mércores, 29 de abril de 2020

GREGUERÍAS MUSICAIS: Ramón Gómez de la Serna e Chema Madoz

Ben sei que o alumnado de sexto está a percorrer nestes días as GREGUERÍAS escritas por Ramón Gómez de la Serna, un señor moi ocurrente que decidiu expresar as súas observacións e reflexións en frases moi breves nas que mestura o humor coa metáfora e todo sobre unha estupenda base de intelixencia.

Pois que non se diga que non vos axudo a coñecer os traballos dunha persoa tan interesante. Velaquí vos deixo varios  xeroglíficos que montei coas súas greguerías. Espero que me enviedes as solucións ó correo de sempre (arcadamarga@gmail.com)








Chema Madoz é un fotógrafo contemporáneo español que utiliza a súa cámara do mesmo xeito que Gómez de la senra utilizaba o seu bolígrafo. Non fai retratos de persoas, nin paisaxes, nin reportaxes de eventos... Chema Madoz fai "poesía visual". Utilizando obxectos da vida cotiá fai composicións aparentemente sinxelas, case simples, en branco e negro... pero cando as miramos e as pensamos, non só conseguen roubarnos un sorriso (as veces ata unha gargallada), senón que nos descubren aspectos ou sensacións novas.  Velaí deixovos unha selección das súas imaxes que teñen que ver coa música.






Intenta redactar unha soa frase para cada unha destas imaxes.

domingo, 26 de abril de 2020

25 de ABRIL: CORRIDINHO E TARANTELLA. Danzas do Tempo Virado

Hoxe é día de festa. Logo de 6 semanas, hoxe 26 de abril poderedes saír a pasear e xogar polas rúas e parques. Con moito coidado. Mantendo as distancias, tomando todas as precaucións que vos recomenden.
Hoxe, mellor que ningún outro día das vosas vidas, entenderedes as emocións e sentimentos que experimentaron as  portugues@s e italian@s  cando conseguiron derrotar os gobernos fascistas que os oprimían e lles deixaran sen libertade. E así foi que o 25 de abril é unha data moi importante tanto en Italia como en Portugal.

Imaxinade, como para vos, foron momentos de alegría e de festa. A xente nas rúas , coas caras enchidas de sorrisos e con ganas de bailar. Pois iso. Hoxe imos bailar coma xente bailou nas rúas de PORTUGAL e ITALIA.



25 de abril de 1974:   PORTUGAL baila CORRIDINHO

No CORRIDINHO o instrumento fundamental, o que leva a melodía e fai mover os pes é o acordeón (ou concertina en Portugal). Xa sabedes que a este aerófono chámanlle "o piano dos pobres" polas súas posibilidades sonoras e porque podes levalo a calquer lugar para facer festa. O CORRIDINHO é un baile de  parellas, sempre agarradas e organizadas en roda.

Velaquí vos deixo a dúas rapazas que bailan na súa casa. Se vos fixades, comprobaredes que bailan dun xeito cando sona "o retrouso" (estribillo en castelán) e teñen movementos distintos cando sonan as distintas "estrofas".


Ben seguro que lle colléstedes gusto. Vouvos axudar a encher toda a vosa casa de festa. Velaí vai outro corridinho para que percorrades a cociña, o baño, a sala, o corredor dando voltas disfrutando desta música tan marchosa.





25 de abril de 1945:   ITALIA baila TARANTELLA

TARANTELLA é un baile típico italiano, sobre todo nas rexións do Sur. É un baile moi alegre, moi saltado, que se baila en parellas pero, bailadores e bailadoras teñen a libertade de facer moitos movementos ou combinacións coreográficas distintas. Sonan mandolinas e acordeóns e,  moi frecuentemente levan pandeiretas nas mans e petan nelas durante o baile.

Velaí vos deixo a este grupiño bailando unha tarantella no parque. Fixádevos nos seus movementos. Están organizados en grupos de 4 (dúas parellas) colocadas uns fronte ós outros. Cada vez que sona "o retrouso" fan un pasos, e logo van cambiando según vai cambiando a música das distintas "estrofas".





Velaquí vos queda outra versión na que podedes viaxar no espacio (hai moitas fotos de lugares preciosos de Italia). Pero tamén poderedes viaxar no tempo (hai algunhas fotografías antigas de bailadores e bailadoras doutras épocas).






Intenta responder a estas cuestións:

1) En que familia de instrumentos clasificarías o acordeón?

2) Coñeces algún outro instrumento do folklore portugués?

