domingo, 28 de outubro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: Danny Elfmann, un compositor máxico

Danny Elfmann... Danny Elfmann... Mmmmmm... Pois non sei quen é...
Pois coñeces o seu traballo; disfrutas das súas ideas desde hai moito tempo.
Escoita a esta orquestra interpretando unha obra súa. Eres quen de recoñecela?




Ponlle face: velaí está, rodeado de instrumentos musicais.


 Californiano (nado en 1953), leva toda a súa vida traballando no mundo do espectáculo. A principios dos anos 70 formou unha compañía que facía comedia musical. Logo e co seu irmán formou un grupo musical e tocaban rock e ska (Oingo Boingo). E o seguinte paso na súa carreira foi xa como compositor de música cinematográfica e moitas películas... sobre todo para o seu amigo Tim Burton con quen leva 30 anos afrontando proxectos cinematográficos.


Tes escoitado composicións súas en:

Os Simpson, Batman, Dick Tracy, Spiderman, Hulk, Eduardo Manstesoiras, Mars Attacks, Charlie e a fábrica de chocolate, A noiva cadáver, Pesadelo denantes de Nadal, Beetlejuice, Alicia ó través do espello, Alicia no país das maravillas, Big fish... e moitas, moitísimas máis. Cine fantástico, cine de superheroes, 
Música de películas, música para series de tv, ou música para videoxogos, e incluso música para espectáculos do Cirque du Soleil... ben seguro agora recoñecerás ter disfrutado coas súas obras.

Nesta breve entrevista Danny Elfmann comenta algúns detalles interesantes para entender mellor o seu traballo.

xoves, 18 de outubro de 2018

Voces

Moi recentemente faleceu Monserrat Caballé, unha das cantantes máis importantes do noso tempo.  Esta soprano percorreu os palcos máis afastados do planeta interpretando máis de 80 personaxes en distintas óperas.

Velaí deixo a súa voz, inmensamente delicada, para que poidades lembrar sempre a perfección e sutileza do seu canto. 


https://youtu.be/oYjxe2UzuYo


 Se miramos polo miúdo as voces humanas, poderemos organizalas en tres grupos ben diferenciados: 

* Voces FIMININAS.- A larinxe e as cordas vogais das mulleres son máis curtas que as dos homes e, daquela, o son é unha 8ª máis agudo que o son das voces masculinas.
 
* Voces MASCULINAS.- Xa que logo a larinxe é maior, tamén o son desas voces é máis grave.

* Voces INFANTÍS.- O son é o máis agudo porque a larinxe é máis curta que a dos homes e as mulleres.
 
Cando cliquedes na imaxe chegaredes a un enlace creado pola profesora Maria Jesús Camino Rentería para coñecer polo miúdo as distintas voces.

http://cmapspublic2.ihmc.us/rid=1LHBNL7GV-1FFVQ84-1P1K/Clasificaci%C3%B3n%20de%20las%20Voces.cmap

Velaí a representación no pentagrama da amplitude de sons que acadan as distintas voces atendendo á súa tesitura.
VOCES FEMININAS



VOCES MASCULINAS


VOCES BRANCAS (NENOS E NENAS)


Rematamos con dous vídeos que explican con detalle os pormenores das voces humanas.
 



domingo, 14 de outubro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: West side story

A historia de  amor entre dous membros de familias inimigas e enfrontadas nun grave conflicto ten sido mil veces narrada. Shakespeare contouna en "Romeo e Xulieta" e, desde aquela, volve unha e outra vez adaptada á distintas épocas ou lugares. E así foi Leonard Bernstein, un compositor e director de orquestra norteamericano, decidiu situar nas rúas de Nova York a historia de amor entre membros de dúas cuadrillas rivais.

Esta nova versión de Romeo e Xulieta, WEST SIDE STORY, estrenouse como espectáculo musical nun teatro de Brodway en 1957. O éxito da obra levounos a rodar a película en 1961.

Nesta versión, non hai familias, senón que son dúas cuadrillas enfrontadas: pelexas, regueifas, discusións, amor tolo...nas rúas e terrazas dunha inmensa cidade.  A música é a peza fundamental para definir as dúas cuadrillas. Os Sharks (portorriqueños, os inmigrantes) están representados pola música e os ritmos latinos, mentres que os Jets (os fillos dos irlandeses, polacos e italianos) están representados polo Jazz. A película axudaranos a reflexionar sobre a mestizaxe, o racismo, a inmigración, a fusión das distintas culturas...

Jerome Robbins foi o coreógrafo, exixente, que siempre persiguiu a naturalidade e a fluidez no movemento. Por eso, unha das dificultades de bailar West Side Story é facelo de xeito que o público  entenda o baile como unha extensión do movemento propio das personaxes. É unha coreografía que obriga ós actores e actrices a unha forma física digna de atletas olímpicos.

Unha das pezas con máis sona é AMÉRICA, un tema con ritmo de huapango mexicano. realmente é unha regueifa entre as rapazas defensoras das "bondades" da sociedade americana, e os rapaces que descreben os aspectos negativos. A peza é vertixinosa; rapaces e rapazas discuten ó tempo que cantan e bailan. Rítmicamente é un compás de amalgama que combina 6/8 e 3/4. 

Velaí a escena

West side story
(1961)

Imos xogar co compás de amalgama que combina o 6/8 e o 3/4.
 
RITMOS PARA FACER UNHA TORTILLA FRANCESA

Cantando, aprenderemos hoxe a facer unha tortilla francesa. 

1.-Abrimos o ovo


2.- Batémolo
3.- Fritímolo
4.- Comémolo
Velaí toda a secuencia 

Agora transformamos os ritmos verbais en percusións corporais



Visionamos novamente a escena. Nesta versión temos unha tradución para comprender a conversación que manteñen. Prestade atención e marcade con algún aceno aqueles fragmentos nos que recoñecedes a música.

