martes, 24 de novembro de 2015

WORLD MUSIC TOUR. NIGERIA: Canción de Benvida

FUNGA ALAFIA

Música de benvida

Funga Alafia é unha danza de benvida dos Yoruba, un grupo étnico de case 40 millóns de persoas que viven no Oeste de África (Nigeria, Liberia, Benín, Togo, Sierra Leona...)
En África a música ten funcións sociais moi importantes e, algunhas delas, ben distintas das que ten en Europa.  A música vai acompañada de danza e de canto: TRES NUN...  E así, música-canto-danza serven para expresar os sentimentos, para exteriorizar e comunicar aquelo que lle acontece á persoa ou ao grupo. Os movementos da danza, os acenos, forman parte dun rico linguaxe xestual que completa a información que da letra da canción. 
Todo esto sucede en FUNGA ALAFIA. O texto é ben simple: "Benvida para vós". Pero os acenos que acompañan, engaden información: "A miña mente davos a benvida, os meus ollos danvos a benvida, os meus beizos danvos a benvida, o meu corazón davos a benvida".

Esmerádevos con esta cantiga. Lembrade a cantas persoas coñecedes que houveron de marchar lonxe na procura dunha vida mellor. Lembrade a todas esas persoas que, fuxindo da guerra, da fame, da inxustiza... intentan buscar un lugar onde vivir con dignidade... FUNGA ALAFIA

Velaí a partitura


Velaí a dixitacións para que poidas practicala coa túa frauta




No enlace que segue atoparás a dixitación para frauta e tamén os acenos da danza. Fíxate ben para descobrir se hai algunha diferencia coa versión que aprendimos nós.



Escoita distintas versiós






venres, 20 de novembro de 2015

BEETHOVEN, música desde o silencio

Un breve achegamento a Beethoven, ese alemán que conseguiu transformar o seu terrible silencio en MÚSICA.

Na biblioteca da Aula de Música temos varios libros sobre este compositor:


Para descubrir máis cousas sobre Ludwig podes achegarte ao seguinte enlace. Percorre o seu escritorio e poderás escoitar a súa música ou atopar información sobre a súa música, os seus estudos, os seus amigos, os seus amores, a súa vida cotiá... e ainda facer un web-rally con preguntas.

a casa de beethoven

Hai varios "biopics" sobre a vida de Ludwig Van Beethoven. Velaí unha escea da película COPIANDO  A BEETHOVEN (Copying Beethoven) na que, además de escoitar a IX SINFONÍA, poderás comprobar como era unha sala de concertos no seu tempo.


 Nestoutro enlace poderás tocar no teclado duas partituras súas:
A Oda a Alegría, ou Para Elisa. 

partituras Beethoven

 Se queres tocar O Himno a Alegría coa túa frauta doce, velaí queda a partitura.
E tamén o enlace onde poderás practicar a dixitación.


Finalmente, disfruta con esta flashmob nunha praza da vila catalana de Sabadell.
















mércores, 18 de novembro de 2015

INSTRUMENTOS MUSICAIS

Velaí algunhas actividades para practicar o que aprendiches sobre os instrumentos musicais.

* Identifica, explica, relaciona, ordena, agrupa... e moito máis

 LIM


* Relaciona cada instrumento coa súa familia

 Xogo 1


* Resolve este encrucillado visual

 encrucillado

OS INSTRUMENTOS DA ORQUESTRA

Visitando o enlace este enlace poderás coñecer os diferentes instrumentos da orquestra. Terás información sobre os materiais cos que se constrúen, ou as distintas técnicas para tocalos. Poderás escoitalos interpretando obras ben famosas. E saberás onde se colocan para obter o mellor sonido cando tocan agrupados nunha orquestra.

 orquestra

Nestoutro enlace aprenderás a distinguir  os instrumentos atendendo a como conseguen o seu son, esto é:

