luns, 27 de abril de 2015

WORLD MUSIC TOUR: NEPAL ENTRE BÁGOAS

NEPAL ENTRE BÁGOAS

Empapad@s de tristura achegámonos hoxe ao teito do mundo: NEPAL.

Deixovos un vídeo para coñecer o país que foi e a música que lles acompañou.



Fixádevos nas facianas felices das nenas ofrecendo seu baile na rúa para quen quixer se sorprender  e  disfrutar.


mércores, 22 de abril de 2015

Os STRADIVARIUS do PALACIO REAL de Madrid


O Palacio Real de Madrid garda a mellor colección de Stradivarius do mundo. E vos estaredes preguntando " eso que é"?. Pois  Antonio Stradivari foi o primeiro dunha familia de luthier (constructores de instrumentos) que viviron en Cremona (Italia) hai 300 anos. Un instrumento (e máis os de corda frotada) é un obxecto de construcción minuciosa, precisa, exacta, e complicada. Velaí podes ver, en 3 minutos, un longo proceso que dura meses (porque non boto contas dos 25 anos nos que a madeira debe secarse ata poder ser utilizada)


Pero os instrumentos feitos por Stradivarius son dunha sonoridade moi especial, espléndida. Ademais de ser obxectos de gran beleza, cunha moi delicada ornamentación. Hoxe consérvanse uns 600 instrumentos elaborados por esta familia. Para que vos fagades unha idea do seu valor, direivos que no ano 2011 foi subastado un deles por 17.000.000 dólares (si, lestes ben, 17 millóns de dólares).


Os científicos danlle moitas voltas ás causas do seu peculiar son: que si o tempo de secado das madeiras de arce e abeto; que si as condicions de corte e secado da madeira; que si a composición das distintas capas de barniz...

Semella o título dunha novela: "O misterio do barniz de Stradivarius", pero é o título do brevísimo e interesante vídeo que vos propoño.


Cando visitedes o Palacio Real, prestade moita atención e gravade na vosa memoria as imaxes deses instrumentos únicos e excepcionais. Velaí vos deixo un último vídeo para que poidades escoitalos (xa, xa sei que moito mellor sería poder escoitalos alí mesmo... pero non sei eu se será posible...)





martes, 21 de abril de 2015

Música no MUSEO

Aproveitando que o alumnado de Sexto vai facer unha excursión a Madrid, imos entrar con eles nunha das máis importantes Pinacotecas do mundo: O MUSEO DO PRADO. E neste máxico lugar faremos unha visita moi especial porque iremos na procura de cadros que "teñan música", é dicir, imos disfrutar con representacións de músicos, instrumentos e bailes ou danzas de distintas é pocas e diferentes culturas.

Empezamos cun instrumento ben coñecido para nós, moi utilizado na nosa música tradicional: a zanfoña.
O CEGO TOCANDO A ZANFONA de George La Tour


Desde o século XV ata principios do XX os músicos cantaban coplas e tocaban instrumentos polas rúas e plazas das vilas, procurándose algunhas moedas. O francés George La Tour pintou a un deles, un vello cego que apreta con forza o manubrio da súa zanfona. Podería ser unha personaxe de calquera novela picaresca. O perfil enrugado e canoso do vello cego recortado sobre un fondo escuro, contrasta co instrumento que ocupa gran parte da imaxe, e está pintado con gran detalle e fortemente iluminado. O aspecto desaliñado, a probreza das roupas sorpréndenos pola delicadeza da cinta rosa do instrumento. 
Disfruta do cadro e, mentres escoitas"O Romance de don Gaiferos" interpretado por Faustino Santalices, e poderás sentilo tal e como sonou polas feiras e prazas durante moitos séculos.




EL  OÍDO de Pedro Pablo Rubens


Euterpe, a musa da música,  está representada tocando un laúde no salón dun elegante pazo. No seu redor, gran variedade de instrumentos, partituras, obxectos sonoros (reloxos, campaiñas, trompas de caza...), paxaros... No fondo á esquerda hai un grupo que toca música. Nas paredes hai cadros que representan historias mitolóxicas que teñen que ver coa música: "O concerto dos Deuses", " Orfeo dominando ás feras coa súa música" ou " O anuncio dos ánxos aos pastores".
Se clicas aquí ( Canon )  poderás escoitar como sona unha das partituras que está representada no cadro.


