xoves, 17 de maio de 2018

O violonchelo de Mario

Mario, o noso compañeiro, tróuxonos un agasallo. Achegouse á escola cargado co seu prezado violonchelo. Aproveitaremos a estupenda situación para coñecermos polo miúdo as posibilidades deste instrumento.




 O violonchelo é un instrumento de "corda frotada". Fíxate ben na imaxe para descubrires as súas distintas pezas.







Johann Sebastian Bach hai 300 anos escribiu música marabillosa  para este instrumento.
Escoita este Preludio para a Suite nº 1 interpretado por un dos máis grandes violonchelistas do século XX:  Mtislav Rostropovich. Foi unha persoa moi especial, un instrumentista virtuoso, un estupendo director, un inspirado compositor e, o máis importante, unha persoa moi comprometida socialmente. Como recoñecemento a ise compromiso otorgáronlle o Premio Príncipe de Asturias á Concordia.



Pau Casals foi un violonchelista catalán extraordinario. Tamén foi compositor e director de orquestra e un activista a favor dos dereitos humanos e as libertades. "El Cant dels ocells" ("O cantar dos paxaros") é unha das pezas máis coñecidas  que popularizouse grazas a moitos arranxos que el mesmo fixo, mais cómpre ter en conta que a obra non é súa senón da tradición catalá. El cant dels ocells converteuse nun símbolo de paz e liberdade ao redor do mundo, mais de xeito especial en Cataluña.




Jacqueline du Pré foi unha violonchelista británica estupenda pero con moi mala sorte. Foi unha "nena prodixio", gañou un premio internacional ós 10 anos, e ós 12 deu o seu primeiro concerto para a BBC (a Tv británica). Conseguiu gran recoñecemento como concertista, e tocou con importantísimas orquestras. Pero ós 28 anos tivo que deixar a música por mor dunha gravísima infirmidade dexenerativa (a esclerose múltiple) que provocoulle a morte moi poquiños anos despois.


Para rematar outro "neno prodixio", Yo-Yo Ma, un dos máis importantes violonchelistas actuais. De orixe chino, empezou a tocar en público desde os 5 anos. Ten moitos premios, pero o máis interesante é que gústalle tocat todo tipo de música. Actualmente ten un grupo no que xuntou a músicos de diferentes paises tocando instrumentos ben distintos e, pásmate, unha das persoas que toca no seu grupo é a gaiteira ourensá Cristina Pato.






Neste derradeiro enlace poderemos disfrutar do traballo do coreógrafo Nacho Duato. Para celebrar o aniversario de Johann Sebastian Bach imaxinou un espectáculo de danza. Rematamos a sesión coa mesma peza coa que comezamos: o Preludio da Suite nº 1 de Bach e dous bailarines no palco movéndose tal e como imaxinou Nacho Duato.


Mtislav Rostropovich

Make Google view image button visible again: https://goo.gl/DYGbub