"Ven bailar Carmiña" é unha das máis coñecidas cantigas galegas. Imos coñecer, analizar e interpretar esta peza coa frauta. Velaí a partitura.
Escoita distintas versións.
RADIO COS propoñen unha versión de festa na taberna.
SON DE SEU encheu esta cantiga coas voces das cantareiras, as zanfoñas, as arpas, os violíns, as gaitas, as pandeiretas... e demais instrumentos desta orquestra folk.
A gaiteira CRISTINA PATO e MUTENROHI, unha banda ourensá, pintaron esta peza coas cores da música pop mixturando os instrumentos tradicionais con batería e instrumentos electrónicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario