domingo, 22 de outubro de 2017

MAGOSTO: como se fai?

MAGOSTO: como se fai?

Estamos no tempo dos MAGOSTOS, unha festa tradicional galega, pero que tamén se celebra en Asturias, en León, en Zamora, en Salamanca, en Cáceres, en moitos lugares de Portugal... alí onde hai castañas a xente xúntase para asalas e comelas.


Susa Herrera unha pedagoga musical e compositora preparou unha cantiga para contar polo miúdo que é e como se fai un MAGOSTO.
Clica na imaxe para escoitar a melodía

https://dl.dropboxusercontent.com/s/n22dalihib4ad6j/Tempo_de_castanas_completo.mp3?dl=0




 Pero tamén temos outro xeito de cantar-e-contar esta festa.
Velaquí O RAP DO MAGOSTO de Paco Nogueiras.





ESQUELETOS, O EXORCISTA: tocar a frauta no SAMAÍN

ESQUELETOS, O EXORCISTA: tocar a frauta no SAMAÍN

OS ESQUELETOS é unha cantiga infantil que xa coñeces. Noutro curruncho deste blogue podes atopala e cantala en distintos idiomas, se clicas AQUÍ

Velaquí queda a partitura elaborada por Paula Oliva,  para que te animes a tocala coa túa frauta.

http://paolaoliva.wix.com/los-esqueletos




E velaí o vídeo que vos axude coa dixitación




Completamos esta escura proposta cunha película para pasar mooooooito medo.
 Moitas persoas gostan do CINE DE TERROR. Nesto do canguelo unha das películas que máis berros sobresaltos ten provocado desde 1973 é  O EXORCISTA.  É o que os cinéfilos chaman "unha película de culto", copiada mil e unha veces. A película débelle unha parte do seu éxito ó tema musical composto polo músico inglés Mike Oldfield.



Neste enlace atoparás o tema musical da película







Aquí tes partitura


E a dixitación para frauta


mércores, 18 de outubro de 2017

MANTO DE CINZA PARA UN PAXARO DE PEDRA

MANTO DE CINZA PARA UN PAXARO DE PEDRA

Velaí unha adaptación dun fermoso conto recollido por Pedro Pablo Sacristán na web "Cuentos para dormir". 
Se clicas nas imaxes atoparás os sons que escoitamos na aula.


Hai moito tempo houbo un paxaro de pedra. Forte, fermoso e máxico vivía moi perto dunha espesa fraga que cubría as ladeiras dos montes e arrodeaba un val cuberto de fincas e viñas. O paxaro disfrutaba, abraiado, de tan espléndido lugar. Sentíase feliz. Amoláballe un pouco non poder voar; como era tan pesado as súas ás non podían levantalo e somentes podía camiñar polo chan. Pero soubo disfrutar do que tiña sen máis. Gostaba moito cando recoñecía as distintas follas que caían e se pochaban: esta de bordos lobulados é de carballo, as de bordos coma dentes de serra cairon do castiñeiro, as que teñen picos e pinchan son as do acibro...  . Tamén pasaba tempo mirando como as formigas e as vacalouras percorrían os carreiros entre as raiceiras das carqueixas. Nalgunhas ocasións vía pasar ó xabarín, fozando na terra co seu fuciño na procura dalgún alimento. Outras veces entretíñase coas carreiras do raposo tras das lebres ou coellos.  Pasaba tempo mirando como as outras aves carrexaban pauciños para facer os seus niños entre as uces e xestas... Daquela pasábao ben, ainda que tiña un gran desexo: devecía por voar sobre as arbres para disfrutar de tan magnífico lugar por enriba.




Un día, nun curruncho da fraga escomezaron a medrar unhas vibrantes lapas. Eran poucas no principio, pero rápidamente arrimáronse ás follas secas do chan e medraron formando unha alfombra de lume. De seguido as faiscas enleáronse coas carqueixas, coas uces, coas xestas, cos toxos... mesmo lamberon a cortiza das arbres e abanearon as polas saltando dunha para outra ata arrodear a fraga por completo.

https://www.youtube.com/watch?v=Ozmif9BbcVQ

Os animais intentaron fuxir. Algúns conseguíronno. Pero moitos deles non foron quen de atopar a saída daquel inmenso forno. Tiñan que saltar sobre un chan que ardía. O fume era tan denso que non podían ver nada; as cinzas entrábanlles nos ollos e secaban as suas gorxas. Os animais, as arbres, as plantas que aló vivían... todos desapareceron.

Somentes quedou o paxaro de pedra. O lume so conseguiu tinguilo de negra cinza. Cando desapareceu o fume, o paxaro de pedra non podía crer o que vían os seus ollos...  Unha manta de cinzas e carbón cubría as ladeiras dos montes e arrodeaba aquel val cuberto de fincas e viñas. Unha inmensa tristura veu a encher o seu corpiño de pedra, e botouse a chorar.


Chorou, chorou durante horas, días, semanas. Ás bágoas saían dos seus ollos como a auga nace nunha fonte. E tanto chorou que as bágoas comenzaron a desfacer o seu corpo  de pedra. As bágoas disolveron as súas ás, as súas patas, o seu pico, a súa panza... desapareceu o paxariño de pedra e somentes quedou unha poza de auga no chan. 
Pero a calor do sol evaporou aquela pociña de bágoas e converteuna nunha pequena nube que voou por riba das arbres e dos prados. O paxaro de pedra, transformado en nube, por fin puido ollar as arbres desde máis alto. E desde aquela, esa nube viaxa para coñecer tódolas fragas, soutos, bosques, selvas e sabanas da terra, moi atenta para levar a súa choiva aló onde algunha árbore escomeze a arder co lume.