calquer lugar para facer festa. O CORRIDINHO é un baile de  parellas, sempre agarradas e organizadas en roda.

Velaquí vos deixo a dúas rapazas que bailan na súa casa. Se vos fixades, comprobaredes que bailan dun xeito cando sona "o retrouso" (estribillo en castelán) e teñen movementos distintos cando sonan as distintas "estrofas".


Ben seguro que lle colléstedes gusto. Vouvos axudar a encher toda a vosa casa de festa. Velaí vai outro corridinho para que percorrades a cociña, o baño, a sala, o corredor dando voltas disfrutando desta música tan marchosa.





25 de abril de 1945:   ITALIA baila TARANTELLA

TARANTELLA é un baile típico italiano, sobre todo nas rexións do Sur. É un baile moi alegre, moi saltado, que se baila en parellas pero, bailadores e bailadoras teñen a libertade de facer moitos movementos ou combinacións coreográficas distintas. Sonan mandolinas e acordeóns e,  moi frecuentemente levan pandeiretas nas mans e petan nelas durante o baile.

Velaí vos deixo a este grupiño bailando unha tarantella no parque. Fixádevos nos seus movementos. Están organizados en grupos de 4 (dúas parellas) colocadas uns fronte ós outros. Cada vez que sona "o retrouso" fan un pasos, e logo van cambiando según vai cambiando a música das distintas "estrofas".





Velaquí vos queda outra versión na que podedes viaxar no espacio (hai moitas fotos de lugares preciosos de Italia). Pero tamén poderedes viaxar no tempo (hai algunhas fotografías antigas de bailadores e bailadoras doutras épocas).






Intenta responder a estas cuestións:

1) En que familia de instrumentos clasificarías o acordeón?

2) Coñeces algún outro instrumento do folklore portugués?

3) Cal é o título da canción que representa a "revolución dos claveles" portuguesa? Quen foi o seu autor?

4) En que familia de instrumentos clasificarías a mandolina?  E a pandeireta?

5) Cal é o título da canción que representa ós partisanos que venceron o fascismo italiano? 

6) O mércores 29 de Abril é o Día Mundial da Danza. Pois pensa e investiga o nome de danzas tradicionais, tendo en conta que xa tes dúas:

Corridinho, Tarantella...








2 comentarios:

Lola dixo...

Marga soy Lola , tenemos que bailar por casa con esa música y te lo mandamos?

Lola dixo...

Marga soy Lola, tenemos que bailar por casa con esa música y te lo mandamos?