3) Cal é o título da canción que representa a "revolución dos claveles" portuguesa? Quen foi o seu autor?

4) En que familia de instrumentos clasificarías a mandolina?  E a pandeireta?

5) Cal é o título da canción que representa ós partisanos que venceron o fascismo italiano? 

6) O mércores 29 de Abril é o Día Mundial da Danza. Pois pensa e investiga o nome de danzas tradicionais, tendo en conta que xa tes dúas:

Corridinho, Tarantella...








domingo, 19 de abril de 2020

PASODOBRE DO TEMPO VIRADO


Como haberemos de quedarnos en casa e temos moito tempo.   Esta semana TODO O ALUMNADO (de primeiro a sexto) vai cantar. Aprenderedes o PASODOBRE DO TEMPO VIRADO. Preparéivola con letra para que poidades facer karaoke.





O alumnado de 4º e 6º haberá de procurar o xeito de acompañala co instrumento construido con refugallo que lles encargara antes das vacacións. Que alguén vos grave un vídeo "tocando" o voso instrumento e cantando esta peza.


O alumnado de 3º e 5º haberán de inventarse unha coreografía. Pedide que alguén vos grave co tlfno un vídeo bailando esta peza.

Podedes enviar as vosas gravacións a:

arcadamarga@gmail.com

E, se vos apetece e vos esmerades, poderemos utilizar este blogue para vernos, colgaremos os vosos vídeos e disfrutaremos das vosas creacións artísticas.


Por certo, tanto a música como as imaxes ou a edición están "feitas na casa". Nunha vindeira entrada xa vos explicarei como podedes facelas.


LER no Tempo Virado

23 de ABRIL, na casa, con moito tempo por diante. Cal é unha das mellores propostas para viaxar no espacio e no tempo? Exacto: LER

A tod@s gústanos que nos conten historias e contos. E ó alumnado deste cole góstalle moito lerlles ás outras persoas. Hai un tempo, na aula de música, desenvolvimos un proxecto de facermos AUDIOCONTOS. Escollimos libros que tiñamos na nosa biblioteca de aula  e os nenos e nenas prepararon a lectura e fixemos gravacións. Escaneamos as imaxes do conto e logo coa axuda do ordenador engadímoslle distintas músicas  que acompañaran a historia e suxeriran as situacións ou emocións que ían aparecendo no texto. Hoxe recuperámolos e velaí quedan para que os disfrutedes.
 
Podes escoitalos todos se clicas en audiocontos

A explicación de como fixemos e algúns datos están aquí 
 
  Estes son os libros que utilizamos neste proxecto. Todas estas historias teñen algunha relación coa música. Podes chegar a cada un deles se clicas en cadansúa imaxe. 

A)  Haberás de escoitar alomenos un conto

B) Despois, nunha folla de libreta ou nun folio, haberás de explicar en poucas palabras que relación ten coa música  a historia que escoitaches

C) Haberás de preparar unha imaxe da historia. Podes utilizar a técnica que queiras: 
* un debuxo coloreado con pinturas o rotuladores
* un "collage" con papeis, fíos, anacos de teas, macarróns coloreados, lentellas, botóns ou que ti vexas
* unha pequena "escultura" con tapas, botes, cartóns, caixiñas pequerrechas...


https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=A++banda+de+VILACENDOI++completo+1.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=que+desastre+de+flautista+COMPLETO.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=Mozart+completo.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=ALMANAQUE+MUSICAL+completo.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=Frautista+de+hamelin.mp3



https://www.dropbox.com/sh/22mhc1ndzmf93rs/AAC8nVPI5fd2bL8iY8tsXy7Ja?preview=FERDINANDO+TOTAL.mp3

O RITMO NAS MANS no Tempo Virado

Hoxe propóñovos exercitar a atención, a concentración, a memoria, xogando cunha música que vos guste.

Buscade catro folios de cores, ou calquer outro material pero fixádevos como están colocados na mesa da imaxe para poñelos igual. Escollede a música e... a xogar a imitar (ECO, como decimos en música).





Como levamos moito tempo na casa, precisamos ver mundo. Coa canción que segue podemos viaxar (mental e emocionalmente) a África. Acompañade moi atent@s ó ritmo das palmadas... hai momentos de "certa" dificultade.



POLIRRÍTMIAS no tempo virado


 PRACTICAMOS AS POLIRRÍTMIAS E AS CUALIDADES DO SON


Para repasar a DURACIÓN dos sons velaí quedan estas dúas partituras con POLIRRÍTMIAS. Lembrade que  este é o nome que lle damos a estas propostas nas que hai varios ritmos que sonan xuntos. Nas que vos presento (colgadas en youtube por Julio Payno) tedes CATRO ritmos quer sonan á vez.

Propóñovos que practiquedes cada únha por separado, cambiando cada vez de TIMBRE. É dicir que si no ritmo nº 1 tocades as palmas no nº 2 haberedes de cambiar, por exemplo patada no chan, e así tamén co 3 e o 4. Cada ritmo un timbre distinto. Escollede cada quen os sons que queirades. Podedes cambiar a INTENSIDADE se escolledes sons suaves ou sons fortes.


https://youtu.be/N3d3g2-iW94




https://youtu.be/yDmcxwF00z8



Para rematar, fíxate nas polirrítmias corporais que fan estas dúas parellas de rapaces.


Unha parella fai un ritmo, que a outra parella copia, (é dicir a segunda parella fai ECO). Logo a primeira parella fai un ritmo distinto, pero a segunda parella fai o mesmo ritmo que antes. SON POLIRRÍTMIAS sinxelas. Somentes é cuestión de práctica.

domingo, 12 de abril de 2020

NOMES, VERBOS E ADXECTIVOS nun TEMPO VIRADO

Imos xogar coas verbas. Velaí dúas listas de palabras. Haberás de relacionar cada palabra do primeiro grupo cunha do segundo.


1.- Forma parellas de palabras
2.- Intenta engadir un verbo ou un artigo para completar a frase.
3.- Intenta "rapealas" nun compás de 4 pulsos 
4.- Acompáñate con algunha percusión corporal (palmada, pegada...) que te axude a seguir ben o ritmo rapeado



Velaí un texto en galego de Magín Blanco.  Busca algo para facer un ritmo (podería ser un boli percutido sobre a mesa, ou unha palmada). Le o texto en voz alta e percute o boli coincidindo coa primeira sílaba de cada verso. Cando lle teñas pillado o truco, proba a percutir dúas veces en cada verso (no principio e no medio) 






Procura algún aparato con conexión a internet (teléfono, tablet,ordenador) e procura en Youtube o enderezo seguinte: 

MAGÍN BLANCO - NOMBRES, VERBOS Y ADJETIVOS 



 Escoita moi atentamente. Sónate algo? Ten algo que ver co que fixeches ti antes?
En que se parece? Que diferencias hai?

Co RITMO NO CORPO no TEMPO VIRADO

Levamos tanto tempo metidiñ@s nas casas que hai perigo de quedar co corpo engoumado. É preciso moverse e para iso está a música.

 Fíxate ben e imita os movementos. Podes bailar soiñ@ e aproveita para practicar o teu inglés. Somentes precisas que che deixen un aparato que teña que teña internet (tablet, teléfono, ordenador) e busca este enlace en youtube:





Procura agora unha parella. Máis ritmo no corpo pero con percusións corporais  con outra persoa. Volve outra vez a internet e busca en Youtube:






E agora un reto. Velaí un vídeo para descubrir as extraordinarias posibilidades sonoras das túas mans. Ánimo. Somentes son tres percusións que, combinadas, servirán para acompañar moitísimas cancións. Volve aa internet e practica:




 E rematamos bailando QUÉDATE EN CASA. Entra en Internet e animádevos a aprender a coreografía que propoñen en:

Quédate en casa | Coronavirus Challenge Muxasalsa



RESISTIRÉ, himno do TEMPO VIRADO


RESISTIRÉ    ben seguro que neste "Tempo Virado" tes escoitado e cantado esta canción mooooooooitas veces. 



 Promovido por Cadena 100,  máis de 30 músicos decidiron unires no aillamento de cadansúa casa e,   producidos por Pablo Cebrián conseguiron gravar este Resistiré tan participativo e solidario. Os cartos que consigan serán  para Cáritas.

Imos xogar con ela. Velaí catro frases desa canción e, ó seu carón, catro ritmos ben distintos. Haberás de relacionar cada frase co ritmo que lle corresponde.



 Agora prepárate para bailar. Imos aproveitar todo canto sabes de xeometría. Haberás de preparar unha coreografía coa canción RESISTIRÉ pero atención, o teu baile haberá de incluir a forma dun cadrado, dun triángulo e dun círculo. Pídelle a alguén da túa familia que te grave cun teléfono en envía a gravación ó e-mail da escola ó meu nome.




   Se vos apetece seguir bailando "en familia" velaquí esta coreografía presentada nun interesante titorial.


 


 Finalmente velaí deixo a letra desta canción, para que poidades cantala "en familia".