venres, 8 de maio de 2020

III PALCO PARA UN TEMPO VIRADO

O alumnado do C.E.I.P SOFÍA CASANOVA de Culleredo xa está preparado para ofrecermos un novo espectáculo.

III  PALCO  PARA  UN  TEMPO  VIRADO

 Comezamos cunha voz tan doce e clara como o seu nome. Clara Vázquez de 5ºA acaríñanos suavemente coa súa versión tranquila e relaxada do Pasodobre do Tempo Virado que canta, convencida e segura, sen deixar de mirarnos.

https://drive.google.com/open?id=1T9Hpa4gnrenJI_nrnDVBfPIiw2pDniOx
  


Pero logo da calma, chega a elaborada combinación de distintas artes ("performance") que presenta  Hugo Castelo (5ºA). Precisades de toda a vosa atención para disfrutar polo miúdo todos e cada un dos detalles desta coidada interpretación.   


https://drive.google.com/open?id=116G_t1_YKtmDAs5pC51584ldDDaA5j9F


Para Manuela Blanco (6º C) son importantes as cousas pequenas: os murmurios, os toques delicados e precisos, a lixeira resoancia do vidro, o equilibrio de formas e cores. Para chegarmos ó seu mundo de pingas sonoras haberemos de calzarmos cos seus zapatos de silencio e escoitar con atención.



https://drive.google.com/open?id=1sB8UE-Jg8eLBboGgSCo9yZw6tU3xx9Mn



Entrar na cociña con "mente musical" é unha festa de suxestións. Chega un momento en que atopas tantas sonoridades e tan distintas que resulta difícil escoller. Hugo Eiroa (6º B) pasou por esto e tomou decisións, escolleu, probou timbres, ritmos e intensidades e, con gusto convencido, preparounos unha versión "envasada" do pasodobre. 

https://drive.google.com/open?id=1k-t90kUO2V8u2qDukLePW4FoeSIbt3JR



Cerramos o pano do telón deste III  PALCO  DO  TEMPO  VIRADO cunha coreografía con ar e sol que nos anuncia os tempos de movemento libre no exterior que están a piques de chegar. Nora Vázquez (3º C) emociónase e nos emociona.

https://drive.google.com/open?id=1GDt4vAyNYnJ4MaiLlDvkX8ZF6q88rCyo



Despedimos a este grupo de artistas e creador@s, mentres escoitamos xa o eco doutros tantos que ensaian nas súas casas os proxectos que presentarán en novas convocatorias. Se te animas a participar, envía o teu proxecto a arcadamarga@gmail.com. Lembra que para subir o PALCO DO TEMPO VIRADO necesitas un pasaporte: a autorización escrita (con DNI) da túa familia.


xoves, 7 de maio de 2020

ENREDOS PARA UN TEMPO VIRADO

Velaquín un novo lote de propostas para divertirse e aprender cousas de música e/ou músicos.

Quedarán organizadas en tres bloques de máis sinxelos a máis complicados; bloques que coinciden cos tres ciclos de Primaria. Pero anímate e intenta facer todos cantos enredos poidas.

Para comezar cos ENREDOS









Para coller soltura cos ENREDOS




Preparei un CALDO e deixei agachados entre  as  letras os instrumentos que vedes debuxados  abaixo. A ver se sodes quen de atopalos.






Para ser expert@ en ENREDOS









luns, 4 de maio de 2020

II PALCO DO TEMPO VIRADO


Apagamos as luces da sala, abrimos o noso gran pano e, amodiño, acendemos as luces do palco. En bambolinas @s nos@s artistas preparan as voces, afinan instrumentos, relaxan os músculos porque comeza xa o
  
II  PALCO DO TEMPO VIRADO

JULIETA E INÉS VÁZQUEZ (6ºB e 6ºA)  buscaron pola casa e argallaron os seus instrumentos. Aprendéronse o Pasodobre, inventaron ritmos e coreografía e velaquí amosan o seu meticuloso traballo.

https://drive.google.com/open?id=12Pd0lkvP7mfwg9PyTdXMp9zBmqnWqIEx


A continuación DANIEL PRIETO (6ºC), unha persoa acostumada a dominar os seus nervios para poder conseguir o mellor de si mesmo nas competicións deportivas, hoxe sorprenderavos tanto polo seu elaborado instrumento como pola soltura e decisión na interpretación.


https://drive.google.com/open?id=1vSg-WMjuPTFfZT36K3d8zBBqnRYA7kPD


O espectáculo continúa. UNAI VÁZQUEZ (5ºA)  está preparado para actuar, aínda que hoxe esqueceu traer o seu chapeu. Escoitade a súa melodiosa voz neste karaoke do Pasodobre.

https://drive.google.com/open?id=15wmOniORK85J3MlGBkCmiWNkebBuTjVR


XABIER OXINALDE (6ºA) decidiuse a construir un cordófono. Velaquí o tedes, orgulloso co seu instrumento, feliz e divertido coa canción. 



https://drive.google.com/open?id=1LJIGfy-_2RhBNT6UMLK9SkPI2gZQRJQj


Rematamos este II PALCO DO TEMPO VIRADO cunha estupenda versión tradicional. SARA FRAGA (6º B) está afeita a subir ós palcos para cantar e tocar coa súa pandeireta. Ela fixo o seu instrumento, claro que si pero, cando escoitou a peza decidiu disfrutala coa súa gran compañeira: a pandeireta.  

https://drive.google.com/open?id=10EHxVhZN2hz-q_rjGZGeYGl-Cvnb7s32


 Aínda co eco da pandeireta de Sara nos nosos ouvidos, rematamos este II PALCO DO TEMPO VIRADO. Xa sabedes que haberá tantos "palcos" coma vos queirades. Enviade os vosos VÍDEOS DAS PROPOSTAS  que vos presentei neste "tempo virado", pero lembrade que haberedes de enviar tamén a AUTORIZACIÓN das vosas familias. 
Estarei atenta para o que precisedes en arcadamarga@gmail.com




O PALCO DO TEMPO VIRADO

Atención!!!   Nenos e nenas, familias, profes, comunidade educativa e... habitantes tod@s do mundo mundial... Poñédevos cómod@s porque...
Inauguramos o PALCO DO TEMPO VIRADO.

A partires de agora mesmo, poderán subir a este palco todas aquelas persoas que envíen GRAVACIÓNS EN VÍDEO seguindo as propostas que se fixeron desde este blogue... Perooooooooo, será requisito IMPRESCINDIBLE, que o nais/pais/responsabeis legais envíen tamén a arcadamarga@gmail.com unha AUTORIZACIÓN escrita que vos permita subir ó palco. 

Nesta estrea disfrutaremos de varias actuacións estelares. 

Abrimos o telón para XABI VÁZQUEZ  de 6º C. Non perdades detalle porque Xabi é unha caixa de interesantísimas sorpresas.


https://drive.google.com/open?id=1seDPBiU2QTESxvs9Y1L56MLCz7h9E4xo


Estades aplaudindo todavía, non si?  Fixástedevos a "armónica" que argallou Xabi ? E que vos pareceu o dúo que fai co seu pai?


Pois seguimos co espectáculo. Atención!!! Preparáidevos para aplaudir  porque sube o palco  CAROLINA LOUREIRO de 5º B

https://drive.google.com/open?id=10JgPrzJjqoWAPrEkwhYce2WCMQV04rIa

Non volo esperabades!!! Carolina preparounos estupendo un "videoclip" co Pasodobre do Tempo Virado. 


Agora é o tempo dun dúo. LUCÍA JIMÉNEZ (1º A) e o seu irmán HUGO (3ºB) divírtense ben xuntos e forman unha moi coordinada "parella de baile".


https://drive.google.com/open?id=1QbXeZ9xUW7Z8AF0vlAdWEyEm0AYBidSx


Continúa o espectáculo de hoxe; sube ó PALCO DO TEMPO VIRADO outro alumno de 6ºC. Trátase de MARTÍN RODRÍGUEZ que, resolveu co que tiña pola casa o seu instrumento e afinou moi ben a súa clara voz.

https://drive.google.com/open?id=1G6Nj0HMTTJqRTbvo3PiOvR8iaL9Hx95G



E agora poderedes escoitar o "sistro" que preparou VALENTINA ÁLVAREZ (5ºB) e que acompaña rítmicamente a súa doce voz.


https://drive.google.com/open?id=1dAsf8QqYZsKC5doBV3dWKVCz6UXlnsN7




E así pechamos por hoxe o telón deste PALCO DO TEMPO VIRADO. Lembrade que estará aberto para todas aquelas persoas que queirades enviar o voso VÍDEO e a AUTORIZACIÓN das vosas familias para vos subir nel.





mércores, 29 de abril de 2020

GREGUERÍAS MUSICAIS: Ramón Gómez de la Serna e Chema Madoz

Ben sei que o alumnado de sexto está a percorrer nestes días as GREGUERÍAS escritas por Ramón Gómez de la Serna, un señor moi ocurrente que decidiu expresar as súas observacións e reflexións en frases moi breves nas que mestura o humor coa metáfora e todo sobre unha estupenda base de intelixencia.

Pois que non se diga que non vos axudo a coñecer os traballos dunha persoa tan interesante. Velaquí vos deixo varios  xeroglíficos que montei coas súas greguerías. Espero que me enviedes as solucións ó correo de sempre (arcadamarga@gmail.com)








Chema Madoz é un fotógrafo contemporáneo español que utiliza a súa cámara do mesmo xeito que Gómez de la senra utilizaba o seu bolígrafo. Non fai retratos de persoas, nin paisaxes, nin reportaxes de eventos... Chema Madoz fai "poesía visual". Utilizando obxectos da vida cotiá fai composicións aparentemente sinxelas, case simples, en branco e negro... pero cando as miramos e as pensamos, non só conseguen roubarnos un sorriso (as veces ata unha gargallada), senón que nos descubren aspectos ou sensacións novas.  Velaí deixovos unha selección das súas imaxes que teñen que ver coa música.






