martes, 24 de novembro de 2015

WORLD MUSIC TOUR. NIGERIA: Canción de Benvida

FUNGA ALAFIA

Música de benvida

Funga Alafia é unha danza de benvida dos Yoruba, un grupo étnico de case 40 millóns de persoas que viven no Oeste de África (Nigeria, Liberia, Benín, Togo, Sierra Leona...)
En África a música ten funcións sociais moi importantes e, algunhas delas, ben distintas das que ten en Europa.  A música vai acompañada de danza e de canto: TRES NUN...  E así, música-canto-danza serven para expresar os sentimentos, para exteriorizar e comunicar aquelo que lle acontece á persoa ou ao grupo. Os movementos da danza, os acenos, forman parte dun rico linguaxe xestual que completa a información que da letra da canción. 
Todo esto sucede en FUNGA ALAFIA. O texto é ben simple: "Benvida para vós". Pero os acenos que acompañan, engaden información: "A miña mente davos a benvida, os meus ollos danvos a benvida, os meus beizos danvos a benvida, o meu corazón davos a benvida".

Esmerádevos con esta cantiga. Lembrade a cantas persoas coñecedes que houveron de marchar lonxe na procura dunha vida mellor. Lembrade a todas esas persoas que, fuxindo da guerra, da fame, da inxustiza... intentan buscar un lugar onde vivir con dignidade... FUNGA ALAFIA

Velaí a partitura


Velaí a dixitacións para que poidas practicala coa túa frauta




No enlace que segue atoparás a dixitación para frauta e tamén os acenos da danza. Fíxate ben para descobrir se hai algunha diferencia coa versión que aprendimos nós.



Escoita distintas versiós






Ningún comentario: