martes, 27 de maio de 2014

DO RE MI: Un musical, unha canción, unha partitura para frauta

Hai moitos xeitos de aprender o nome das notas e a súa entoación correcta. Unha delas, ben popular consiste en botar man da canción DO RE MI  da obra musical "Sorrisos e Bágoas". 


Velaí o enlace para ver e escoitar a canción tal e como sonou no Teatro Tívoli de Barcelona o 1 de outubro de 1913:

DO RE MI - Sorrisos e Bágoas



 Velaíqueda a partitura cos arranxos de  Juan Rafael Hernández.



Se clicas no enlace que segue atoparás un PDF coa partitura, a ficha de traballo que explicamos na aula, e o texto da canción.

PARTITURA + FICHA TRABALLO + LETRA

Se queres practicar coa túa frauta, aquí podes recordar as posicións:



E prefires cantala, clica e velaí tes unha base musical:

BASE MUSICAL

Queredes descubrir como cantan esta canción outras xentes noutras línguas... Velaí vai.



 
DO RE MI con OSKORRI

Pero hai outras cancións estupendas para aprender o nome das notas. O grupo vasco OSKORRI, ten esta divertida canción, coa que podes xogar. Inventa en lingua galega a parte do texto que vai en euskera.





Ningún comentario: