En 1968 e 1969 dous rapaces ingléses estiveron moi ocupados. Levaban desde 1965 facendo cancións, pero desta vez decidiron facer algo máis rotundo: unha "Opera Rock". Da música encargaríase Andrew Lloyd Weber, nado nunha familia de músicos e con 21 anos... quen dixo medo!? As letras serían cousa de Tim Rice que, daquela, tiña 25 anos.
E que tema pensades que buscaron para representar con cancións e bailes rockeros? Uffff! pois escolleron "os últimos 8 días na vida de Jesucristo visto polos ollos de Judas". O argumento conta como unha compañía de artistas chega a un remoto lugar do deserto onde van representar os derradeiros días na vida de Jesucristo mediante o canto e a danza. Segundo os actores van poñéndose as roupas das personaxes así van comportándose dun xeito máis humano e distante da versión biblíblica. Conseguiron gravar o disco, e como foi un éxito enorme, atoparon os cartos que precisaban para montar o musical nos escenarios de Brodway e despois facer a película.
Moitas son as cancións destacadas, pero imos fixarnos nesta que canta Judas.
Velaquí a texto en castelán:
1
Fíxate nesta melodía e comenta se hai algo que chame a túa atención:
Analiza estas dúas frases melódicas:
* Teñen algunha semellanza?
* Cales son as diferencias?
Lembra a melodía inicial. Veremos de engadirlle unha letra para cantala:
2
Presta atención a esta melodía. Recoñeces todos os seus elementos?
Engadirémoslle una letra para poder cantala.
3
Intenta reproducir este esquema rítmico con percusións corporais,
Imos xogar coas distintas melodías e ritmos organizados en dous grupos.
Seguiremos esta secuencia:
1 - Tutti
2- Grupo A
3 - Grupo B
1 - Tutti
Estos anacos forman parte dunha canción.
* Serás quen de localizalos?
* En que orde van?
* En que orde van?
* Algún se repite?
Se picas no icono de MUSESCORE atoparás a partitura interactiva en Versión piano
Velaí queda a partitura para que vos animedes a disfrutares tocándoa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario