venres, 30 de maio de 2014

O CALCETÍN AMARELO. Un conto

Un calcetín amarelo perdeu ao seu compañeiro nun día de xistra. Agora vive só nun costureiro... ata que o avó da con el e...

QUE SE PODE FACER CUN CALCETÍN AMARELO QUE VIVE SO NO COSTUREIRO?


Esta suxerente historia naceu no maxín de Loli Rial, e transformouse en música cando se topou con Susa Herrera. Grazas a ámbalas dúas e ao Cuarteto Caramuxo por transformar ese conto nun espectáculo musical.



Así soaba esta cantiga nas voces d@s pequen@s do I Ciclo


E este é o arranxo para instrumentos Orff que preparou Adela Seoane, por si queredes utilizalo para cantala en karaoke:




QUE DESASTRE DE FLAUTISTA. Un conto




Un frautista percorre a vila. A xente vai canda el, bailando a súa música. Pero altérase moito cada vez que atopa un sinal de tráfico e non sabe que significa. 


"El flautista no conoce
no conoce la señal
¡¡ Es que nadie le ha enseñado
qué es la Educación Vial !!"


E así sonaba nas voces do alumnado do I Ciclo 



xoves, 29 de maio de 2014

PARA COMEZAR. Frauta

Sabías que o ser humano leva disfrutando deste doce son desde hai decenas de miles de anos. nestas viñetas descubrirás a historia da frauta máis antiga do mundo





Velaí un enlace a unha páxina da Junta de Andalucía bastante útil para aprender a tocar a FRAUTA DOCE. As partes, como colocar os beizos, como soprar, como colocar as mans...


http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizador-1/es/pode/presentacion/visualizadorSinSecuencia/visualizar-datos.jsp 


Na seguinte páxina podes escoller unha canción e, ademais de aprender a tocala, poderás facer varios xogos con ela


 Pizarra musical

Outro enlace para aprenderes a tocar cancións sinxelas e divertidas é este "CUADERNO DE PARTITURAS".

https://sites.google.com/site/cuadernodepartituras/

 

Tamén chega de Andalucía este caderno no que atoparás, ademais das partituras, explicacións sobre linguaxe musical e dixitacións. Poderedes descargalo AQUÍ



 Cuaderno de partituras

LIMPEZA DE OUVIDOS 3

Máis propostas para divertirte ao tempo que te entrenas en diferenciar sons.


Somentes un dos vermes soa  coa mesma ESCALA que o teclado de cogomelos. Da con él.


 VERMES



Leva a cada indio onde cadansúa canoa


 INDIOS



Leva cada coche de carreiras á pista que lle corresponde


 COCHES




Descobre a posición de cada dinosaurio


 DINOSAURIOS




LIMPEZA DE OUVIDOS 2

Na rede hai moitos xogos que, ademáis de divertirmos, exercitan a nosa percepción auditiva e a memoria. Velaí algúns deles.


Nesta invasión extraterrestre haberás de identificar ao alieníxena que viña na nave.


 ALIENÍXENAS



A tenista agarda que lle lances a pelota que corresponde.





Este nobre anda na procura do xograr que sona distinto aos outros


 XOGRARES



Agochados entre as canaveiras hai un lote de patiños. 
Axuda a esta pata a atopar á súa cría.


 PARRULOS





mércores, 28 de maio de 2014

ANIMALARIO

"A música amansa as feras", proclama un vello aforismo. Pero o poder da música chega moito más aló. Velaí algúns exemplos...




VEN BAILAR CARMIÑA

"Ven bailar Carmiña" é unha das máis coñecidas cantigas galegas. Imos coñecer, analizar e interpretar esta peza coa frauta. Velaí a partitura.



Escoita distintas versións.

RADIO COS propoñen unha versión de festa na taberna.



SON DE SEU encheu esta cantiga coas voces das cantareiras, as zanfoñas, as arpas, os violíns, as gaitas, as pandeiretas... e demais instrumentos desta orquestra folk.




A gaiteira CRISTINA PATO e MUTENROHI, unha banda ourensá, pintaron esta peza coas cores da música pop mixturando os instrumentos tradicionais con batería e instrumentos electrónicos.




REFUGALLO SONORO 2014

Cando a primavera estaba a piques de chegar, preparamos unha nova edición do REFUGALLO SONORO, a exposición de Instrumentos construidos polo alumnado de 4º e 6º.

