Alerta e poderemos aprender algunha cousa.
1.- Cantos instrumentos sonan?
a) 2 b) 3 c). 4 d) 1
2.- Cales son?
3.- Marca a que grupo pertencen?
a) Aerófono b) Cordófono c) Idiófono d) Membranófono
4.- Sabes o nome da persoa que compuso esta peza?
a) Beethoven b) Mozart c) Brahms
Presta moita atención ó video que segue:
Pois si. É a mesma melodía do vídeo anterior. É unha composición do alemán Johannes Brahms, que no século XIX inspirouse nas ledas danzas populares de Hungría para compoñer 21 pezas para piano (a catro mans). De todas, a danza nº 5 é a máis coñecida.
5) Somentes unha destas persoas é Johannes Brahms. Indica cal.
Johannes Brahms viviu entre 1833 e 1897. Un século de moitos cambios e innovacións.
6) Marca que eventos sucederon nos tempos que viviu.
a) Inventouse a fotografía b) Inventouse o avión c) Inventouse a lavadora
e)inventouse o teléfono d) Utilízase a electricidade nas casas e nas industrias
Velaí unha interpretación ó piano. Escoita moi atentamente para resolver o que segue
Xa sabes que a melodía organízase en frases. Se te concentras poderás distinguir tres frases. Escoita a peza as veces que precises ata descubrir cal das seguintes propostas é a forma que escolleu o compositor.
a) AA BB CC A B C b) ABC ABC ABC c) A BB A CC A
Ningún comentario:
Publicar un comentario