A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
Petar, golpear, rañar, bater, sacudir, chocar... son algunhas das moitas cousas que fan os rapaces de ODAIKO no escenario. Con eles descubrirás a enorme familia da PERCUSIÓN.
As cantigas que velaí deixo escoiteillelas e aprendinnas da miña nai, e ela escoitoullelas e aprendeunas da súa... En castelán ou"galeguizadas" son cantigas para xogar.
A mesma melodía, con pequenas variacións de ritmo atendendo ao texto, é un xogo que combina atención e coordinación motriz: "ANTÓN PIRULERO".
A persoa que dirixe o xogo (a nai) canta e acompáñase de movementos que recorden actividades (clavar, pintar, coser, tocar distintos instrumentos, plantar, cortar...). O grupo haberá de imitar os acenos, que a nai irá cambiando. A "nai" vixiará que sexan exactos. No caso de trabucarse repetidamente haberá que "pagar a prenda" que o grupo decida.
Velaí unha versión "pop"
Para xogar cos nomes e virar "na roda" vai a cantiga "JOSÉ SE LLAMABA EL PADRE".
Luis - Luisa
Manuel - Manuela
Ramón - Ramona
Juan - Juana
Pedro - Petra
Collidos das mans, o grupo xira nunha roda levando o pulso nos pés e cambiando a dirección do xiro en cada "nova familia".
Velaí queda a versión de Rosa León nos anos 80.
"A MI BURRO" é unha canción para xogar coas rimas, o movemento e a memoria. Aprendido o ritmo e a melodía, proporemos ao noso alumnado inventar a letra da canción. Haberá que buscarlle o xeito e completar cada estrofa. Faremos unha relación de "partes do corpo" e iremos completando a canción. Para cada estrofa engadiremos un aceno de xeito que, ademais de axudarnos a recordar o texto configure unha "coreografía".
Desde o Atlántico ata o Pacífico, inmensos bosques, centos de lagos, incontables rios e regatos, enormes cadenas montañosas... Canadá, o segundo país máis grande do mundo, onde viviron durante milenios poboacións indíxenas ata que expedicións francesas e inglesas ocuparon o territorio.
Imos disfrutar desta natureza tan salvaxe cunha viaxe en canoa.
Comezamos por interpretar distintos ESQUEMAS RÍTMICOS.
A - Estalando os dedos
B - Palmadas
C - Nos muslos
D - Cos pés
O esquema completo será A B C D
Unha vez aprendido farémolo en CANONa 2
A B C D
A B C D
Presentamos o texto en inglés
My paddle's keen and bright
flashing with silver,
follow the wild goose flight,
dip, dip and swing.
Meu remar é firme e luminoso,
resplandecente como a prata,
segue o vóo dunha pantasma,
entra e abanéase.
E tamén a MELODÍA:
E un OSTINATO
Podemos propor ao alumnado inventar unha nova letra.
"Vou río abaixo nunha canoa,
o vento zoa ó meu carón,
montañas brancas, e verdes leiras
todo é silencio en derredor"
E para remate final, interpretemos a CANOE SONG cos instrumentos da aula.
Que pasa coas historias despois de "e comeron perdices"?
Adela Turin e Nella Bosnia narran como as tartarugas Arturo e Clementina coñécense, namóranse e... a vida vai pasando.
Este é un dos "contos con cantos" que nos encantan e disfrutamos na aula de música desde hai moitos anos. Aprenderemos a melodía de Vicente Gil recollida nun libro de texto para 6º curso da Ed. SM. Convertirémola nun retrouso co que fiaremos toda a historia.
Para rematar a historia temos duas estrofas máis que cantamos coa mesma melodía.
Remata Xaneiro e, desde hai algúns cursos, ábrese a convocatoria do REFUGALLO SONORO. O alumnado de cuarto e de sexto empezan a darlle voltas e máis voltas aos seus miolos. Remexen no faiado, no alpendre, no garaxe, nas lacenas, no alto dos armarios, buscan e rebuscan materiais para construir o seu INSTRUMENTO MUSICAL.
Velaí algunhas ideas
Velaí a ficha que haberedes de completar para preparar o proxecto. Lembrade que é IMPRESCINDIBLE presentar a ficha ANTES de construir o instrumento.
