A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
SOPA DE CABAZA é un conto de Helen Cooper no que hai tres amigos: un gato, un esquío, un pato. Tamén hai unha cabaña nun xardín con cabazas, unha pota con sopa e unha culler. Os personaxes descobren distintas emocións e afrontan conflictos: ciumes, enfado, fuxida, medo, remorsos, amistade, complicidade, colaboración... e pola noite sonarán unha gaita, un banjo e unha voz.
O alumnado do CEIP Marqués de Estella tamén gustou moito deste conto, e decidiron facer unha gravación. Velaí queda o seu traballo.
Lembra as actividades que fixemos na clase e resolve:
A Literatura é unha manifestación artística baseada no uso da Linguaxe. A linguaxe serve para inventar contos, narracións, novelas, obras de teatro, poesía... e CANCIÓNS. Nunha canción as palabras e a música enrédanse e mergúllanse unha na outra. A calidade desa aperta é o que teñen valorado os 18 membros da Academia Sueca para lle otorgaren o Premio Nobel de Literatura a Bob Dylan.
Por vez primeira un cantautor recibe esta homaxe; un músico a quen lle premian por
“ter creado novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción americana... Durante 54 anos, Dylan estivo a se reinventar creando unha nova identidade...
Moitas das suas cancións convertéronse en Himnos a favor dos Dereitos Humanos ou en contra da Guerra do Vietnam. En 1963a sua canción Blowing in the wind fíxose popular en todo o mundo.
FOGO NICOLÁS, un trabalinguas para petar, cantar e bailar.
Escomenzamos facendo ritmos con percusións corporais:
Logo engadimos unha sinxela melodía e acompañamos as percusións cun texto: UN TRABALINGUAS.
Velaí o texto completo
Esta é a versión recollida no disco "MÚSICAS PARA SEMENTE".
O gaiteiro Xosé Manuel Budiño foi un dos responsabeis do proxecto educativo multidisciplinar "CELTICS ROOTS" que en 2010 uniu a escolares galegos, irlandeses e británicos. Deste proxecto saiu un CD-ROM e un DVD recopilatorio de músicas tradicionais interpretadas polos escolares. FOGO NICOLÁS é unha desas pezas. Velaí un enlace para que poidades disfrutala e descubrir que diferencias presentan ámbalas dúas versións.
Agora que xa coñeces a peza, intenta resolver o seguinte pasatempo: Ordena os fragmentos musicais para reproducir a melodía.
Esta é a CANTUTA, unha preciosa flor que medra silvestre durante todo o ano nas serras templadas dos Andes. Como é a única flor que resisteas inclemencias do tempo, os INCAS pensaban dela
que tería o augua necesaria para acompañar aos defuntos na súa derradeira viaxe. Os INCAS adícaronlle esta planta ao sol e considerábana sagrada. Hoxe é a flor nacional de Perú e Bolivia.
A FLOR DA CANTUTA é unha cantiga tradicional peruana. Podes cantala, aprender a letra, aprender linguaxe musical xogando con ela e tamén aprender a tocala coa frauta se premes na imaxe
Velaí queda a partitura e maila letra
Podes tocala cun acompañamento musical se premes AQUÍ