xoves, 11 de maio de 2017

BALLET. A MORTE DO CISNE

O ballet clásico é unha das modalidades de danza máis complexas. Non só as coreografías, senón os movementos do corpo están perfectamente establecidos. Imos averiguar algo sobre o ballet:
BALLET


 Os movementos básicos


E as posicións básicas


Os bailarines e bailarinas han de traballar moitísimo para conseguir a perfección e exactitude dos seus movementos. Hai compañías, ademais de maravillarnos coa beleza dos seus corpos en acción, sorpréndennos coa imaxinación, a creatividade e o humor das suas montaxes. Velaí unha das mellores.

 ballet trocadero


 trocadero. pas de quatre

No seguinte vídeo, a bailarina leva zapatillas cun artiluxio electrónico que, en contacto co chan, rexistra a presión e os movementos. Deste xeito consegue "debuxar" as suas pegadas.
Debuxando a danza

 debuxando a danza

A coreografía visualiza a música... as distintas músicas...
Bach + Sting + danza


Bach + Duato + danza



mércores, 10 de maio de 2017

REFUGALLO SONORO 2017

Velaí queda a "memoria visual" dos instrumentos que construiron EN FAMILIA o alumnado de 4º e 6º de Ed. Primaria. Grazas pola estupenda acollida deste proxecto que somentes pretende sensibilizar sobre dúas premisas:

* O mundo sona, e cada quén haberá de procurar os instrumentos, as melodías e as armonías da súa música.
* Viviremos mellor se aplicamos a imaxinación e a creatividade en recuperar o que desprezamos.

 PICA NA IMAXE

refugallo2017


 Ou pica aquí:   Refugallo 2017 

mércores, 19 de abril de 2017

PETAR, GOLPEAR, BATER, RAÑAR, SACUDIR... CON ODAIKO

Petar, golpear, rañar, bater, sacudir, chocar... son algunhas das moitas cousas que fan os rapaces de ODAIKO no escenario. Con eles descubrirás a enorme familia da PERCUSIÓN.



O teu corpo é música


A pel sona cando vibra


Tubos de plástico que cantan


A música tradicional sona doutro xeito



mércores, 22 de marzo de 2017

CANTIGAS VELLAS para rimar, afinar e xogar.

As cantigas que velaí deixo escoiteillelas e aprendinnas da miña nai,  e ela escoitoullelas e aprendeunas da súa... En castelán ou"galeguizadas" son cantigas para xogar.



A mesma melodía, con pequenas variacións de ritmo atendendo ao texto, é un xogo que combina atención e coordinación motriz: "ANTÓN PIRULERO". 
A persoa que dirixe o xogo (a nai) canta e acompáñase de movementos que recorden actividades (clavar, pintar, coser, tocar distintos instrumentos, plantar, cortar...). O grupo haberá de imitar os acenos, que a nai irá cambiando. A "nai" vixiará que sexan exactos. No caso de trabucarse repetidamente haberá que "pagar a prenda" que o grupo decida.


Velaí unha versión "pop"



Para xogar cos nomes e virar "na roda" vai a cantiga "JOSÉ SE LLAMABA EL PADRE".
Luis - Luisa
Manuel - Manuela
Ramón - Ramona
Juan - Juana
Pedro - Petra

Collidos das mans, o grupo xira nunha roda levando o pulso nos pés e cambiando a dirección do xiro en cada "nova familia".

Velaí queda a versión de Rosa León nos anos 80.




"A MI BURRO" é unha canción para xogar coas rimas, o movemento e a memoria. Aprendido o ritmo e a melodía, proporemos ao noso alumnado inventar a letra da canción. Haberá que buscarlle o xeito e completar cada estrofa. Faremos unha relación de "partes do corpo" e iremos completando a canción. Para cada estrofa engadiremos un aceno de xeito que, ademais de axudarnos a recordar o texto configure unha "coreografía".

Garganta - rodillas - nariz - orejas - barriga - dientes
 Velaí distintas versións. Intenta identificar en que se diferencian da que nos aprendimos.

Versión acústica



Versión rítmica


martes, 14 de marzo de 2017

WORLD MUSIC TOUR: CANADÁ nunha canoa

Desde o Atlántico ata o Pacífico, inmensos bosques, centos de lagos, incontables rios e regatos, enormes cadenas montañosas...  Canadá, o segundo país máis grande do mundo, onde viviron durante milenios poboacións indíxenas ata que expedicións francesas e inglesas ocuparon o territorio.


Imos disfrutar desta natureza tan salvaxe cunha viaxe en canoa.

Comezamos por interpretar distintos ESQUEMAS RÍTMICOS.
A - Estalando os dedos
B - Palmadas
C - Nos muslos
D - Cos pés

O esquema completo será  A B C D

Unha vez aprendido farémolo en CANON a 2

A B C D
           A B C D

Presentamos o texto en inglés

My paddle's keen and bright
flashing with silver,
follow the wild goose flight,
dip, dip and swing.

Meu remar é firme e luminoso,
resplandecente como a prata, 
segue o vóo dunha pantasma, 
entra e abanéase.

E tamén a MELODÍA:


E un OSTINATO
 
Podemos propor ao alumnado inventar unha nova letra.

"Vou río abaixo nunha canoa,
o vento zoa ó meu carón,
montañas brancas, e verdes leiras
todo é silencio en derredor"

E para remate final, interpretemos a CANOE SONG cos instrumentos da aula.



domingo, 5 de marzo de 2017

POBRE CLEMENTINA, outro conto para cantar


Que pasa coas historias despois de "e comeron perdices"?
Adela Turin e Nella Bosnia narran como as tartarugas Arturo e Clementina coñécense, namóranse e... a vida vai pasando.


Este é un dos "contos con cantos" que nos encantan e disfrutamos na aula de música desde hai moitos anos.

Aprenderemos a melodía de Vicente Gil recollida nun libro de texto para 6º curso da Ed. SM. Convertirémola nun retrouso co que fiaremos toda a historia.




Para rematar a historia temos duas estrofas máis que cantamos coa mesma melodía.


Se queres lembrar a melodía pica  AQUÍ

E si queres escoitar o conto narrado polo alumnado dunha escola pica na imaxe.


domingo, 12 de febreiro de 2017

REFUGALLO SONORO

Remata Xaneiro e, desde hai algúns cursos, ábrese a convocatoria do REFUGALLO SONORO. O alumnado de cuarto e de sexto empezan a darlle voltas e máis voltas aos seus miolos. Remexen no faiado, no alpendre, no garaxe, nas lacenas, no alto dos armarios, buscan e rebuscan materiais para construir  o seu INSTRUMENTO MUSICAL.

Velaí algunhas ideas




















Velaí a ficha que haberedes de completar para preparar o proxecto. Lembrade que é IMPRESCINDIBLE presentar a ficha ANTES de construir o instrumento.