CORDÓFONOS  -  AERÓFONOS  -  MEMBRANÓFONOS  -  IDIÓFONOS  -  ELECTRÓFONOS

Tamén poderás escoitar as distintas FAMILIAS:

CORDA FROTADA - CORDA PULSADA - CORDA PERCUTIDA

VENTO MADEIRA  -  VENTO METAL

PERCUSIÓN DETERMINADA - PERCUSIÓN INDETERMINADA
 Instrumentos en cuadernia

Un último enlace para aprender mais cousas sobre os instrumentos da orquestra

 Familias instrumentais

luns, 26 de outubro de 2015

CANCIÓN DE OUTONO

Unha peza sinxela para o alumnado que empeza a tocar frauta.



Se queres escoitar a peza clica AQUÍ


Se queres escoitala mentres segues a partitura clica PARTITURA EN MOVEMENTO

martes, 20 de outubro de 2015

CANTANDO E CONTANDO O MEDO. (+ Samaín, Defuntos, Magosto...)

Estamos no tempo das cabazas, das castañas, das mazás, dos cogumelos... do frío, da choiva, do vento, dos temporais... do medo, e das risas...

Velaí unha canción para disfrutar de todas e cada unha desas cousas:



E velaí a partitura coa que traballamos en clase










xoves, 8 de outubro de 2015

RENACIMENTO




Presta atención ao Vídeo seguinte e poderás coñecer algúns dos instrumentos que se utilizaron durante o RENACEMENTO.
Anota o nome do instrumento e á familia á que pertence.


Neste vídeo poderás confirmar a información que recolleste. Anota os instrumentos que recoñeces.


Na seguinte gravación poderás disfrutar dun dos músicos máis importantes da música Antigua. Anota o seu nome e tamén o título da obra que interpreta. Intenta descubrir ta mén o nome dos instrumentos que están a escoitar.


No seguinte enlace atoparás unha explicación "detallada" de como bailaban no Renacemento. Está en inglés, pero se prestas atención e coa axuda das imaxes haberás de entendelo.  Presta atención aos 4 mn que dura e logo redacta coas tuas palabras unha descripción das danzas: como colocan, como se moven...



Toma nota dos nomes das danzas e confirma como son.





Escoita a PAVANA "Belle que tiens ma vie" que bailamos en clase:


 belle que tiens ma vie



Velaí o BRANLE DAS LAVANDEIRAS, unha danza renacentista coa que disfrutamos en clase.



E un enlace para escoitala:

 Branle lavandieres


xoves, 1 de outubro de 2015

CONCERTO DE INSTRUMENTOS DE PULSO E PÚA

O alumnado de sexto acudirá a un concerto dunha "orquestra de pulso e púa". Estas agrupacións están formadas por instrumentos de corda pulsada: A GUITARRA, O LAÚDE, A MANDOLINA, A BANDURRIA.






Velaí podedes escoitar esta interesante agrupación finlandesa.





martes, 29 de setembro de 2015

EU TIÑA DEZ CANCIÑOS. Unha canción para restar

Velaí unha canción para practicar a resta. Divertímonos cantandoa no primeiro curso.


Se premes na partitura poderás escoitala. Esta é a música

 Eu tiña dez canciños

Velaí queda o texto en galego




E tamén un vídeo feito a partires do libro que utilizamos en clase, da editorial Ekaré. 
Escoita atentamente e intenta descubrir as diferencias da melodía que aprendimos na clase.





venres, 25 de setembro de 2015

EU NON SEI, unha cantiga para cantar e tocar

EU NON SEI

Unha cantiga para cantar e tocar coa frauta.

Compara estas dúas melodías. Concéntrate, observa e pensa:

MELODÍA   A


MELODÍA  B


* En que coinciden ámbalas dúas melodías?
* En que se diferencian?
* En qué compás están escritas?
* Que figuras teñen?
* Proba a tocar o seu ritmo


Ésta é a partitura que cantamos en clase. Se clicas sobre a imaxe poderás escoitala.

Eu non dei


Fíxate nesta parte. Repítese unha e outra vez: é un OSTINATO









mércores, 16 de setembro de 2015

XAN DE OUTEIRO, unha cantiga para xogar

XAN DE OUTEIRO


Velaí unha cantiga para xogarmos e divertirmos.
Aprendemos un ritmo que interpretamos con percusións corporais.

Memorizamos o texto: 
Aproveitamos o texto e facemos xogos rítmicos por parellas (palmeando), e tamén facemos xogos rítmicos en roda (desplazamentos).

Inventamos novas estrofas seguindo este esquema: pensaremos noutras parellas de animais (macho e femia) inventándolles nomes que rimen.
Transformamos o ritmo nunha melodía e memorizamos a canción.

 Xan de Outeiro






martes, 26 de maio de 2015

BLUES DO BONOBÚS

Velaí unha fácil e divertida peza para frauta

BLUES DO BONOBÚS


 blues bonobús

MIL ANOS DE CANTIGA

Alfonso X o Sabio soubo sumar habilidades, saberes e sensibilidades. Xudeos, árabes e cristianos participaron en importantísimos traballos científicos rescatando antigos textos e traducindo ao latín documentos árabes e tamén xudeos. 
Foi o autor de cantigas e cancións: AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA. Velaí déixovos a partitura simplificada da Cantiga nº 100 (Santa María Estrela do Día).
Poderemos tocala tamén nun arranxo para os instrumentos de placas. Agora velaí quédavos para que poidades tocala coa frauta.


Lembrade que cando clicades na imaxe abrides un enlace a NOTEFLIGHT. Buscade a flecha de PLAY e premede nela para escoitar a melodía 
 cantiga 100

Velaí vos queda un enlace para que  vedase como se toca coa frauta.






martes, 12 de maio de 2015

ANIMADOS

Que instrumentos musicais identificas?
Que signos musicais recoñeces?






LIVE  MUSIC




HIGH  NOTE  CLIP




BOLERO DE RAVEL



WORLD TOUR MUSIC: IRLANDA; Vendendo peixe en DUBLÍN




Velaí está. É Molly Malone, unha pesca que vendía peixe polas rúas de Dublin, ou cando menos isa é a triste historia que escoitarás cantar en tódolos pub's da verde Ireland (Irlanda, para nós). 
 
Esta é a letra da canción



E velaí queda a partitura. Lembra que, si premes na partitura, abrirase NOTEFLIGHT e cando premas no triángulo vermello do ángulo inferior esquerdo poderás escoitar a melodía ao tempo que les as notas.
 Molly Malone


E agora imos escoitala en distintas voces.
Na versión tradicional de THE DUBLINERS


Na voz de Sidnead O'Connor




Na versión de U2




E agora imos cantada nós:



IMAXES E MÚSICA

Velaí algunhas IMAXES CON MÚSICA: historias curtas pero estupendas.

SWING OF CHANGE



O VENDEDOR DE FUME





https://vimeo.com/57315645



A    LÚA



luns, 11 de maio de 2015

CANTÁDEME UN MAIO



Chegou MAIO e con él a festa da primavera das aldeas e vilas galegas. Velaí algunhas coplas do cancioneiro tradicional que falan desa festa. Lembra que si clicas na partitura abrirase o NOTEFLIGHT e poderás escoitala se premes no triángulo vermello do ángulo inferior esquerdo.

 Aí ven o maio

AÍ VEN O MAIO 

Aí vén o Maio
pra Vilariño
aí ven o Maio
saír ó camiño.

Este é o Maio
que maiño é;
este é o maio
 que anda de pé.



 Levántate Maio

LEVÁNTATE  MAIO 

Levántate  Maio
que tanto durmiches
pasou o inverno
e non o sentiches.

E víste-lo Maio
e vístelo ben;
se é que non o vistes
 velaí vos vén.   


 Maio Maio


MAIO, MAIO ENTRA DE CREGO 

Maio, maio
entra de crego
Non revolva-lo tempo xurando.
Maio, Maio
da cruz da mariña
Bótennolo maio, señores caballeros
Se non teñen maios pois bótennos diñeiro

Ahí ven o Maio pola calle do Sol
Ahí ven o maio de roubar ó valedor.
Ahí ven o Maio pola calle do Medio
Ahí ven o Maio de roubar o velo-velo.
Ahí ven o Maio pola calle de Abaixo
Ahí ven o Maio de roubar o Tirabaixo.
Ahí ven o Maio por riba das silveiras
Ahí ven o Maio de roubar ás costureiras.
Ahí ven o Maio pola calle de Arriba
Ahí ven o Maio de roubar á Maravilla.

Escoita esta cantiga na versión de NA LÚA, un grupo do Porriño que, aló polos anos 80, encheu de marcha estas coplas tradicionais.


 Aínda que a tradición dos Maios é ben antiga e celebrábabase en toda Galicia, son as provincias do Sur (Ourense e Pontevedra) onde máis e mellor permanece.

Vai seguindo o fío:   VERBAS  -   SONS   -  IMAXES
Un poeta ourensán,  Manuel Curros Enríquez, escribiu hai cento trinta e cinco anos un belísimo poema que contaba como a rapazada da súa vila, Celanova, ía cantando polas casas e mesmo pedindo algún agasallo cando chegaba o tempo dos maios. Cen anos máis tarde Luis Emilio Batallán, un rapaz de Caldas de Reis, leeu  o poema dos maios; empezou a rebulirlle nos miolos unha melodía, e converteu aquel vello poema en canción. E trinta e cinco anos despois, velaí está, agora convertido en "película".


O MAIO

Aí vén o maio
de frores cuberto ...
Puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sonvos o probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
pra min sempre é inverno! ...


Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá estonces
o maio que eu quero ...


Queredes castañas
dos meus castiñeiros? ...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos;
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.


Manuel Curros EnríquezAires da miña terra


E para rematar, imos descubrir como construiu o seu MAIO a comunidade educativa do CEIP Campolongo de Pontevedra.


luns, 27 de abril de 2015

WORLD MUSIC TOUR: NEPAL ENTRE BÁGOAS

NEPAL ENTRE BÁGOAS

Empapad@s de tristura achegámonos hoxe ao teito do mundo: NEPAL.

Deixovos un vídeo para coñecer o país que foi e a música que lles acompañou.



Fixádevos nas facianas felices das nenas ofrecendo seu baile na rúa para quen quixer se sorprender  e  disfrutar.


mércores, 22 de abril de 2015

Os STRADIVARIUS do PALACIO REAL de Madrid


O Palacio Real de Madrid garda a mellor colección de Stradivarius do mundo. E vos estaredes preguntando " eso que é"?. Pois  Antonio Stradivari foi o primeiro dunha familia de luthier (constructores de instrumentos) que viviron en Cremona (Italia) hai 300 anos. Un instrumento (e máis os de corda frotada) é un obxecto de construcción minuciosa, precisa, exacta, e complicada. Velaí podes ver, en 3 minutos, un longo proceso que dura meses (porque non boto contas dos 25 anos nos que a madeira debe secarse ata poder ser utilizada)


Pero os instrumentos feitos por Stradivarius son dunha sonoridade moi especial, espléndida. Ademais de ser obxectos de gran beleza, cunha moi delicada ornamentación. Hoxe consérvanse uns 600 instrumentos elaborados por esta familia. Para que vos fagades unha idea do seu valor, direivos que no ano 2011 foi subastado un deles por 17.000.000 dólares (si, lestes ben, 17 millóns de dólares).