"América"  co texto traducido

O baile son movementos organizados atendendo a música e ocupando un espacio. No cine atopamos moitos bailes inesquecibeis. Velaquí algúns deles. Esther Williams bailaba na auga na película:

Escola de Sereas
(1944)



Bailan nas gradas e cafes en:
Grease
(1978)



Bailan os leñadores e as rapazas entre ás árbores das montañas en:
Sete noivas para sete irmáns
(1955)



Os limpadores bailan sobre os tellados londinenses na película:
Mary Poppins
(1964)


As traballadoras dunha fábrica bailan durante seu traballo na película danesa: 
Dancer in the dark
(2000)


Bailan os invitados dunha boda indú a bordo dun barco:
Dil Dhadakne Do
(2015)

venres, 5 de outubro de 2018

LUCES, CÁMARA... ACCIÓN: A Misión


O día 12 de Outubro de 1492 a expedición de tres naves que capitaneaba Cristóbal Colón chegou á illa Guananí no arquipélago das Bahamas. Eles querían achegarse "ás Indias" que era como lle chamaban daquela a Asia. Pero metéuselles un continente polo medio... e aquí estamos máis de 400 millóns de persoas entendéndonos en castelán.

A MISIÓN

 A Misión conta unha historia de aventuras sobre as relacións entre etnias e sociedades distintas, a colonización, o prezo da aportación cultural europea, as distintas formas de beleza e a violencia. Describe como na colonización de América mesturáronse intereses económicos, políticos e relixiosos.


O compositor Ennio Morricone rexeitou esta película. Este excepcional músico italiano de ideoloxía de esquerda non quería ter nada que ver coas grandes empresas cinematográficas americanas, e non se fiaba da interpretación histórica. Pero os productores conseguiron sentalo nunha sala de proxección para que visionase a escena na que Jeremy Irons toca o oboe na selva. Para acompañar as imaxes meteran unha peza de música clásica. Cando acenderon as luces, Morricone estaba chorando de emoción. E así foi que escribiu unha partitura sensible e emocionante na que mestura a música litúrxica europea (as corais), as percusións indias e a delicada sutileza do oboe. A música desta película ten moitísima sona e, para moitísimas persoas, é unha das mellores Bandas Sonoras da Historia do Cine.
 

A melodía que Ennio Morricone titulou "O óboe de Gabriel" tense interpretado como "o son do desexo de convivencia na paz nun mundo cargado de violencia e ansia de dominación". Un oboe sona na selva e os guaraníes achéganse extrañados.


 A música é o recurso para establecer a relación, e a beleza é o elemento que fai desaparecer a desconfianza dos indíxenas que, máis adiante chegarán a se converter en hábiles artesáns de instrumentos musicais, que amosarán o seu "grado de civilización" interpretando cantos corais diante dunha Comisión Internacional. A música, a sensibilidade, a educación, a constancia ... están na escena final na que uns cativos indíxenas fuxen nunha canoa e levando canda eles un instrumento musical.

Que sabemos dese instrumento que Gabriel utiliza para achegarse ós guaranís? Pois é un instrumento moi antigo: no Exipto dos faraóns, na Grecia de Pericles, o na antiga India disfrutaban con instrumentos moi semellantes. Pero o ÓBOE aínda é bastante descoñecido.
É un instrumento de vento de madeira no que hai que soplar nunha boquilla (unha paleta dobre). Para tocalohaberá que  hai que dominar a respiración e  ademáis, controlar correctamente os músculos que están arredor dos beizos.
O ÓBOE ten 20 buratos e, para abrilos ou pechalos hai un sistema de "chaves".





Ennio Morricone escolleu o son nasal e penetrante do óboe. Atent@s a esta versión que atopei na rede. É unha versión para a escola e, daquela, utiliza os instrumentos que temos nós: frautas e metalófono... pero escoitade para descubrir se lle notades algo raro...


Imos seguir novamente a partitura, pero somentes cantaremos o acompañamento do metalófono.

Xa que afinamos as voces, intentaremos cantar a seguinte melodía ó unísono:

E estoutra 


 Ou estoutras

 O son do ÓBOE é o que utiliza a orquestra para afinar. O óboe toca un LA e toda as distintas familias da orquestra buscan ese mesmo son para unificar a súa afinación.  
Velaí deixovos unha orquestra perfectamente afinada. Van tocar a música da película A MISIÓN. O oboísta estudou moito e sente unha enorme emoción porque ENNIO MORRICONE, o compositor da obra, será quen dirixa este concerto. Reláxate e prepárate para disfrutar dun momento moi especial.




luns, 1 de outubro de 2018

Scott Joplin, o rei do tempo rachado

* 1- Somentes unha destas imaxes é un retrato de Scott Joplin. Escolle unha delas.

 A

B

C

Velaí quedan algúns enlaces para resolver as cuestións que seguen:

O Rei do Ragtime                                                   Biografía Scott Joplin
 
* 2 - Ata que idade puido ir á escola Scott Joplin?

* 3 - Que instrumento tocaba?

* 4 - Aínda que as súas composicións tiveron moito éxito, tivo que publicar obras ocultando o seu nome. Investiga por qué.

* 5 - Ademais de Ragtime, compuso outras obras "máis serias". Investiga cales foron.

* 6 - Investiga que é RAGTIME. Velaquí tes un enlace que te axudará a resolver: 
Que é ragtime? 

* 7 - Cal destas imaxes é unha banda de RAGTIME:

A

B

C

* 8 - Revisa devagar a partitura. Hai SÍNCOPAS. Localízaas e indica cantas son e onde están.