domingo, 29 de setembro de 2019

WORLD MUSIC TOUR: PORTUGAL toca Guitarra Portuguesa e canta FADO

Un dos instrumentos máis popular de Portugal é A GUITARRA, un cordófono distinto da "guitarra española". Mira con calma e atención as imaxes e compara.



A GUITARRA PORTUGUESA ten unha forma é unha sonoridade ben peculiar. Hai cincocentos anos un dos instrumentos máis coñecidos en toda Europa era "a cítara". De Alemania a Italia, de España ás Illas Británicas o son da cítara acompañaba as cancións e danzas  en calquer aldea, vila ou cidade. Pouco a pouco van aparecendo novos instrumentos, e a xente procura sonoridades diferentes. E así, tamén  paseniño, as cítaras quedan esquecidas nos faiados das casas, esmorecendo en toda Europa... menos en Portugal. Nos barrios populares de Lisboa, de Porto, de Braga, de Coimbra, de Guimaraes... os músicos populares seguiron tocando un tipo de cítara que hoxe coñecemos como GUITARRA PORTUGUESA. 

 É un cordófono cunha caixa de resoancia en forma de pera, feita on madeira de Pau Santo, abeto ou chopo, cun mastro de dezasete trastes. O mastro remata nunha peza plana en abanico onde tensan as cordas en parafusos. Ten unha ducia de cordas de metal organizadas coma seis parellas. Para tocala, a persoa pulsa as cordas cos dedos polgar e índice, axudándose coas unllas  ou con púas de plástico metal o nácar.




Nas tabernas das vilas portuguesas, a "guitarra portuguesa" acompañaba cancións tristes e melancólicas, que describen a frustración e o fatalismo das difíciles vidas de  obreiros, mariñeiros e demáis clases populares. A Guitarra Portuguesa acompaña O FADO.

O escritor portugués Fernando Pessoa escribiu: «O fado non é alegre ni triste. Formou a alma portuguesa cando non existía e desexaba todo sen tener forza para desexalo. O fado é a fatiga da alma forte".

 Escoita a unha das máis famosas cantoras de FADO:  AMALIA RODRIGUES. 
Nesta gravación canta un fado moi popular: Uma casa portuguesa
 


 Outra das grandes cantoras: MARIZA.
Canta  Gente da miña terra



35 artistas cantam “Lisboa Menina e Moça”, um poema que se converteu en tema emblemático de Lisboa, do Fado

 

martes, 24 de setembro de 2019

A DURACIÓN DOS SONS: As Figuras e os Silencios


Alerta! Vas coñecer un dos aspectos máis curiosos do SON:  a duración. Seguramente xa te decataches que hai sons longos e outros curtos. E incluso hai silencios... e non son todos iguais; tamén algún silencio dura máis que outro. Iso sucede porque o son dura, é dicir, o son ten duración. Hai tempo que as persoas que tocan instrumentos acordaron como representar a distinta duración dos sons. Decidiron utilizar AS FIGURAS MUSICAIS.


Velaí déixovos un vídeo para coñeceres AS FIGURAS MUSICAIS




Velaí un xogo para identificar as figuras co seus silencios e os nomes que lles corresponden.

http://moodle.donostiaeskola.org/doremi/2018/01/30/os-nomes-das-figuras-e-os-seus-silencios/



Proba a resolver esta actividade. Terás que emparellar as figuras con cadanseu silencio

http://moodle.donostiaeskola.org/doremi/2018/04/07/as-figuras-e-os-seus-silencios/



Velaí unha actividade na que farás traballar a túa memoria ó tempo que procuras emparellar as figuras co silencio que lle corresponde.


http://moodle.donostiaeskola.org/doremi/2018/01/17/memorias-de-figuras-e-os-seus-silencios/


Agora que xa coñeces as FIGURAS MUSICAIS, intenta recoñecer or ritmos que sonan neste xogo.

https://aprendomusica.com/const2/04dictadoRitmico/04dictadoritmico.html



Velaí vai un esquema das FIGURAS MUSICAIS (FIGURAS E SILENCIOS),  como se representan e a duración de cada unha delas.








domingo, 7 de abril de 2019

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN... Jesus Christ Superstar

En 1968 e 1969 dous rapaces ingléses estiveron moi ocupados. Levaban desde 1965 facendo cancións, pero desta vez decidiron facer algo máis rotundo: unha "Opera Rock".  Da música encargaríase Andrew Lloyd Weber, nado nunha familia de músicos e con 21 anos... quen dixo medo!?  As letras serían cousa de  Tim Rice que, daquela, tiña 25 anos.
E que tema pensades que buscaron para representar con cancións e bailes rockeros? Uffff! pois escolleron "os últimos 8 días na vida de Jesucristo visto polos ollos de Judas". O argumento conta como unha compañía de artistas chega a un remoto lugar do deserto onde van representar os derradeiros días na vida de Jesucristo mediante o canto e a danza. Segundo os actores van poñéndose as roupas das personaxes así van comportándose dun xeito máis humano e distante da versión biblíblica. Conseguiron gravar o disco, e como foi un éxito enorme, atoparon os cartos que precisaban  para montar o musical nos escenarios de Brodway e despois facer a película.
Moitas son as cancións destacadas, pero imos fixarnos nesta que canta Judas.


