A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
Como temos por diante a celebración do Día da Paz e da Non violencia velaquí quedan algunhas curtametraxes de interese para visionar nas aulas con alumnado de distintas idades.
Velaquí vai outra escolma de debuxos animados "musicais". En 1935 estrenouse esta historia producida por Disney. Os habitantes do País do Jazz e do País da Sinfonía descubrirán que teñén moitísimas cousas en común.
O ruso Nikolai Rimsky-Kordakov escribiu a ópera "O Conto do Zar Saltán". O príncipe transfórmase en moscardón para visitar ó seu pai. Esta famosísima melodía é a base musical desta peza de debuxos animados.
Opéra Imaginaire é un traballo de Pascal Roulin para a televisión pública
francesa en 1993. Opéra Imaginaire contén doce
extractos dalgunhas das arias de ópera máis populares, animadas por
artistas europeos con distintas técnicas, que van desde a plastilina ás imáxes de síntese 3D.
Velaí un cachiño da Traviata (Verdi)
E a famosísima aria "La dona é mobile" que Verdi incluiu na ópera Rigoletto
Melody Street escomenzou como serie de televisión en EEUU para achegas ás nenas e nenos á musica. Logo fixeron a película, as apps e todo o demáis... Velaquí queda a súa peculiar versión do "Rondó alla turca" de Wolfang Amadeus Mozart.
No ano 1999 a empresa Disney fixo un novo traballo de animación utilizando como base fragmentos obras sinfónicas de grandes músicos. Un dos compositores seleccionados foi o americano George Gershwin. Disfrutade con esta deliciosa "Rapsody in blue"
As películas tratan das cousas que lle preocupan a xente. En 1942 o mundo estaba dividido en dous bloques enfrentados nunha Guerra Mundial e, daquela, moitas películas falaban da guerra. A acción transcurre en Casablanca, é unha cidade marroquí na costa de atlántica de África que servíu de punto de saída a moitos europeos que fuxían da guerra. Na trama mistúranse militares da Gestapo, heroes da resistencia, buscavidas con historias de amor e desamor.
Rodada completamente nun plató, é unha das películas máis famosas da historia do cine.
Millóns de persoas houberon de deixar para sempre ó seu país, ás suas xentes fuxindo das guerras que destrozaron Europa na primeira metade do século XX. Moitas destas persoas, atoparon traballo na industria cinematográfica americana. MAX STEINER, o responsable da música de Casablanca foi un deles. Este estupendo músico, que naceu en Austria, foi quen de cambiar o xeito de facer música para as películas. Escollía un fragmento musicai para identificar a personaxes, situacións ou lugares e repetía ese fragmento cada vez que a acción o pide. Nesta película utilizou dúas melodías que xorden unha e outra vez: o himno francés "A Marsellesa" que representa a loita da Resistencia contra os nazis, e a canción "As time goes by" que representa a historia de amor entre Rick e Ilsa. Por certo, a Max Steiner non lle gustaba nada de nada esta canción (que ademáis non era súa), intentou cambiala por outra, pero xa non foi posible volver a rodar a escena do bar.
Velaí a famosísima "escena do piano" na que sona a canción de amor de Rick e Ilsa.
Presta moita atención. Afina o teu ouvido para identificar esa melodía nesta "Suite" que recolle distintos fragmentos musicais da película.
* Cantas veces recoñeces a canción "As time goes by"?
* Cantas veces recoñeces "A Marsellesa"?
Agora que xa coñeces a melodía, identifica e ordena os distintos fragmentos da partitura:
Hai 24 anos, en novembro de 1995, as aventuras dun grupo de xoguetes transformaron completamente a historia do cine. Por primeira vez non se precisan nin cámaras, nin escenarios, nin actores para facer unha película. Somentes os ordenadores, as computadoras nas mans de profesionais técnicos especializados e... XA ESTÁ!
TOY STORY é o resultado do traballo dun equipo de 110 persoas ( no ano anterior fora preciso o traballo de 800 persoas para facer a película O REI LEÓN).
