xoves, 28 de abril de 2016

PRIMEIRAS CANCIÓNS COA FRAUTA

Estas son algunhas das primeiras cancións que aprendíchedes a tocar coa frauta. 
Empezamos tocando a nota  SI, logo engadimos a nota LA, e continuamos coa nota SOL.

Con estas tres notas podemos tocar moitas cancións. Velaí algunhas delas para que poidades practicalas na casa.

  Poderás escoitala se premes AQUÍ





 Podes escoitalo se premes   AQUÍ



 Podes escoitala se premes AQUÍ



Podes escoitala se premes AQUÍ





xoves, 14 de abril de 2016

UN BOLERO ASTUR-GALAICO

O BOLERO é unha cantiga, é un baile, é un xogo... co que disfrutaron as rapazas e os rapaces da Mariña dende antigo. Hei de vos comentar que "A Mariña" é a parte de costeira de Galicia que está a carón de Asturias. Pois iso, nesa zona cantaban e bailaban O BOLERO, e alí mesmo, nunha desas aldeas foi que os músicos de Chouteira o adeprenderon e decidiron cantalo polos palcos do país.


O que di a cantiga:

Pra baila-lo bolero
non fai falta maña
escolle-la parella
con moita elegancia.

Baila meu bolero
boleiriño baila,
baila meu bolero 
bolero da ialma

Bolero da aialma
bolero divino (bis)
Baila o meu bolero 
bailao comigo (bis)