  O BAILE NA BEIRA DO MANZANARES de Francisco de Goya


En 1777 Francisco e Goya pintou este cadro que ía a ser a "plantilla" para un tapiz que adornaría un salón no pazo dos Príncipes de Asturias. Representa un grupo de madrileños bailando entretidos nun día de festa na beira do Río Manzanares. Guitarra, bandurria, palmas, voz... é música popular, aínda que os bailadores e bailadoras parecen un pouco tesos.

O cineasta Carlos Saura adicou unha película a amosar a vida de Goya e do Madrid do seu tempo. Presta atención e descobre como recrea a festas de San Isidro.



O XARDÍN DAS DELICIAS de O Bosco


Este enigmático cadro é unha das xoias do Museo.  Segue este enlace   Audioguía infantil   e atoparás unha estupenda explicación que te axudará a entendelo.

Agora xa sabes que para o Bosco a Música era algo maligno. Velaí alguns detalles dese Inferno Musical.



Entre as extranas figuras que imaxinou este sorprendente holandés (Hieronymus Bosch - O Bosco) hai un home que ten unha partitura musical marcada no seu cu.

Esa partitura sona así:


mércores, 15 de abril de 2015

WORLD MUSIC TOUR. NORUEGA: Música para amencer

Hoxe visitaremos as terras do Norte de Europa. Faremos unha viaxe musical a NORUEGA.


Observa con calma una partitura e descobre:
  1. Cantos compases ten?
  2. Cantos pulsos hai en cada compás?
  3. Cal é a figura máis longa?
  4. Cal é a figura máis curta?
  5. Cal é una nota máis aguda?
  6. Cal é una nota máis grave?
  7. Ordena as notas da máis grave á máis aguda.


Escoita esta peza atentamente.



Eres quen de recoñecer esa melodía? 
Cantas veces sona?
Que instrumentos a interpretan?

Esta música é unha composición de Eduard Grieg, un noruegués que escribiu moita música inspirándose nas pezas populares que escoitaba polas aldeas do seu país. Pero esta peza foi unha composición que preparou para unha obra de teatro, na que se representaban as andanzas dun atolado rapaz chamado PEER GYNT. Este fragmento representa o "AMENCER", cun diálogo de paxaros na saída do sol.

Que diferencias atopas con esta outra versión?

 


martes, 14 de abril de 2015

WORLD MUSIC TOUR. ITALIA: CI VUOLE UN FIORE, cantando a Rodari

Esta é Italia


Dende aló chegounos este libro á nosa aula:


Dentro viña un estupendo texto creado por Gianni Rodari:

 Transformado en canción, sona así:



E velaí a partitura:



venres, 10 de abril de 2015

MADRID MUSICAL

Imos aproveitar que o alumnado de sexto curso vai de viaxe a Madrid para aprendermos algunhas cousas de Música.

1.- O Teatro Real é unha sala moi Importante de Madrid. Nela represéntanse Grandes espectáculos. Anímate a facer unha “visita virtual”, e de paso,  pescuda a información que precises para responder o cuestionario.

• En que Plaza está?
• Que é o “vestíbulo”?
• Cantas plantas ten?
• Que é a “caixa Escénica”? Onde esta? Para que serve?
• Onde están os camerinos para os músicos, cantantes, ballet, coro ...?


2. Organillo é algo moi coñecido e familiar para as persoas que viven en Madrid. Investiga e resolve:

• Que é un organillo?

Podes pescudar Información nestes enlaces:




 organillo


3. Zarzuela:  Que é?

•  A Zarzuela foi un espectáculo moi popular durante varios séculos. Hai 300 anos, no século XVII, famosos escritores de como Calderón de la Barca e Lope de Vega escribiron
“libretos” que  se convertiron en zarzuelasProcura información sobre este espectáculo.


conciertazo-zarzuela

Atoparás información aquí:


 Zarzuela



4. Pongamos que HABLO DE MADRID


Esta canción fíxose moi popular nos anos 80. O seu autor, Joaquín Sabina, coñece moi  ben Madrid, malia seres el mesmo é un inmigrante.

* Averigua onde Naceu.

* Escoita con Atención e completa como frases:
- Allá Donde ............................................... .....................................
- Las Niñas ............................................... ........................................
- Los pájaros ............................................... ....................................
- La muerte ............................................... ......................................
- La vida ............................................... ..........................................


Para rematar, velaí queda UN MAPA INTERACTIVO MUSICAL DE MADRID.
Cando cliques nos puntos vermellos ábriranse enlaces para  escoitares ás obras Musicais nas que se menciona ese lugar.

 musical en Madrid