TOY STORY foi o primeiro gran éxito dun grupo moi activo de creadoresagrupados nunha empresa que chamaron PIXAR. Despois do éxito de TOY STORY seguiron facendo moitas das películas que tedes disfrutado: Bichos, una aventura en miniatura (1997), Toy Story 2 (1999),
Monstruos S.A. (2001), Buscando a Nemo (2003), Los Increíbles (2004),
Cars (2006), Ratatouille (2007), WALL·E (2008), Up (2009) y Toy Story 3
(2010).
Andy é un neno de 6 anos que ten moitos xoguetes: o vaquero Woody, o señor e a señora Pataca, Rex o tiranosaurio, a vaqueira Jessie, o cocho Hamm, o can Slinky, un exército de soldados de plástico... e moitos máis. O vaqueiro woody era xoguete preferido de Andy ata que polo seu aniversario recibe como agasallo o astronauta Buzz Lightyear. E así medra a trama coas liortas entre ámbolos dous xoguetes que devecen pola atención do neno.
A amistade, a rivalidade, os ciumes, a convivencia, a solidaridade, a complicidade, a reconciliación... son alguns dos aspectos que van aparecendo na historia.
Velaquí un dos temas musicais. Escoita esta versión para piano
Adicaremos esta semana a un dos máis importantes creadores do século XX: Charles Chaplin, un inglés que en dez años pasou da pobreza
absoluta a ser o home máis famoso do mundo. Actor, director, guionista, productor, músico... en 1923 chegou a ter o seu propio estudio cinematográfico onde rodaba as súas películas (somentes tiña 34 anos!) . Creou un mito universal; Charlot é o vagabundo torpe de roupas miserentas, costumes refinados e corazón sensible que padece mil penurias. Nas súas películasCharlot "sen falar", de xeito sutil e intelixente, denunciaba as inxusticias dunha sociedade desigual e cruel a través das andanzas daquel pobre desgraciado envolto en tristura que somentes pretendía
ter algo que comer, mentres procuraba
manter a dignidade.
Unha das películas de máis sona foi O RAPAZ, na que o vagabundo Charlot atópase un bebé abandoado e terase que ocupar do cativo. Velaí déixovos unha escena.
O RAPAZ
(1921)
Fillo de dous cantantes ingleses, Chaplin conta nas súas memorias que, de pequeniño, a súa nai levábao canda ela á salas onde actuaba, por non o deixar só na habitación alquilada. A música foi un elemento fundamental na súa vida: medrou entre cancións de music-hall e, sen ir a clase, aprendeu a tocar o violín. Aínda que non sabía ler música e tampouco tiña idea de composición ou orquestación, foi o responsable da música das súas películas. Traballaba con músicos profesionais e asúbiáballes ou cantáballes a melodía que tiña na cabeza para que eles a escribiran. Nas súas memorias explica como entendía a música nas películas:
"Procurei compoñer música elegante e romántica para enmarcar as miñas
comedias; en contraste co personaxe do vagabundo, a música deulles unha dimensión emocional. Os arreglistas
musicais rara vez comprendían isto. Eles querían que a música fora
divertida. Pero explicáballes que eu non quería competencia, que quería
que a música fose un contrapunto entre o grave e o encanto para
expresar o sentimento."
En 1931 ainda que en tódolos cines proxetábanse xa películas sonoras, Chaplin renunciou a incorporar diálogos en Luces da cidade. Charlot seguirá mudo, pero a música será o elemento sonoro que reforzará ás imaxes. O vagabundo pasa por mil avatares por mor de axudar á florista cega da que está namorado. Na escena que vos propoño, o vagabundo participa nunha competición de boxeo para conseguir cartos. Fixádevos na música que utiliza: unha melodía de violíns acompaña as imaxes da pelexa na que os movementos son unha exacta coreografía.
LUCES DA CIDADE
(1931)
Música de Charles Chaplin
Na película Tempos modernos, Chaplin propón unha divertida crítica sobre a sociedade capitalista filla da revolución industrial. Charlot é un obreiro nunha fábrica e así temos imaxes das tareas rutinarias, das cadenas de montaxe, as obsesións pola rapidez e a productividade. Terco, Chaplin manténse nos seus criterios e non inclúe diálogos na película, pero iso si, hai un acompañamento musical contínuo. Disfrutade da escena da cadea de montaxe da fábrica.
TEMPOS MODERNOS (1936)
A primeira vez que se oirá a voz de Chaplin na pantalla será nesta mesma película Tiempos modernos. Que idioma pode falar Charlot sen perder nada da súa universalidade? Pois velaquí a xenialidade de Chaplin: o seu vagabundo seguirá sendo un mito universal, o seu idioma é de tod@s porque é inventado. Charlot canta un cuplé intelixible.
Velaquí vos queda a primeira vez que o mundo escoitou a voz de Charlot.
Chaplin deixou moi clara a súa posición política na película O GRAN DICTADOR, unha crítica veraz e feroz do nacismo, unha denuncia clara de Hitler e as súas propostas racistas. Chaplin fai os dous personaxes principais: un despiadado dictador fascista, e un barbeiro xudeo perseguido. Velaquí quedan dúas escenas para disfrutar da creatividade deste estupendo actor. Fixádevos o tratamento musical tan diferenciado destas dúas xoias que, ademáis, na película son sucesivas.
O GRAN DICTADOR
(1940)
Gargalladas e bágoas van xuntiñas no argumento de Candilejas, a historia dun vello actor de vodevil que recolle na súa casa a una bailarina que se intentou suicidar. Chaplin agasallounos unha estupenda escena con outro dos grandísimos xenios do cine mudo: Buster Keaton. Disfrutade coa expresividade e os acenos dun e o hieratismo do outro, o violín desafinado de Chaplin e o piano atrapallado de Buster Keaton.
Anne Gedges é unha fotógrafa australiana que leva moitos, moitísimos anos facendo divertidas e ocurrentes fotos de bebés. E con estas imaxes conseguiu crear un imperio de calendarios, axendas, puzles, disfraces infantiles... e libros dos que xa vendeu 19 millóns de copias. Hoxe imos coñecer e disfrutar cun deles.
10 NA CAMA é unha cantiga infantil para moi útil para aprender a contar os 10 primeiros números. Anne Geddes convértea nun libro de fotos.
Dez bebés durmen na cama. No máis profundo do sono, un deles rola pola cama ata chegar ós pés. 9 bebés durmen na cabeceira da cama e un durme ós pes. No máis profundo do sono, un deles rola pola cama ata chegar ós pés. 8 bebés duemen na cabeceira da cama e dous durmen ós pes... ... 10 bebés durmen ós pes dunha cama. No máis profundo do sono, un deles rola pola cama ata chegar á cabeceira... ...
Aproveitaremos este conto para cachegarmos a alguns conceptos de Linguaxe Musical (Escala, Agudo, Grave, Ascendente, Descendente).
...
...
...
Velaí queda un vídeo do conto ilustrado por A. Geddes e a canción na voz dunha cativa.
En maio de 1977 George Lucas conseguiu que a súa película STAR WARS chegase por fin ós cines. Para él e o seu equipo foi acadar un soño, superando as enormes dificultades das innovacións técnicas que complicaron a rodaxe. Pero nunca imaxinaron que esa película ía revolucionar o cine nin que sería un fenómeno de cultura popular mundial reflectido en once películas, series de televisión, novelas, historietas, cromos, videoxogos, xogos de mesa, xogos de rol, disfraces, bonecos, concertos...
A GUERRA DAS GALAXIAS
1977
Música John Williams
O compositor neoyorquino John Williams preparou unha partitura con elementos da música clásica como a obertura, ou o leitmotiv para identificar a personaxes. Inspirado en composicións clásicas, rexeitou a música electrónica e volveu a utilizar a sonoridade dunha orquestra sinfónica.
Hoxe imos coñecer polo miúdo o tema principal desta película. Comezamos por aprender un ritmo que transformaremos en percusións corporais.