Os científicos danlle moitas voltas ás causas do seu peculiar son: que si o tempo de secado das madeiras de arce e abeto; que si as condicions de corte e secado da madeira; que si a composición das distintas capas de barniz...

Semella o título dunha novela: "O misterio do barniz de Stradivarius", pero é o título do brevísimo e interesante vídeo que vos propoño.


Cando visitedes o Palacio Real, prestade moita atención e gravade na vosa memoria as imaxes deses instrumentos únicos e excepcionais. Velaí vos deixo un último vídeo para que poidades escoitalos (xa, xa sei que moito mellor sería poder escoitalos alí mesmo... pero non sei eu se será posible...)





martes, 21 de abril de 2015

Música no MUSEO

Aproveitando que o alumnado de Sexto vai facer unha excursión a Madrid, imos entrar con eles nunha das máis importantes Pinacotecas do mundo: O MUSEO DO PRADO. E neste máxico lugar faremos unha visita moi especial porque iremos na procura de cadros que "teñan música", é dicir, imos disfrutar con representacións de músicos, instrumentos e bailes ou danzas de distintas é pocas e diferentes culturas.

Empezamos cun instrumento ben coñecido para nós, moi utilizado na nosa música tradicional: a zanfoña.
O CEGO TOCANDO A ZANFONA de George La Tour


Desde o século XV ata principios do XX os músicos cantaban coplas e tocaban instrumentos polas rúas e plazas das vilas, procurándose algunhas moedas. O francés George La Tour pintou a un deles, un vello cego que apreta con forza o manubrio da súa zanfona. Podería ser unha personaxe de calquera novela picaresca. O perfil enrugado e canoso do vello cego recortado sobre un fondo escuro, contrasta co instrumento que ocupa gran parte da imaxe, e está pintado con gran detalle e fortemente iluminado. O aspecto desaliñado, a probreza das roupas sorpréndenos pola delicadeza da cinta rosa do instrumento. 
Disfruta do cadro e, mentres escoitas"O Romance de don Gaiferos" interpretado por Faustino Santalices, e poderás sentilo tal e como sonou polas feiras e prazas durante moitos séculos.




EL  OÍDO de Pedro Pablo Rubens


Euterpe, a musa da música,  está representada tocando un laúde no salón dun elegante pazo. No seu redor, gran variedade de instrumentos, partituras, obxectos sonoros (reloxos, campaiñas, trompas de caza...), paxaros... No fondo á esquerda hai un grupo que toca música. Nas paredes hai cadros que representan historias mitolóxicas que teñen que ver coa música: "O concerto dos Deuses", " Orfeo dominando ás feras coa súa música" ou " O anuncio dos ánxos aos pastores".
Se clicas aquí ( Canon )  poderás escoitar como sona unha das partituras que está representada no cadro.


  O BAILE NA BEIRA DO MANZANARES de Francisco de Goya


En 1777 Francisco e Goya pintou este cadro que ía a ser a "plantilla" para un tapiz que adornaría un salón no pazo dos Príncipes de Asturias. Representa un grupo de madrileños bailando entretidos nun día de festa na beira do Río Manzanares. Guitarra, bandurria, palmas, voz... é música popular, aínda que os bailadores e bailadoras parecen un pouco tesos.

O cineasta Carlos Saura adicou unha película a amosar a vida de Goya e do Madrid do seu tempo. Presta atención e descobre como recrea a festas de San Isidro.



O XARDÍN DAS DELICIAS de O Bosco


Este enigmático cadro é unha das xoias do Museo.  Segue este enlace   Audioguía infantil   e atoparás unha estupenda explicación que te axudará a entendelo.

Agora xa sabes que para o Bosco a Música era algo maligno. Velaí alguns detalles dese Inferno Musical.



Entre as extranas figuras que imaxinou este sorprendente holandés (Hieronymus Bosch - O Bosco) hai un home que ten unha partitura musical marcada no seu cu.

Esa partitura sona así: