martes, 21 de abril de 2015

Música no MUSEO

Aproveitando que o alumnado de Sexto vai facer unha excursión a Madrid, imos entrar con eles nunha das máis importantes Pinacotecas do mundo: O MUSEO DO PRADO. E neste máxico lugar faremos unha visita moi especial porque iremos na procura de cadros que "teñan música", é dicir, imos disfrutar con representacións de músicos, instrumentos e bailes ou danzas de distintas é pocas e diferentes culturas.

Empezamos cun instrumento ben coñecido para nós, moi utilizado na nosa música tradicional: a zanfoña.
O CEGO TOCANDO A ZANFONA de George La Tour


Desde o século XV ata principios do XX os músicos cantaban coplas e tocaban instrumentos polas rúas e plazas das vilas, procurándose algunhas moedas. O francés George La Tour pintou a un deles, un vello cego que apreta con forza o manubrio da súa zanfona. Podería ser unha personaxe de calquera novela picaresca. O perfil enrugado e canoso do vello cego recortado sobre un fondo escuro, contrasta co instrumento que ocupa gran parte da imaxe, e está pintado con gran detalle e fortemente iluminado. O aspecto desaliñado, a probreza das roupas sorpréndenos pola delicadeza da cinta rosa do instrumento. 
Disfruta do cadro e, mentres escoitas"O Romance de don Gaiferos" interpretado por Faustino Santalices, e poderás sentilo tal e como sonou polas feiras e prazas durante moitos séculos.




EL  OÍDO de Pedro Pablo Rubens


Euterpe, a musa da música,  está representada tocando un laúde no salón dun elegante pazo. No seu redor, gran variedade de instrumentos, partituras, obxectos sonoros (reloxos, campaiñas, trompas de caza...), paxaros... No fondo á esquerda hai un grupo que toca música. Nas paredes hai cadros que representan historias mitolóxicas que teñen que ver coa música: "O concerto dos Deuses", " Orfeo dominando ás feras coa súa música" ou " O anuncio dos ánxos aos pastores".
Se clicas aquí ( Canon )  poderás escoitar como sona unha das partituras que está representada no cadro.


  O BAILE NA BEIRA DO MANZANARES de Francisco de Goya


En 1777 Francisco e Goya pintou este cadro que ía a ser a "plantilla" para un tapiz que adornaría un salón no pazo dos Príncipes de Asturias. Representa un grupo de madrileños bailando entretidos nun día de festa na beira do Río Manzanares. Guitarra, bandurria, palmas, voz... é música popular, aínda que os bailadores e bailadoras parecen un pouco tesos.

O cineasta Carlos Saura adicou unha película a amosar a vida de Goya e do Madrid do seu tempo. Presta atención e descobre como recrea a festas de San Isidro.



O XARDÍN DAS DELICIAS de O Bosco


Este enigmático cadro é unha das xoias do Museo.  Segue este enlace   Audioguía infantil   e atoparás unha estupenda explicación que te axudará a entendelo.

Agora xa sabes que para o Bosco a Música era algo maligno. Velaí alguns detalles dese Inferno Musical.



Entre as extranas figuras que imaxinou este sorprendente holandés (Hieronymus Bosch - O Bosco) hai un home que ten unha partitura musical marcada no seu cu.

Esa partitura sona así:


Ningún comentario: