Como haberemos de quedarnos en casa e temos moito tempo. Esta semana TODO O ALUMNADO (de primeiro a sexto) vai cantar. Aprenderedes o PASODOBRE DO TEMPO VIRADO. Preparéivola con letra para que poidades facer karaoke.
O alumnado de 4º e 6º haberá de procurar o xeito de acompañala co instrumento construido con refugallo que lles encargara antes das vacacións. Que alguén vos grave un vídeo "tocando" o voso instrumento e cantando esta peza.
O alumnado de 3º e 5º haberán de inventarse unha coreografía. Pedide que alguén vos grave co tlfno un vídeo bailando esta peza.
Podedes enviar as vosas gravacións a:
arcadamarga@gmail.com
E, se vos apetece e vos esmerades, poderemos utilizar este blogue para vernos, colgaremos os vosos vídeos e disfrutaremos das vosas creacións artísticas.
Por certo, tanto a música como as imaxes ou a edición están "feitas na casa". Nunha vindeira entrada xa vos explicarei como podedes facelas.
5 comentarios:
Moi chula e que ben feita esta.
GÚSTAME MOITO O RITMO DESTA CANCIÓN.
Marga, os de 4º teñen que facer a coreografía mais tocar, e nona e susto. Poden facer a coreografía os de 5º, que nona teñen nada salvó cantar
Ola. Esta escrito que cuarto e sexto teñen que facer un instrumento, e que terceiro e cuarto,unha coreografía. Está repetido cuarto. É así?
Gracias!!!
Hola, Marga.
Soy Anghelina.
No entiendo lo que hay que hacer.
¿Me lo podría explicar?
Gracias.
Publicar un comentario