 Velaquí a texto en castelán:


 1


Fíxate nesta melodía e comenta se hai algo que chame a túa atención:


Analiza estas dúas frases melódicas:
*  Teñen algunha semellanza?
*  Cales son as diferencias?



Lembra a melodía inicial. Veremos de engadirlle unha letra para cantala:


2


Presta atención a esta melodía. Recoñeces todos os seus elementos?

Engadirémoslle una letra para poder cantala.


3


Intenta reproducir este esquema rítmico con percusións corporais,


Imos engadirlle un texto. A primeira parte xa está preparada, haberás de completala.



Imos xogar coas distintas melodías e ritmos organizados en dous grupos. 
Seguiremos esta secuencia:

1 - Tutti

2- Grupo A

3 - Grupo B

1 - Tutti


Estos anacos forman parte dunha canción.
*  Serás quen de localizalos? 
*  En que orde van?
*  Algún se repite?


 Se picas no icono de MUSESCORE atoparás a partitura interactiva en Versión piano

https://musescore.com/blood574/jesus-christ-superstar


Velaí queda a partitura para que vos animedes a disfrutares tocándoa.


domingo, 17 de febreiro de 2019

LUCES, CÁMARA. ACCIÓN... A panteira rosa


A PANTEIRA ROSA é unha comedia que enrédase arredor dun extraordinario diamante de cor rosa... o ladrón que quere roubalo... e o inspector de policía Jacques Clouseau que quere impedilo. Blake Edwards (o director) quixo que a película arrincase dun xeito orixinal, distinto, con moita animación!!! Os títulos de crédito tanto do principio como do final da película haberían de ser debuxos animados. Lembrouse dun debuxante que inventara ó coello Bugs Bunny, o porquiño Porky, o paxaro Piolín, o gato Silvestre e pediulle (a Friz Freleng) que lle debuxara unha panteira rosa, muda, elegante e graciosa... A maxia envolvente deste personaxe completouna o compositor Henry Mancini cunha famosísima melodía de jazz.
Cabecera e créditos da película 1963


Henri Mancini escribiu o tema musical da Panteira Rosa para ser interpretado por un SAXO TENOR. Este instrumento "naceu" en 1840 e o seu pai foi o clarinetista belga Adolf Sax. Este home estaba empeñado en corrixir e mellorar o seu clarinete: quería conseguir a forza do son dos instrumentos de metal pero coas calidades de son dos instrumentos da madeira. E así nace a FAMILA DOS SAXOFÓNS: un tubo de latón que se ensancha en forma de campá e ten 20 ou 23 buratos que abren e pechan chaves.  O instrumento ten unha boquilla semellante á do clarinete, e tamén leva unha palleta de cana. Esta familia de instrumentos é moi frecuente nas bandas de música (militares ou civiles) pero onde ten mellor acollida é entre os músicos de jazz.



Para que poidas valorar as cualidades sonoras deste instrumento, velaquí vai unha versión da melodía da Pantera Rosa pero, atención, sen saxo!!!


A gran sona que conseguiu o "debuxo animado" que aparecía na cabeceira da película animou á empresa cinematográfica UNIVERSAL STUDIOS a producir 156 curtametraxes  de "animación" coa Panteira Rosa coma protagonista: humor visual banda sonora rítmica. E despois chegaría "O espectáculo da Panteira Rosa" emitido  polas televisións de finais dos anos 60, os bonecos e os xogos e máis películas e...  Velaí vai un dos capítulos de debuxos animados que ten moito que ver co noso tema: A Música. Nos vos a derradeira imaxe da historia... hai sorpresa.

THE PINK PANTER IN "PINK, PLUNK, PLINK"


Lembras cales son as cores básicas? Que mistura haberás de facer para obter outras cores? Practica un pouco dándolle cor a este debuxo da Panteira Rosa. Clica na imaxe. 

https://igrezadecu.com/pink_panther/coloring-game.html

domingo, 10 de febreiro de 2019

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN... Almorzo con diamantes

Se decides ver "ALMORZO CO DIAMANTES" disfrutarás dunha comedia romántica que narra a relación de dous parárasitos que resolven a súa rutina diaria grazas ás persoas que conseguen embeleñar. En 1961 o director Blake Edwards convertiu en imaxes a historia imaxinada por Truman Capote e o compositor Henry Mancini escribiu a música que acompaña a estes dous seres infelices perdidos no caos da súa vida. 




 Henry Mancini escribió Moon River ex profeso para Audry Hepburn. A imaxe dunha muller cunha guitarra o pelo recién lavado nunha ventana describen tamén o desamparo, a soedade e, ó mesmo tempo, a ansia por sobrevivir.

A actriz Audry Hepburn acadou moita sona interpretando a esta "sofisticada buscavidas". Na escuridade das salas de cine quedamos abraiados por actitudes vitais que non resistirían unha análise polo miúdo e con sentidiño. As películas e as cancións promocionan modelos e pautas de relacións baseadas no "amor romántico". O mito do "amor romántico" fai medrar en nós espectativas e falsas verdades que poden chegar a confundirnos. Artéllase arredor dalgunhas premisas que vos animo a analizar nas titorías:

* Temos unha "media laranxa"... O que equivale a dicir que somos seres incompletos e que precisamos de alguén para conseguir a felicidade.

O amor pode con todo... O que ven sendo que cando hai afecto non hai conflictos ou que se hai conflictos non hai afecto, e tamén que "por amor" deberiamos soportar o que aconteza.

* A persoa amada enche toda a túa vida... O que significaría que as aspiracións personais e as relacións con outras persoas teñen unha importancia menor fronte á persoa amada

* Os ciumes son unha proba de amor... Deste xeito a inseguridade, a desconfianza, a dependencia, o control da outra persoa puideran entenderse como algo producto do amor.

* Chegará o "amor da miña vida"... É dicir que nin o tempo, nin os acontecementos, nin a evolución persoal variarán a relación amorosa.

Velaí o texto da canción MOON RIVER en inglés e a súa tradución.


RÍO DE LÚA
Río de lúa, más de unha milla de ancho
Voute  cruzar á moda algún día,
Vello creador de soños,
esnaquizas corazóns ...
onde vaias,
Sigo a túa ruta.

Dous vagabundos, para ver o mundo
Hai tanto mundo para ver
Os dous procuramos o mesmo arco da vella
Agárdanos ó final da curva ...
Meu fiel amigo,
O río de lúa e máis eu.


MOON RIVER 
Moon river, wider than a mile
I'm crossin' you in style some day,
Old dream maker,
You heartbreaker ...
Wherever you're goin',
I'm goin' your way.

Two drifters, off to see the world
There's such a lot of world to see
We're after the same rainbow's end
Waitin' 'round the bend ...
My huckleberry friend,
Moon River, and me.

O éxito desta melodía foi recoñecido cun Oscar. Se navegas pola rede poderás atopala en moitas, moitísimas versións.

A versión de Aretha Franklin


 A versión de Barbra Streisand


 A versión de Louis Amstrong


A versión do pianista de Brad Mehldau



Esta melodía é ben sinxela. O alumnado de 5º de primaria somentes descubrirá a dixitación dunha nova nota. Clica no enlace e chegarás a PARTYFLAUTA onde agárdante os recursos que precisas para poder tocala.

       


Velaí a partitura


Velaí un vídeo para axudarte coa dixitación

martes, 29 de xaneiro de 2019

UN MAR DE MÚSICAS

O alumnado de quinto de primaria vai visitar o Acuario da Coruña. Velaí unha estupenda oportunidade para achegarnos ó mar imaxinado - suxerido - recreado por músicos e músicas de diferentes épocas e culturas.


O francés Camile Saint Saëns titulou ACUARIO a unha das pezas do seu "Carnaval dos animais". Escoitádea e xa me diredes se consegue recrear o ambiente acuático e o deambular das distintas especias na auga.

ACUARIO (Carnaval dos animais. 1886)
Camile saint Saens



 O ruso NicolaiRimsky Korsakov decidiu contar unha das historias das Mil e Unha Noites nun ballet. Sherezade e Simbad vestíronse con mallas e zapatillas e seguen a percorrer os teatros do mundo. Rimsky pertenceu á Armada Imperial Rusa e todo o seu amor polo océano e o coñecemento que del tiña deixouno saír nesta obra

O MAR E O BARCO DE SIMBAD (SHEHEREZADE, 1888)
 Nikolai Rimsky-Korsakov

 

 Nestes días estase a cumprir os vinte anos da estrea dunha serie da TVG que fixo historia: MAREAS VIVAS. Ambentada nunha aldea da Costa da Morte (Portozás/Laxe) contaba a cotidianeidade das distintas persoas que viven nun pobo do mariñeiro. Velaí a música de Mercedes Peón que foi a cabeceira musical da serie.

MAREAS VIVAS (1999)
MERCEDES PEÓN

 

No Acuario de A Coruña están a ter problemas porque un ha das quenllas estase a dar tremendas comilonas engulindo ós seus compañeiros de piscina. John Williams compuso a banda sonora dunha película de "terror marino". Isto foi no ano 1975 e o director era un novísimo Steven Spilberg. Unha terrible quenlla branca ataca a bañistas nunha praia. O escuro son dunha tuba interpretando dúas notas insistentemente transmítenos a sensación de perigo oculto.
  
QUENLLA (1975)
JOHN WILLIAMS 



En 1970 un compositor francés preocupado pola relación entre natureza e tecnoloxía, adicou oito meses a un proxecto musical que titulou OXYGÈNE. Hai que matizar que Jean Michel Jarre traballa música electrónica. De xeito que instalouna cociña do seu apartamento dous sintetizadores e unha gravadora de oito pistas (material que hoxe chamaríamos prehistórico). A peza que vos deixo aquí foi utilizada polo oceanógrafo Jacques Cousteau para a súa película PALAWAN, O ÚLTIMO REFUXIO.

OXYGÈNE (part 1). 1976
JEAN MICHEL JARRE




En 1989, a empresa Walt Disney Pictures estrenou unha película basada no conto de H. C. Andersen A SEREIÑA. Dúas persoas encargáronse da compor a música: Alan Merken e Howard Ashman. Nunha das cancións con máis sona desta película con ritmo de calypso (un xénero musical do mar Caribe), o caranguexo Sebastián intenta convencer á sereiña Ariel das vantaxes dunha vida sen preocupacións baixo o mar fronte ós inconvintes da vida humana. 
BAIXO Ó MAR (A SEREIÑA, 1989)
A. MERKEN e H. ASHMAN





Unha empresa australiana levou adiante un experimento ben interesante para estudar a comunicación entre humanos e animais. A música son diferentes ondas emitidas en distintas frecuencias. Non todas as especies poden sentir as mesmas frecuencias pero é unha os sons son un xeito de comunicación entre animais e humanos.  Preparouse unha peza musical para as baleas utilizando os patrón dos seus sons pero armonizada para interpretada por un orquestra. A orquestra interpretou a peza desde unha balsa e con altavoces marinos transmitiron a música no fondo do mar. Gravaron a experiencia. Velaí queda.

WHALESONG.
OPTUS


P.D. Isto REALMENTE foi un anuncio dunha compañía australiana de telecomunicacións. A balea do vídeo é DIXITAL... Alerta: comproba e confirma os datos que recolles na rede!!!




domingo, 27 de xaneiro de 2019

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: Curtametraxes para entenderse

Como temos por diante a celebración do Día da Paz e da Non violencia velaquí quedan algunhas curtametraxes de interese para visionar nas aulas con alumnado de distintas idades.

 DALLE FORMA-COR-PAZ Ó TEU DIÁLOGO




 ABRAZOS




 A PONTE




LOU



FOR THE BIRDS



MOBIL



A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO



 TRES PEQUENAS PUNTADAS



THIS LAND IS MINE

 

BEAR STORY

 

 

domingo, 20 de xaneiro de 2019

24 DEBUXOS POR SEGUNDO


Velaquí vai outra escolma de debuxos animados "musicais". En 1935 estrenouse esta historia producida por Disney. Os habitantes do País do Jazz e do País da Sinfonía descubrirán que teñén moitísimas cousas en común.




O ruso Nikolai Rimsky-Kordakov escribiu a ópera "O Conto do Zar Saltán". O príncipe transfórmase en moscardón para visitar ó seu pai. Esta famosísima melodía é a base musical desta peza de debuxos animados.




Opéra Imaginaire é un traballo de Pascal Roulin para a televisión pública francesa en 1993. Opéra Imaginaire contén doce extractos dalgunhas das arias de ópera máis populares, animadas por artistas europeos con distintas técnicas, que van desde a plastilina ás imáxes de síntese 3D.  
Velaí un cachiño da  Traviata (Verdi) 


E a famosísima aria "La dona é mobile" que Verdi incluiu na ópera Rigoletto



Melody Street escomenzou como serie de televisión en EEUU para achegas ás nenas e nenos á musica. Logo fixeron a película, as apps e todo o demáis...   Velaquí queda a súa peculiar versión do "Rondó alla turca" de Wolfang Amadeus Mozart.