Velaí un resume gráfico dos traballos deste ano

LIMPEZA DE OUVIDOS


Julio Payno, un estupendo profe de música cántabro, deseñou os xogos seguintes para o seu alumnado do CEIP GERARDO DIEGO. Imos disfrutalos.

No primeiro, haberás de identificar o TIMBRE de cada instrumento, relacionando o son con cadansúa imaxe.


INSTRUMENTARIUM





No segundo haberás de identificar as distintas LIÑAS MELÓDICAS.

SONOLINE

 SONOLINE



No terceiro suxírenos relacionar os distintos fragmentos musicais coa imaxe que lle corresponde.

AULA DE MÚSICA CEIP GERARDO DIEGO: ¿Qué es lo que suena?


 QUE SONA?




E estoutro esixe máis atención porque se te trabucas haberás de voltar ao principio, pero é doado e resolveralo axiña.



 QUE SONA?



DJ NA ESCOLA

Se che gosta o hip-hop e queres probar como DJ, este é o teu lugar. Estás diante dos controis dunha disco. Podes escoller entre os distintos discos, engadirlle efectos de son, utilizar os micrófonos ou deseñar a iluminación da pista. Ti decides.




Outra posibilidade está neste teclado. Agocha melodías e efectos sorprendentes. Intenta descobrir as distintas posibilidades e compón as túas mixturas preferidas.





 E nestoutro podes escoller o tipo de música  (reggaeton, Hip-hop, House, electrónica, clásica....  Podes descobrir as peculiaridades dos distintos instrumentos e tocar música utilizando o teu teclado.






martes, 27 de maio de 2014

WORLD MUSIC TOUR - IN DULCI JUBILO, despedida para 6º

Chegamos ao final e o alumnado de 6º curso está a piques de viaxares por outros mares. Para cargarmos de enerxía e ledicia aproveitemos esta melodía medieval das illas británicas que popularizou o músico inglés Mike Oldfield 





E velaí a partitura:


DO RE MI: Un musical, unha canción, unha partitura para frauta

Hai moitos xeitos de aprender o nome das notas e a súa entoación correcta. Unha delas, ben popular consiste en botar man da canción DO RE MI  da obra musical "Sorrisos e Bágoas". 


Velaí o enlace para ver e escoitar a canción tal e como sonou no Teatro Tívoli de Barcelona o 1 de outubro de 1913:

DO RE MI - Sorrisos e Bágoas



 Velaíqueda a partitura cos arranxos de  Juan Rafael Hernández.



Se clicas no enlace que segue atoparás un PDF coa partitura, a ficha de traballo que explicamos na aula, e o texto da canción.

PARTITURA + FICHA TRABALLO + LETRA

Se queres practicar coa túa frauta, aquí podes recordar as posicións:



E prefires cantala, clica e velaí tes unha base musical:

BASE MUSICAL

Queredes descubrir como cantan esta canción outras xentes noutras línguas... Velaí vai.



 
DO RE MI con OSKORRI

Pero hai outras cancións estupendas para aprender o nome das notas. O grupo vasco OSKORRI, ten esta divertida canción, coa que podes xogar. Inventa en lingua galega a parte do texto que vai en euskera.





venres, 23 de maio de 2014

QUINO E A MÚSICA

Humor intelixente... Gargalladas e reflexións... Sutileza hilarante... 


Quino, un debuxante arxentino,  ven de ser recoñecido co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. E velaí unha escolma de viñetas súas.











LER




Ler, ese era o obxectivo. Ler para divertirmos, para sorprendermos, para descubrirmos, para coñecermos... Cada quen escolleu un texto, sós ou en parellas ou tamén en grupo. E logo de se mergullaren nas palabras ata saborealas ben, chegou o tempo de escoitalas, de encher o espacio de sonoridades, de xogar co ritmo, coa entoación, cos silencios: chegou o tempo de gravarmos. Primeiro puxemos as voces, logo engadimos as músicas: E XA TEMOS UN AUDIOCONTO.



Clica no título e poderás escoitalos







E máis tarde, pensamos en engadirlle as imaxes, porque as palabras mergúllanse de cores cando se cruzan na vida dun ilustrador ou ilustradora. Escaneamos as imaxes e editámolas sobre o Audioconto: E XA TEMOS PELI.

Velaí os distintos proxectos. Clica no título terás acceso a eles.