Imaxinade as sensacións que poderiades disfrutar dentro da caixa de resonancia dun instrumento. Imaxinádevos a intensidade do son. Imaxinádevos a percepción da vibración con todo o corto... Un subidón!!! Pois, ainda que non o lembremos, xa tivemos esas vivencias, xa disfrutamos desas sensacións cando a nosa nai cantaba levándonos dentro... "Quen canta seus males espanta"... daquela... " Por que non hei cantare?".
E agora responde:
* Cal é o tema do vídeo?
* De quen é a música?
* Cal é a frase máis repetida na cantiga?
* Cal é a familia instrumental máis abundante?
* Cal é a familia instrumental máis escasa?
* Que imaxes coinciden co susurro?
* De que xeito se relacionan coa música ás mulleres das imaxes?
* Para que lles serve a música ás mulleres das imaxes?
* En que imaxes atopas as seguintes funcións:
- Para divertirse
- Para celebrar
- Para lembrar
- Para namorar
- Para relaxarse
- Para evadirse
- Para adormecer
- Para estar xuntos
- Para lucirse
- Para estimular a curiosidade
Ningún comentario:
Publicar un comentario