No ano 1999 a empresa Disney fixo un novo traballo de animación utilizando como base fragmentos obras sinfónicas de grandes músicos. Un dos compositores seleccionados foi o americano George Gershwin. Disfrutade con esta deliciosa "Rapsody in blue



domingo, 13 de xaneiro de 2019

LUCES, CÁMARAS, ACCIÓN... Casablanca

 As películas tratan das cousas que lle preocupan a xente. En 1942 o mundo estaba dividido en dous bloques enfrentados nunha Guerra Mundial e, daquela, moitas películas falaban da guerra. A acción transcurre en Casablanca, é unha cidade marroquí na costa de atlántica de África que servíu de punto de saída a moitos europeos que fuxían da guerra. Na trama mistúranse militares da Gestapo, heroes da resistencia, buscavidas con historias de amor e desamor.
Rodada completamente nun plató, é unha das películas máis famosas da historia do cine.



   
Millóns de persoas houberon de deixar para sempre ó seu país, ás suas xentes fuxindo das guerras que destrozaron Europa na primeira metade do século XX. Moitas destas persoas, atoparon traballo na industria cinematográfica americana. MAX STEINER, o responsable da música de Casablanca foi un deles. Este estupendo músico, que naceu en Austria, foi quen de cambiar o xeito de facer música para as películas. Escollía un fragmento musicai para identificar a personaxes, situacións  ou lugares e repetía ese fragmento cada vez que a acción o pide. Nesta película utilizou dúas melodías que xorden unha e outra vez: o himno francés "A Marsellesa" que representa a loita da Resistencia contra os nazis, e a canción 
"As time goes by" que representa a historia de amor entre Rick e Ilsa. Por certo, a Max Steiner non lle gustaba nada de nada esta canción (que ademáis non era súa), intentou cambiala por outra, pero xa non foi posible volver a rodar a escena do bar.
Velaí a famosísima "escena do piano" na que sona a canción de amor de Rick e Ilsa.
 




Presta moita atención. Afina o teu ouvido para identificar esa melodía nesta "Suite" que recolle distintos fragmentos musicais da película. 


* Cantas veces recoñeces a canción "As time goes by"?
* Cantas veces recoñeces "A Marsellesa"?





 Agora que xa coñeces a melodía, identifica e ordena os distintos fragmentos da partitura:

1

2


3
 
 
4

5

6



Velaquí a partitura completa.







luns, 7 de xaneiro de 2019

LUCES, CÁMARA, ACCIÓN... TOY STORY

Hai 24 anos, en novembro de 1995, as aventuras dun grupo de xoguetes transformaron completamente a historia do cine. Por primeira vez non se precisan nin cámaras, nin escenarios, nin actores para facer unha película. Somentes os ordenadores, as computadoras nas mans de profesionais técnicos especializados e... XA ESTÁ!  

TOY STORY é o resultado do traballo dun equipo de 110 persoas ( no ano anterior fora preciso o traballo de 800 persoas para facer a película O REI LEÓN).

TOY STORY foi o primeiro gran éxito dun grupo moi activo de creadores agrupados nunha empresa que chamaron PIXAR. Despois do éxito de TOY STORY  seguiron facendo moitas das películas que tedes disfrutado: Bichos, una aventura en miniatura (1997), Toy Story 2 (1999), Monstruos S.A. (2001), Buscando a Nemo (2003), Los Increíbles (2004), Cars (2006), Ratatouille (2007), WALL·E (2008), Up (2009) y Toy Story 3 (2010).





 Andy é un neno de 6 anos que ten moitos xoguetes: o vaquero Woody, o señor e a señora Pataca, Rex o tiranosaurio, a vaqueira Jessie, o cocho Hamm, o can Slinky, un exército de soldados de plástico... e moitos máis. O vaqueiro woody era xoguete preferido de Andy ata que polo seu aniversario recibe como agasallo o astronauta Buzz Lightyear. E así medra a trama coas liortas entre ámbolos dous xoguetes que devecen pola atención do neno.

A amistade, a rivalidade, os ciumes, a convivencia, a solidaridade, a complicidade, a reconciliación... son alguns dos aspectos que van aparecendo na historia.

Velaquí un dos temas musicais. Escoita esta versión para piano

https://soundcloud.com/jaimealtozano/toy-story-acompa-amiento-de

Presta atención e intenta descubrir:

1.- En que compás está escrita
2. Que forma ten: Hai retrouso? Hai estrofas?

Velaquí queda a letra coa que imos traballar: