venres, 30 de maio de 2014

O CALCETÍN AMARELO. Un conto

Un calcetín amarelo perdeu ao seu compañeiro nun día de xistra. Agora vive só nun costureiro... ata que o avó da con el e...

QUE SE PODE FACER CUN CALCETÍN AMARELO QUE VIVE SO NO COSTUREIRO?


Esta suxerente historia naceu no maxín de Loli Rial, e transformouse en música cando se topou con Susa Herrera. Grazas a ámbalas dúas e ao Cuarteto Caramuxo por transformar ese conto nun espectáculo musical.



Así soaba esta cantiga nas voces d@s pequen@s do I Ciclo


E este é o arranxo para instrumentos Orff que preparou Adela Seoane, por si queredes utilizalo para cantala en karaoke:




QUE DESASTRE DE FLAUTISTA. Un conto




Un frautista percorre a vila. A xente vai canda el, bailando a súa música. Pero altérase moito cada vez que atopa un sinal de tráfico e non sabe que significa. 


"El flautista no conoce
no conoce la señal
¡¡ Es que nadie le ha enseñado
qué es la Educación Vial !!"


E así sonaba nas voces do alumnado do I Ciclo 



xoves, 29 de maio de 2014

PARA COMEZAR. Frauta

Sabías que o ser humano leva disfrutando deste doce son desde hai decenas de miles de anos. nestas viñetas descubrirás a historia da frauta máis antiga do mundo





Velaí un enlace a unha páxina da Junta de Andalucía bastante útil para aprender a tocar a FRAUTA DOCE. As partes, como colocar os beizos, como soprar, como colocar as mans...


http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizador-1/es/pode/presentacion/visualizadorSinSecuencia/visualizar-datos.jsp 


Na seguinte páxina podes escoller unha canción e, ademais de aprender a tocala, poderás facer varios xogos con ela


 Pizarra musical

Outro enlace para aprenderes a tocar cancións sinxelas e divertidas é este "CUADERNO DE PARTITURAS".

https://sites.google.com/site/cuadernodepartituras/

 

Tamén chega de Andalucía este caderno no que atoparás, ademais das partituras, explicacións sobre linguaxe musical e dixitacións. Poderedes descargalo AQUÍ



 Cuaderno de partituras

LIMPEZA DE OUVIDOS 3

Máis propostas para divertirte ao tempo que te entrenas en diferenciar sons.


Somentes un dos vermes soa  coa mesma ESCALA que o teclado de cogomelos. Da con él.


 VERMES



Leva a cada indio onde cadansúa canoa


 INDIOS



Leva cada coche de carreiras á pista que lle corresponde


 COCHES




Descobre a posición de cada dinosaurio


 DINOSAURIOS




LIMPEZA DE OUVIDOS 2

Na rede hai moitos xogos que, ademáis de divertirmos, exercitan a nosa percepción auditiva e a memoria. Velaí algúns deles.


Nesta invasión extraterrestre haberás de identificar ao alieníxena que viña na nave.


 ALIENÍXENAS



A tenista agarda que lle lances a pelota que corresponde.





Este nobre anda na procura do xograr que sona distinto aos outros


 XOGRARES



Agochados entre as canaveiras hai un lote de patiños. 
Axuda a esta pata a atopar á súa cría.


 PARRULOS





mércores, 28 de maio de 2014

ANIMALARIO

"A música amansa as feras", proclama un vello aforismo. Pero o poder da música chega moito más aló. Velaí algúns exemplos...




VEN BAILAR CARMIÑA

"Ven bailar Carmiña" é unha das máis coñecidas cantigas galegas. Imos coñecer, analizar e interpretar esta peza coa frauta. Velaí a partitura.



Escoita distintas versións.

RADIO COS propoñen unha versión de festa na taberna.



SON DE SEU encheu esta cantiga coas voces das cantareiras, as zanfoñas, as arpas, os violíns, as gaitas, as pandeiretas... e demais instrumentos desta orquestra folk.




A gaiteira CRISTINA PATO e MUTENROHI, unha banda ourensá, pintaron esta peza coas cores da música pop mixturando os instrumentos tradicionais con batería e instrumentos electrónicos.