domingo, 22 de xaneiro de 2017

WORLD MUSIC TOUR. MEDITERRANEO


 ALEPO, SIRIA



ANTES DE DESPOIS



ILLAS GREGAS



NALGÚNS CURRUNCHOS DE TURQUÍA, GRECIA E OS BALCÁNS



NALGÚN ESTUDO DE GRAVACIÓN CATALÁN



MEDITERRANEO
(Joan Manuel Serrat)

Quizás porque mi niñez
sigue jugando en tu playa
y escondido tras las cañas
duerme mi primer amor,
llevo tu luz y tu olor
por dondequiera que vaya,
y amontonado en tu arena
guardo amor, juegos y penas.
Yo, que en la piel tengo el sabor
amargo del llanto eterno
que han vertido en ti cien pueblos
de Algeciras a Estambul
para que pintes de azul
sus largas noches de invierno.

A fuerza de desventuras,
tu alma es profunda y oscura.
A tus atardeceres rojos
se acostumbraron mis ojos
como el recodo al camino.

Soy cantor, soy embustero,
me gusta el juego y el vino,
tengo alma de marinero.

Qué le voy a hacer, si yo
nací en el mediterráneo.
Y te acercas, y te vas
después de besar mi aldea.

Jugando con la marea
te vas, pensando en volver.

Eres como una mujer
perfumadita de brea
que se añora y que se quiere
que se conoce y se teme.
Ay, si un día para mi mal
viene a buscarme la parca,
empujad al mar mi barca
con un levante otoñal
y dejad que el temporal
desguace sus alas blancas.
Y a mí enterradme sin duelo
entre la playa y el cielo...
En la ladera de un monte,
más alto que el horizonte.
quiero tener buena vista.

Mi cuerpo será camino,
le daré verde a los pinos
y amarillo a la genista.
Cerca del mar porque yo
nací en el mediterráneo.

luns, 16 de xaneiro de 2017

WORLD MUSIC TOUR: BRASIL - Atopar formigas no mercado

Hoxe visitamos BRASIL


 
Escomenzamos xogando con ritmos. Imitamos e reproducimos con palmadas:



Moito máis sinxelo é o que haberemos de facer cos pés:


Organizados en dous grupos, cada grupo interpreta un esquema rítmico pero soarán ámbolos dous ó mesmo tempo. Se practicamos ben concentrados conseguiremos reproducir os dous ritmos á vez.


Engadiremos un novo esquema rítmico que faremos palmeando nas pernas:


Organizados en tres grupos tocaremos os tres esquemas rítmicos que soarán así:


Agora chega o tempo de xogar coas palabras. Buscaremos palabras que rimen:

CAFÉ -  PÉ
ARROZ - VOZ
POMELO - DEDO
LENTELLAS - ORELLAS

Organizados en dous grupos, seguiremos xogando coas palabras. Desta vez vai ser pregunta e resposta: un grupo pregunta e o outro responde.

PREGUNTA:   Fun ao mercado a buscar ... café / arroz / pomelo / lentellas
RESPOSTA:   E unha formiguiña picoume nun ... pé / voz / dedo / orellas

Introducimos un retrouso logo de cada serie

Eu sacudín, sacudín, sacudín
pero a formiguiña non deixaba de subir
 
Engadimos unha melodía e convertiremos as rimas en canción:



Agora que xa aprendimos a melodía, imos a xogar coa grafía. Fai por poñer en orde os distintos fragmentos da partitura.

       1       

2

3

4


Poderías tocala coa túa frauta

* Cantas notas distintas ten?
* Cal é a nota máis aguda? E a máis grave?
*  Cal é a nota aguda máis curta? En que compás está?


O colectivo musical  galego MARÍA FUMAÇA ten editada unha estupenda versión desta canción




Aprendida a canción na versión de María Fumaça, haberemos de disfrutala máis ainda se nos poñemos en danza. Organizados en parellas, veremos de inventar unha coreografía de percusións corporais para a parte cantada, "sacudíndonos" mutuamente durante o retrouso, e bailando "en muiño" na parte instrumental.


Pero esta é unha canción que cantan os meniños e meniñas do BRASIL, un país que está máis aló do Atlántico. Físicamente están moi lonxe, pero as suas xentes enténdense nunha lingua moi semellante á nosa.
Presta atención e fai por descubrir as semellanzas e diferencias coa cantiga de María Fumaça. Velaí vai un apuntamento para axudar na análise da canción.


* Como é o texto?
* Como é a melodía?
* Como é o "tempo"?
* Que instrumentos sonan?



Prestade atención a esta versión do QUINTAL MUSICAL.

* Que instrumentos utilizan?
* A que familias musicais pertencen?
* Como se chama a técnica musical que utilizan no xilófono?


domingo, 8 de xaneiro de 2017

XOGUETES MUSICAIS

Estamos no tempo do xogo e dos xoguetes. Ocórreseme que poderemos buscar relacións entre a música e os xoguetes.

 Facer música con xoguetes 
Unha primeira opción consiste en facer música con xoguetes. Esa é a proposta de Juan Manuel Ruétalo Luccini. Velaí o seu vídeo. Presta atención para poder contestar:

 * En que compás está a melodía?


 Un pouco máis elaborado é o traballo de Pascal Ayerbe. Haberás de concentrarte para non equivocarte.

* Cantos xoguetes utiliza para tocar a súa melodía?
* Cal é o xoguete que máis veces sona?
* Poderías escribir o ritmo que fai o bote?


En inglés " tocar música" dise "play music"... nesa lingua o mesmo verbo pode tamén significa "xogar". Pois os músicos do grupo METALLICA decidiron xogar e, nun programa de tv no que estaban invitados, puxéronse a interpretar unha das suas cancións con instrumentos de xoguete. Velaí o vídeo. 

* Averigua o nome do estilo musical deste grupo.

* Busca a versión orixinal e escribe cantos músicos son,
 e o nome dos intrumentos que utilizan habitualmente





A música representa ós xoguetes

Outra opción é coñecer si nalgunha ocasión a música intentou  representar ou imitar a algún xoguete. Pois si, hai un lote de exemplos. O francés Georges Bizet, inspirándose na infancia escribiu  Xogos de nenos, unha colección de pezas sobre os xoguetes e xogos infantís do seu tempo. Velaí quedan duas gravacións que haberás de visionar atentamente.

* Que relación existe entre os dous vídeos?

* Explica o significado das liñas de cores.  

* Que xoguete representa? ... Unha pista, en fracés chámanlle  "poupée"




 

* En que "tempo está inerpretada esta peza? Escolle entre un dos termos seguintes:



Seguiremos con Bizet. Outra  gravación musical que representa un xoguete. Esta vez xa cho descubro eu: a música describe unha buxaina; pero fíxate ben porque teño  para ti outras tarefas que haberás de resolver.


* Agora que xa sabes algo máis da representación de cores, explica que representan as escaleiras de cores, e as liñas largas.




* Estas dúas pezas de Bizet están interpretadas dun xeito ben curioso. Utiliza a rede e descubre cal é o nome desta técnica de interpretación

* Haberás de averiguar cantos anos viviu Bizet.