A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
FOGO NICOLÁS, un trabalinguas para petar, cantar e bailar.
Escomenzamos facendo ritmos con percusións corporais:
Logo engadimos unha sinxela melodía e acompañamos as percusións cun texto: UN TRABALINGUAS.
Velaí o texto completo
Esta é a versión recollida no disco "MÚSICAS PARA SEMENTE".
O gaiteiro Xosé Manuel Budiño foi un dos responsabeis do proxecto educativo multidisciplinar "CELTICS ROOTS" que en 2010 uniu a escolares galegos, irlandeses e británicos. Deste proxecto saiu un CD-ROM e un DVD recopilatorio de músicas tradicionais interpretadas polos escolares. FOGO NICOLÁS é unha desas pezas. Velaí un enlace para que poidades disfrutala e descubrir que diferencias presentan ámbalas dúas versións.
Agora que xa coñeces a peza, intenta resolver o seguinte pasatempo: Ordena os fragmentos musicais para reproducir a melodía.
Esta é a CANTUTA, unha preciosa flor que medra silvestre durante todo o ano nas serras templadas dos Andes. Como é a única flor que resisteas inclemencias do tempo, os INCAS pensaban dela
que tería o augua necesaria para acompañar aos defuntos na súa derradeira viaxe. Os INCAS adícaronlle esta planta ao sol e considerábana sagrada. Hoxe é a flor nacional de Perú e Bolivia.
A FLOR DA CANTUTA é unha cantiga tradicional peruana. Podes cantala, aprender a letra, aprender linguaxe musical xogando con ela e tamén aprender a tocala coa frauta se premes na imaxe
Velaí queda a partitura e maila letra
Podes tocala cun acompañamento musical se premes AQUÍ
O BOLERO é unha cantiga, é un baile, é un xogo... co que disfrutaron as rapazas e os rapaces da Mariña dende antigo. Hei de vos comentar que "A Mariña" é a parte de costeira de Galicia que está a carón de Asturias. Pois iso, nesa zona cantaban e bailaban O BOLERO, e alí mesmo, nunha desas aldeas foi que os músicos de Chouteira o adeprenderon e decidiron cantalo polos palcos do país.