luns, 19 de decembro de 2016

NADAL EN DANZA: O CREBANOCES

Cando chega o Nadal en moitos palcos do mundo as bailadoras e bailadores preparan con moito esmero un magnífico espectáculo: O CREBANOCES.  En 1892 o compositor ruso Piotr Tchaikovsky, atendendo ó encargo dos Teatros Imperiais, preparou unha partitura pola cal converteu en "ballet" un conto de Nadal cargado de maxia. 


A música de Tchaikovsky enche o escenario no que se suceden feitizos, batallas tremendas, o terrible rei dos ratos coas súas espantosas siete cabezas, o país dos doces, a fada do sucre... As melodías transfórmanse en danzas, moitas danzas: a Danza Chinesa, a Danza Árabe, O Trepat (Danza Rusa), a Danza das Frautas, a Danza da Fada do Sucre, o Vals das Flores, o Vals das folerpas...

Velaí unha das versións do CREBANOCES


Xa me tardaba: é o tempo da danza... disfrutemos do BALLET!


A DANZA CHINESA



DANZA RUSA





A DANZA DOS MIRLITÓNS



O VALS DAS FLORES



O VALS DAS FOLERPAS



A DANZA DA FADA DO SUCRE


En 1940, este ballet estrenouse nos Estados Unidos e acadou moita sona. Walt Disney, engaiolado pola partitura, decidiu utilizar esta música en FANTASÍA, unha película de debuxos animados. Velaí algunhas das escenas que imaxinaron os debuxantes americanos.


DANZA CHINESA



DANZA RUSA



DANZA DA FADA DO SUCRE



DANZA DAS FRAUTAS


domingo, 18 de decembro de 2016

O VIOLÍN DE LAURA

Estamos no tempo de Nadal, e así foi que Laura Bello agasallounos tocando para nós o seu violín.






Amosounos o seu benquerido instrumento, explicounos as distintas partes do violin, e para que serve cada peza; tamén falounos dos materiais co que o fixeron.


Descobrimos algúns datos deste instrumento


Explicounos algunhas das técnicas que utiliza para tocalo:



Aproveitamos para disfrutar coa música e a danza da estupenda violinista californiana Lindsey Stirling


E soubemos da experiencia do violinista Josua Bell tocando o seu Stradivarius no metro de Washington


martes, 6 de decembro de 2016

ROTEIRO DE VILLANCICOS

Villancicos novos e tamén antigos... 
...para adeprendermos músicas coñecidas ou partituras tradicionais... 
...para viaxarmos coa música de aquí e tamén de acolá... 
...para afinarmos en galego ou en portugués... 
...para cantarmos en español con acento venezolano ou colombiano...

OS CALZONCILLOS DE PAPÁ NOEL




PANXOLIÑA DOS BEATLES



MI BURRITO SABANERO




CHAMPA CON DULCES 


RIN RIN


A TODOS UN BON NATAL


PANXOLIÑAS e outros cantos do Solsticio de Inverno

Pois como imos chegarmos ó Solsticio de Inverno, aproveitaremos para cantar. Este vai ser o tempo das PANXOLIÑAS, dos CANTOS DE NADAL, dos CANTOS DE REIS... Velaí algunhas destas cantigas para disfrutar.

Na primeira proposta o grupo Chouteira cóntanos a historia dos Reis Magos pero trasladándoa aos nosos días, atualizándoa.

O COMETIDO





OS TRES REIS MAGOS





AS XANEIRAS





NADAL DE LUINTRA



GUEDELLOS DE CABRA



Para rematar, un enlace onde atopar LETRAS destas cantigas e doutras moitas para disfrutarmos neste tempo

PANXOLIÑAS

venres, 21 de outubro de 2016

UNHA ESCALEIRA DE SONS

A ESCALEIRA é un deses libros que "facemos sonar" na clase, converténdoos en contos musicais". Neste conto distintas personaxes suben a escaleira dunha casa por mor de entregar diferentes obxectos... e todo soa: as personaxes, os obxectos e mesmo a escaleira.






Concéntrate. Estos instrumentos e obxectos fixémolos sonar no conto A ESCALEIRA. 
Quen era quen, ou, que era que ?





Fai memoria e intenta lembrar os distintos ritmos que sonaban nesta historia.


luns, 17 de outubro de 2016

SOPA DE CABAZA, un conto de emocións para un outono musical

SOPA DE CABAZA é un conto de Helen Cooper no que hai tres amigos: un gato, un esquío, un pato. Tamén hai unha cabaña nun xardín con cabazas, unha pota con sopa e unha culler. Os personaxes descobren distintas emocións e afrontan conflictos: ciumes, enfado, fuxida, medo, remorsos, amistade, complicidade, colaboración... e pola noite sonarán unha gaita, un banjo e unha voz.


O alumnado do CEIP Marqués de Estella tamén gustou moito deste conto, e decidiron facer unha gravación. Velaí queda o seu traballo.



Lembra as actividades que fixemos na clase e resolve:









sábado, 15 de outubro de 2016

CANTAMOS UN NOBEL

BOB DYLAN, un cantor premiado

A Literatura é unha manifestación artística baseada no uso da Linguaxe. A linguaxe serve para inventar contos, narracións, novelas, obras de teatro, poesía... e CANCIÓNS.  Nunha canción as palabras e a música enrédanse e  mergúllanse unha na outra. A calidade desa aperta é o que teñen valorado os 18 membros da Academia Sueca para lle otorgaren o Premio Nobel de Literatura a Bob Dylan.
Por vez primeira  un cantautor recibe esta homaxe; un músico a quen lle premian por 

  “ter creado novas expresións poéticas dentro da gran tradición da canción americana... Durante 54 anos, Dylan estivo a se reinventar  creando unha nova identidade...

Moitas das suas cancións convertéronse en Himnos a favor dos Dereitos Humanos ou en contra da Guerra do Vietnam. En 1963 a sua canción Blowing in the wind fíxose popular en todo o mundo.


Esta é a letra en inglés e en castelán.



Esta é a partitura para tocar coa frauta.

Con este vídeo poderás practicar a dixitación.


E Velaí un arranxo para tocar con placas.

Outras obras suas:

The times they are a changin



Like a Rollings Stones


Hurricane



All Along The watchtower