luns, 9 de xuño de 2014

BERROGÜETTO, unha despedida


Nestes días o grupo Berrogüetto está a se despedir cunha xeira de cinco concertos. 
Navicularia, o seu primeiro disco editado en 1996, transformou a música galega porque nos propuxeron escoitar as vellas melodías con arranxos e instrumentación ben distintas e suxerentes.  E así seguiron, case vinte anos como referentes na música tradicional.

Imos lembralos con algunhas gravacións das moitas que bulen na rede.

Cantando no XABARÍN CLUB

O SACAÚNTOS



Coa voz de Guadi Galego:


 XENTE



Un poema de Manuel Rivas, cantado por Xavier Díaz:


 ALALÁ DA NOITE







LER POESÍA

Atopamos na nosa biblioteca poemas de Antonio García Teijeiro cheos de música, non só pola sororidade e o ritmo das palabras, senón porque falan de música e instrumentos.  Catro persoas de 4º decidiron mergullarse neles.
Xoel e Óscar len para nós os textos en galego. 






Raúl e Lucía recitan en castelán. Poesía en dúas linguas...

VERSOS DE AGUA



luns, 2 de xuño de 2014

QUINO E A MÚSICA 2

Xa que disfrutamos tanto cos seus debuxos, procuremos algunha información sobre él.  Arxentino, naceu en 1932, fillo de emigrantes andaluces. Estudou Belas Artes pero escolleu traballar en prensa debuxando "historietas cómicas". 

Velaí un enlace a NI ARTE NI PARTE, unha presentación de diapositivas de debuxos seus sobre as artes (Pintura, Música, Literatura, Escultura).




Mafalda é a súa personaxe máis coñecida, porque estivo nove anos (1964-1973) contándonos ocurrencias desta cativa e os seus amigos.












SOPLOS E ALENTOS

Propoño unha adiviña: cal é  o nome do compositor e o título da canción que interpretan estes rapaces?

ADIVIÑA

 ADIVIÑA


Escoita esta peza interpretada por unha orquestra australiana e intenta levar as contas tanto da diversidade de instrumentos que utilizan, como das distintas técnicas para facelos sonar.

ORQUESTRA SINFÓNICA DE MELBOURNE

 ORQUESTRA DE MELBOURNE


venres, 30 de maio de 2014

O CALCETÍN AMARELO. Un conto

Un calcetín amarelo perdeu ao seu compañeiro nun día de xistra. Agora vive só nun costureiro... ata que o avó da con el e...

QUE SE PODE FACER CUN CALCETÍN AMARELO QUE VIVE SO NO COSTUREIRO?


Esta suxerente historia naceu no maxín de Loli Rial, e transformouse en música cando se topou con Susa Herrera. Grazas a ámbalas dúas e ao Cuarteto Caramuxo por transformar ese conto nun espectáculo musical.



Así soaba esta cantiga nas voces d@s pequen@s do I Ciclo


E este é o arranxo para instrumentos Orff que preparou Adela Seoane, por si queredes utilizalo para cantala en karaoke:




QUE DESASTRE DE FLAUTISTA. Un conto




Un frautista percorre a vila. A xente vai canda el, bailando a súa música. Pero altérase moito cada vez que atopa un sinal de tráfico e non sabe que significa. 


"El flautista no conoce
no conoce la señal
¡¡ Es que nadie le ha enseñado
qué es la Educación Vial !!"


E así sonaba nas voces do alumnado do I Ciclo 



xoves, 29 de maio de 2014

PARA COMEZAR. Frauta

Sabías que o ser humano leva disfrutando deste doce son desde hai decenas de miles de anos. nestas viñetas descubrirás a historia da frauta máis antiga do mundo





Velaí un enlace a unha páxina da Junta de Andalucía bastante útil para aprender a tocar a FRAUTA DOCE. As partes, como colocar os beizos, como soprar, como colocar as mans...


http://agrega.juntadeandalucia.es/visualizador-1/es/pode/presentacion/visualizadorSinSecuencia/visualizar-datos.jsp 


Na seguinte páxina podes escoller unha canción e, ademais de aprender a tocala, poderás facer varios xogos con ela


 Pizarra musical

Outro enlace para aprenderes a tocar cancións sinxelas e divertidas é este "CUADERNO DE PARTITURAS".

https://sites.google.com/site/cuadernodepartituras/

 

Tamén chega de Andalucía este caderno no que atoparás, ademais das partituras, explicacións sobre linguaxe musical e dixitacións. Poderedes descargalo AQUÍ



 Cuaderno de partituras