Intenta redactar unha soa frase para cada unha destas imaxes.

domingo, 26 de abril de 2020

25 de ABRIL: CORRIDINHO E TARANTELLA. Danzas do Tempo Virado

Hoxe é día de festa. Logo de 6 semanas, hoxe 26 de abril poderedes saír a pasear e xogar polas rúas e parques. Con moito coidado. Mantendo as distancias, tomando todas as precaucións que vos recomenden.
Hoxe, mellor que ningún outro día das vosas vidas, entenderedes as emocións e sentimentos que experimentaron as  portugues@s e italian@s  cando conseguiron derrotar os gobernos fascistas que os oprimían e lles deixaran sen libertade. E así foi que o 25 de abril é unha data moi importante tanto en Italia como en Portugal.

Imaxinade, como para vos, foron momentos de alegría e de festa. A xente nas rúas , coas caras enchidas de sorrisos e con ganas de bailar. Pois iso. Hoxe imos bailar coma xente bailou nas rúas de PORTUGAL e ITALIA.



25 de abril de 1974:   PORTUGAL baila CORRIDINHO

No CORRIDINHO o instrumento fundamental, o que leva a melodía e fai mover os pes é o acordeón (ou concertina en Portugal). Xa sabedes que a este aerófono chámanlle "o piano dos pobres" polas súas posibilidades sonoras e porque podes levalo a calquer lugar para facer festa. O CORRIDINHO é un baile de  parellas, sempre agarradas e organizadas en roda.

Velaquí vos deixo a dúas rapazas que bailan na súa casa. Se vos fixades, comprobaredes que bailan dun xeito cando sona "o retrouso" (estribillo en castelán) e teñen movementos distintos cando sonan as distintas "estrofas".


Ben seguro que lle colléstedes gusto. Vouvos axudar a encher toda a vosa casa de festa. Velaí vai outro corridinho para que percorrades a cociña, o baño, a sala, o corredor dando voltas disfrutando desta música tan marchosa.





25 de abril de 1945:   ITALIA baila TARANTELLA

A  TARANTELLA é un baile típico italiano, sobre todo nas rexións do Sur. É un baile moi alegre, moi saltado, que se baila en parellas pero, bailadores e bailadoras teñen a libertade de facer moitos movementos ou combinacións coreográficas distintas. Sonan mandolinas e acordeóns e,  moi frecuentemente levan pandeiretas nas mans e petan nelas durante o baile.

Velaí vos deixo a este grupiño bailando unha tarantella no parque. Fixádevos nos seus movementos. Están organizados en grupos de 4 (dúas parellas) colocadas uns fronte ós outros. Cada vez que sona "o retrouso" fan un pasos, e logo van cambiando según vai cambiando a música das distintas "estrofas".





Velaquí vos queda outra versión na que podedes viaxar no espacio (hai moitas fotos de lugares preciosos de Italia). Pero tamén poderedes viaxar no tempo (hai algunhas fotografías antigas de bailadores e bailadoras doutras épocas).






Intenta responder a estas cuestións:

1) En que familia de instrumentos clasificarías o acordeón?

2) Coñeces algún outro instrumento do folklore portugués?

3) Cal é o título da canción que representa a "revolución dos claveles" portuguesa? Quen foi o seu autor?

4) En que familia de instrumentos clasificarías a mandolina?  E a pandeireta?

5) Cal é o título da canción que representa ós partisanos que venceron o fascismo italiano? 

6) O mércores 29 de Abril é o Día Mundial da Danza. Pois pensa e investiga o nome de danzas tradicionais, tendo en conta que xa tes dúas:

Corridinho, Tarantella...








domingo, 19 de abril de 2020

PASODOBRE DO TEMPO VIRADO


Como haberemos de quedarnos en casa e temos moito tempo.   Esta semana TODO O ALUMNADO (de primeiro a sexto) vai cantar. Aprenderedes o PASODOBRE DO TEMPO VIRADO. Preparéivola con letra para que poidades facer karaoke.





O alumnado de 4º e 6º haberá de procurar o xeito de acompañala co instrumento construido con refugallo que lles encargara antes das vacacións. Que alguén vos grave un vídeo "tocando" o voso instrumento e cantando esta peza.


O alumnado de 3º e 5º haberán de inventarse unha coreografía. Pedide que alguén vos grave co tlfno un vídeo bailando esta peza.

Podedes enviar as vosas gravacións a:

arcadamarga@gmail.com

E, se vos apetece e vos esmerades, poderemos utilizar este blogue para vernos, colgaremos os vosos vídeos e disfrutaremos das vosas creacións artísticas.


Por certo, tanto a música como as imaxes ou a edición están "feitas na casa". Nunha vindeira entrada xa vos explicarei como podedes facelas.