NALGÚNS CURRUNCHOS DE TURQUÍA, GRECIA E OS BALCÁNS
NALGÚN ESTUDO DE GRAVACIÓN CATALÁN
MEDITERRANEO (Joan Manuel Serrat)
Quizás porque mi niñez sigue jugando en tu playa y escondido tras las cañas duerme mi primer amor, llevo tu luz y tu olor por dondequiera que vaya, y amontonado en tu arena guardo amor, juegos y penas. Yo, que en la piel tengo el sabor amargo del llanto eterno que han vertido en ti cien pueblos de Algeciras a Estambul para que pintes de azul sus largas noches de invierno. A fuerza de desventuras, tu alma es profunda y oscura. A tus atardeceres rojos se acostumbraron mis ojos como el recodo al camino. Soy cantor, soy embustero, me gusta el juego y el vino, tengo alma de marinero. Qué le voy a hacer, si yo nací en el mediterráneo. Y te acercas, y te vas después de besar mi aldea. Jugando con la marea te vas, pensando en volver. Eres como una mujer perfumadita de brea que se añora y que se quiere que se conoce y se teme. Ay, si un día para mi mal viene a buscarme la parca, empujad al mar mi barca con un levante otoñal y dejad que el temporal desguace sus alas blancas. Y a mí enterradme sin duelo entre la playa y el cielo... En la ladera de un monte, más alto que el horizonte. quiero tener buena vista. Mi cuerpo será camino, le daré verde a los pinos y amarillo a la genista. Cerca del mar porque yo nací en el mediterráneo.
Escomenzamos xogando con ritmos. Imitamos e reproducimos con palmadas:
Moito máis sinxelo é o que haberemos de facer cos pés:
Organizados en dous grupos, cada grupo interpreta un esquema rítmico pero soarán ámbolos dous ó mesmo tempo. Se practicamos ben concentrados conseguiremos reproducir os dous ritmos á vez.
Engadiremos un novo esquema rítmico que faremos palmeando nas pernas:
Organizados en tres grupos tocaremos os tres esquemas rítmicos que soarán así:
Agora chega o tempo de xogar coas palabras. Buscaremos palabras que rimen:
CAFÉ - PÉ
ARROZ - VOZ
POMELO - DEDO
LENTELLAS - ORELLAS
Organizados en dous grupos, seguiremos xogando coas palabras. Desta vez vai ser pregunta e resposta: un grupo pregunta e o outro responde.
PREGUNTA: Fun ao mercado a buscar ... café / arroz / pomelo / lentellas
RESPOSTA: E unha formiguiña picoume nun ... pé / voz / dedo / orellas
Introducimos un retrouso logo de cada serie
Eu sacudín, sacudín, sacudín
pero a formiguiña non deixaba de subir
Engadimos unha melodía e convertiremos as rimas en canción:
Agora que xa aprendimos a melodía, imos a xogar coa grafía. Fai por poñer en orde os distintos fragmentos da partitura.
1
2
3
4
Poderías tocala coa túa frauta?
* Cantas notas distintas ten?
* Cal é a nota máis aguda? E a máis grave?
* Cal é a nota aguda máis curta? En que compás está?
O colectivo musical galego MARÍA FUMAÇA ten editada unha estupenda versión desta canción
Aprendida a canción na versión de María Fumaça, haberemos de disfrutala máis ainda se nos poñemos endanza. Organizados en parellas, veremos de inventar unha coreografía de percusións corporais para a parte cantada, "sacudíndonos" mutuamente durante o retrouso, e bailando "en muiño" na parte instrumental.
Pero esta é unha canción que cantan os meniños e meniñas do BRASIL, un país que está máis aló do Atlántico. Físicamente están moi lonxe, pero as suas xentes enténdense nunha lingua moi semellante á nosa.
Presta atención e fai por descubrir as semellanzas e diferencias coa cantiga de María Fumaça. Velaí vai un apuntamento para axudar na análise da canción.
* Como é o texto?
* Como é a melodía?
* Como é o "tempo"?
* Que instrumentos sonan?
Prestade atención a esta versión do QUINTAL MUSICAL. * Que instrumentos utilizan? * A que familias musicais pertencen? * Como se chama a técnica musical que utilizan no xilófono?