A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
A danza é o mellor xeito de facer visible o invisible.
Samoth é unha danza de Israel. Unha sinxela melodía formada por dúas frases e que engaiolan e enredan.
A coreografía é ben sinxela. Na web de "Danzas del Mundo" atoparás unha explicación da danza, pero ben seguro non esqueciches que bailamos nunha roda collidos das mans. Velaí tes os debuxos que axudarán a lembrar os diferentes pasos da coreografía.
A música forma parte da vida das persoas pero poderiamos saber quen fixo música por vez primeira, onde e cando? Pois non, pero si temos a certeza de que a música tivo gran moi importancia na vida cotiá.
Imaxinade que precisamos comida e imos cazar. A nosa tribu organízase e mentres un grupo fai ruido con paus e pedras para asustar unha manada e conseguir encauzalos ata un curruncho no que preparamos unha trampa e onde outro grupo está agardando para matalos coas lanzas o as frechas. Despois, para celebralo teremos unha paparota e bailaremos acompañándonos dos mesmos paus e pedras e, incluso, simularemosos mesmos movementos que fixeramos para cazar... Na véspera da vindeira cacería bailaremos outra vez para conseguir a protección e axuda dos espíritus máxicos. Se temos que moer o grao machacando con paus, é mellor facelo entre varias persoas, e marcar o ritmo con música faino máis doado...
A música na PREHISTORIA
Neste enlace atoparás información sobre instrumentos musicais prehistóricos
O Nilo, as pirámides, os templos, a esfinxe... Unha impresionante cultura que durante 5.000 anos medrou nas marxes do río máis grande do planeta.
Neste vídeo atoparás información sobre cando, como e por que facían música en EXIPTO no tempo dos faraóns
Velaí unha das orixes da nosa cultura. Hai 2.500 anos nas ribeiras do Mediterráneo xurdiu un xeito de entender o mundo, un xeito organizarse e de vivir do que, aínda hoxe, somos herdeiros.
No seguintes enlaces poderás te achegar á música na GRECIA ANTIGA
Os romanos son parte de nós: debémoslles a fala, o modelo de leis e de organización social, a organización do territorio, e o modelo de vivendas e de vías de comunicación... desde os días da semana ata as festas do calendario...
Neste outro atoparás información sobre a música no tempo do IMPERIO ROMANO
WORLD MUSIC TOUR. A INGLATERRA de Shakespeare. A FEIRA DE SCARBOURGH
Ímonos de feira. Habemos de percorrer a Feira de Scarbough, unha pequena vila do Norte de Inglaterra.
No século XVI (nos tempos de Shakespeare) durante 45 días mercaderes e paisanos achegábanse a esta pequena vila para intercambiar ou adquirir todo tipo de productos ou mercadurías. Hamlet (un dos mais famosos personaxes de Shakespeare) percorre a feira de Scarbourgh e merca unha daga. Pois aló imos.
A nosa cantiga é unha antiga melodía con moitas versións. Nunha delas o namorado recorda a moza que coñeceu na feira de Scarbourgh. A letra é moi extraña; en tódalas estrofas repite o nome de varias plantas aromáticas: Parsley, sage, rosemary and Thyme (perexel, salvia, romero e tomillo). Hai quen di que, con esas plantas,daquela facían unha pócima para namorar.
Velaí unha versión especialmente doce e co texto en castelán
Velaí a partitura para frauta doce
Neste enlace poderás seguir a partitura e practicar a dixitación
Na web "LA FLAUTA VIAJERA" atoparás un montón de actividades con esta melodía.
Para acceder a Scarbourgh fair haberás de escoller a arpa que está colocada no mapa do mundo sobre as Illas Británicas.
Se decides cantala, velaí tes un vídeo coa letra na versión que fixeron hai un lote de anos o duo Simon e Garfunkel
Pero esta melodía ten engaiolado aos músicos máis diversos. Mago de Oz, un grupo de rock duro (heavy metal) fixo esta versión
Funga Alafia é unha danza de benvida dos Yoruba, un grupo étnico de case 40 millóns de persoas que viven no Oeste de África (Nigeria, Liberia, Benín, Togo, Sierra Leona...)
En África a música ten funcións sociais moi importantes e, algunhas delas, ben distintas das que ten en Europa. A música vai acompañada de danza e de canto: TRES NUN... E así, música-canto-danza serven para expresar os sentimentos, para exteriorizar e comunicar aquelo que lle acontece á persoa ou ao grupo. Os movementos da danza, os acenos, forman parte dun rico linguaxe xestual que completa a información que da letra da canción.
Todo esto sucede en FUNGA ALAFIA. O texto é ben simple:"Benvida para vós". Pero os acenos que acompañan, engaden información: "A miña mente davos a benvida, os meus ollos danvos a benvida, os meus beizos danvos a benvida, o meu corazón davos a benvida".
Esmerádevos con esta cantiga. Lembrade a cantas persoas coñecedes que houveron de marchar lonxe na procura dunha vida mellor. Lembrade a todas esas persoas que, fuxindo da guerra, da fame, da inxustiza... intentan buscar un lugar onde vivir con dignidade... FUNGA ALAFIA.
Velaí a partitura
Velaí a dixitacións para que poidas practicala coa túa frauta
No enlace que segue atoparás a dixitación para frauta e tamén os acenos da danza. Fíxate ben para descobrir se hai algunha diferencia coa versión que aprendimos nós.
Un breve achegamento a Beethoven, ese alemán que conseguiu transformar o seu terrible silencio en MÚSICA.
Na biblioteca da Aula de Música temos varios libros sobre este compositor:
Para descubrir máis cousas sobre Ludwig podes achegarte ao seguinte enlace. Percorre o seu escritorio e poderás escoitar a súa música ou atopar información sobre a súa música, os seus estudos, os seus amigos, os seus amores, a súa vida cotiá... e ainda facer un web-rally con preguntas.
Hai varios "biopics" sobre a vida de Ludwig Van Beethoven. Velaí unha escea da película COPIANDO A BEETHOVEN (Copying Beethoven) na que, además de escoitar a IX SINFONÍA, poderás comprobar como era unha sala de concertos no seu tempo.
Nestoutro enlace poderás tocar no teclado duas partituras súas:
A Oda a Alegría, ou Para Elisa.
Se queres tocar O Himno a Alegría coa túa frauta doce, velaí queda a partitura.
E tamén o enlace onde poderás practicar a dixitación.
Finalmente, disfruta con esta flashmob nunha praza da vila catalana de Sabadell.
Visitando o enlace este enlace poderás coñecer os diferentes instrumentos da orquestra. Terás información sobre os materiais cos que se constrúen, ou as distintas técnicas para tocalos. Poderás escoitalos interpretando obras ben famosas. E saberás onde se colocan para obter o mellor sonido cando tocan agrupados nunha orquestra.
Nestoutro enlace aprenderás a distinguir os instrumentos atendendo a como conseguen o seu son, esto é: CORDÓFONOS - AERÓFONOS - MEMBRANÓFONOS - IDIÓFONOS - ELECTRÓFONOS Tamén poderás escoitar as distintas FAMILIAS: CORDA FROTADA - CORDA PULSADA - CORDA PERCUTIDA VENTO MADEIRA - VENTO METAL PERCUSIÓN DETERMINADA - PERCUSIÓN INDETERMINADA
Un último enlace para aprender mais cousas sobre os instrumentos da orquestra