LIBERTANGO do músico arxentino Astor Piazzola vai ser unha das pezas interpretadas polo Quinteto de Metais no concerto ao que acudiremos no Palacio da Ópera da Coruña. Velaí a gravación que traballamos e visionamos na clase. É un traballo elaborado polo profesor Tullio de Piscopo para o seu alumnado do Taller de Piano e Música.
JOHANNES BRAHMS foi un pianista e compositor centroeuropeo de hai 150 anos. Coma moitas das persoas cultas do seu tempo, adicoulle moita atención á cultura tradicional (aos contos e historias populares, ás cancións e danzas tradicionais...) Dese interese xurdiu a peza que velaí vai: "DANZA HÚNGARA Nº 5" (chamámoslle polo número porque deixounos un lote de 21 recollidas as mais delas).
Velaí deixovos a interpretación da Orquestra do Teatro Bolshoi de San Petersburgo dirixida con gran expresividade pola xaposesa Tomomi Nishimoto.
(Lembrade que xogamos a limpar o salón: fregona, plumero, paniño suave nas figuriñas, sacudir e colocar os catro manteis)
O excepcional Charles Chaplin creou, interpretou e dirixiu esta escea maxistral que forma parte da súa película O GRAN DICTADOR.
Tamén Walt Disney botou man das danzas Húngaras para elaborar a súa versión de OS TRES PORQUIÑOS.
OS TRES PORQUIÑOS
OS TRES PORQUIÑOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario