A ARCA DA MARGA.
A arca é o lugar onde as sensacións esperan, protexidas e quentes. Velaí están ata que alguén, con interese e curiosidade, abra a tampa e remexa na súa procura.
E que podes atopar? Pois as partituras, as cancións, as audicións, os vídeos, os xogos que usamos na rede, e outros enlaces con información útil.
Este ano tan raro imos montar tamén o noso REFUGALLO SONORO. Esta convocatoria presenta algunhas peculiaridades. Puidemos disfrutar de moitos dos instrumentos nos vídeos que xa subiron ós PALCOS anteriores. Pero outras persoas decidíchedes enviar fotos do voso instrumento. Aproveitaremos este PALCODO TEMPO VIRADO para facer unha "exposición virtual". Comecemos.
A quena de Erica Galvís (6º C)
O tambor de Izan Coelho (4º B)
Os tambores de Sergio Alborés (4º B)
A quena de Martín Rodríguez (6º C)
A guitarra de Adrián Vieites (6º B)
O tambor tibetano de Uxía Suárez (6º C)
A batería de potas e testos de Brenda Calviño (1º B) e a súa irmá
O proceso de construcción do metalófono de Xian Quintela (6º C) aproveitando as placas do "perchófono" que presentara no Refugallo Sonoro de 2018.
Velaquí unha nova edición do PALCO DO TEMPO VIRADO ó que sube ó noso alumnado para compartirmos as súas habilidades.
Comezamos cunha familia moi musical. A familia Méndez Rodríguez (Brais, Aitor, Laia E Lúa) abriron as lacenas e sacaron potas, testos, culleres... e velaí témolos disfrutando a topeeeeee...
Aitor e a súa irmá ofrécennos a súa coreografía do pasodobre
Fixádevos na concentración de Brais que utiliza as súas maracas nun acompañamento rítmico do pasodobre.
Na casa de Manuela Blanco (6ºC) tamén pasaron pola cociña e argallaron para agasallarmos ritmos en familia.
Carola Caamaño (6º A) investigou coas sonoridades recuperando obxectos entre o lixo da casa, e preparounos un acompañamento rítmico para unha melodía de Queen.
Vega Menéndez (6º B) construiu unhas castañolas con chapas e cartón. Velaí a súa interpretación do pasodobre
Xabier Oxinalde explícanos como construiu o seu laude
Brais Veiga (4º A) construiu un arouxo e unha maraca que utiliza para acompañar o pasodobre.
Jorge Outón (6º B) aproveitou o confinamento para contruir un "pau de chuva" cun son tan intenso e continuado que máis que chuva lémbranos o bulires dunha fervenza.
Mussie González (6º B) abraza con agarimo mentres explícanos como construiu o seu ukelele.
Levamos moitos meses en espacios reducidos. Precisamos movernos, e a música sempre é a mellor aliada. Rematamos o curso bailando con músicas do Século XX. Imos ter dous obxectivos:
Ademais de bailar, propóñovos completar o cadro seguinte cos datos que acompañan cada vídeo.
Cada unha das obras poderedes disfrutalas en dous vídeos. O primeiro será a versión "oficial", e o segundo é unha coreografía sinxela para que vos animedes a practicala na casa.
1º
Comezamos cun clásico: ELVIS PRESLEY foi quen de revolucionar a música e por en movemento as cadeiras de toda unha xeración. Unha das súas cancións máis coñecidas "O rock do cárcere" foi un éxito de 1957.
Velaquí vai unha coreografía ben doada para que practiques na casa.
2º
Gloria Gaynor foi unha das "raiñas da música disco". En 1978 conseguiu que no que soaban os primeiros acordes de "I will survive" as pistas das discotecas enchíanse de xente bailando sen medo. Velaí queda a versión oficial
E aquí vai unha versión de zumba
3º
Bobby McFerrin en 1988 fixo unha versión dunha canción que cantaba Bob Marley. Con mezcla de reggae e pop, "Don't worry be happy" é unha desas melodías que enrédanse nos miolos e non hai quen as saque. Disfruta dela
Velaquí unha sinxela coreografía
4º
ABBA é o nome dun grupo sueco que durante unha década encheu de cancións as discotecas, as pistas de baile, as verbenas e as festas familiares. Velaquí vai unha, de 1975. Tal foi o éxito desta xente que, 33 anos máis tarde, fixeron unha película con moitas das súas cancións e puxéronlle o nome desta que aquí vos deixo: "Mamma mia".
E aquí queda a coreografía
5º
BACKSTREET BOYS é unha banda de música POP dos anos 90 do século pasado. Escoitade esta canción "Everybody" de 1997.
O Hip - hop é unha cultura urbana que naceu nos barrios afroamericanos e latinos de Nova Iorque. Unha das súas formas é o baile. Aproveita para apender a bailalo.
6º
A colaboración de dúas personalidades extraordinarias da cultura POP da segunda metade do século XX decidiron xuntarse e 1985 nun proxecto común: DAVID BOWIE e MICK JAGGER. O resultado é este: " Dancing in the street".
Unha sinxela coreografía
7º
Twist significa “xirar, torcer ou enroscar" é así é como se baila: movendo pernas, cadeiras, ombreiros pero sen case mover os pes. Fillo do rock and roll, rapaces e rapazas disfrutaron moito con esta música a principios dos anos 60. Escoita a CHUBBY CHECKER cantar "The Twist" en 1960.
Anímate a bailar seguindo esta coreografía.
8º
Rematamos co REI DO POP: MAICHAEL JACKSON. Foi un neno prodixio que desde moi pequeniño viaxou polos escenarios de todo o mundo cantando e bailando cos seus irmáns (The Jackson Five). Disfrutade aquí cun dos seus traballo de madurez. En 1983 saiu ó mercado este "Billie Jean" que, ben seguro, non vos vai deixar quedos.
Case rematando este curso, poderemos disfrutar doutro grupo de artistas da nosa escola.
VI PALCO DO TEMPO VIRADO
Foron dos primeiros en enviarmos o seu vídeo hai xa moitas semanas. Os irmáns Seoane Ramallo (Xoán - 5ºA, Uxía - 2ºB, Asier - p.5 anos) prepararon a coreografía e fan voar o noso pasodobre sobre o ceo de Nova Iorque.
Gabriel Bouzas (5º A) sorpréndenos polo seu dominio instrumental. Escolleu unha base rítmica que lle gustou e lanzouse a tocar a melodía. Pola súa decisión e soltura sobre o instrumento sabemos que ten feito esto moitas veces.
Cambiamos de sonoridade. Atención porque entra un instrumento aparentemente simple, pero que os flamencos aprecian moito: O CAIXÓN. Marín Pereiro conseguiu un, sentouse enriba e aí o tedes, acompañando con xeito ó pasodobre para darlle unha nova cor.
Eva Outón (4º B) preparou un precioso tambor cunha lata. Fixádevos ben nos moitos detalles do seu traballo. Valente, atreveuse a acompañar o pasodobre cun ritmo acompasado.
E así rematamos a CHAMPADA DE PASODOBRE. Moitas grazas a todas as persoas que respondíchedes a esta proposta e enviáchedes os vosos vídeos.
Antes do pasodobre, cando empezou isto do confinamento e precisabamos forza e enerxía para afrontar os tempos duros que estaban por chegarmos, cantabamos con ganas RESISTIRÉ desde fiestras e balcóns. Aproveitando o repaso de xeometría das titoras, eu propúxenvos preparar "unha coreografía sobre a canción RESISTIRÉ na que se utilicen distintas formas xeométricas". Pois velaí van os vídeos das persoas que se animaron a compartir ó seu tempo, a súa creatividade, e a súa intimidade.
Unai Vázquez (5º A) construíu figuras xeométricas e cubriuse con elas. Velaí está, animado, sorrinte transmitíndonos a súa enerxía.
Paula Pose (6º B) debuxa figuras xeométricas co seu corpo no salón da súa casa.
Mateo Docampo (6º C) baila decidido a superar o que lle poñan diante.
Xabi Vázquez (6º C) debuxa figuras xeométricas no espacio ó tempo que marca ritmos con percusións corporais.
Pechamos esta edición do PALCO DO TEMPO VIRADO, confiando que a enerxía que transmiten estes artistas vos sirva de estímulo para disfrutar da música en calquer ocasión e oportunidade.
Ludwig Beethoven é un deses nomes que coñecemos. Son famosos. Como Napoleón, Cleopatra, Leonardo da Vinci... sabemos deles como se fosen parentes lonxanos. Este ano estamos de celebración con Ludwig, o noso curmán alemán Lois Beethoven.
Propóñovos un VIDEO QUIZZ para comprobar o que lembramos deste home ó que este curso tanto temos escoitado e do que tanto temos falado.
A Oda a Alegría que Ludwig Beethoven incluiu na súa 9ª Sinfonía é unha obra tan importante na nosa cultura que foi escollida como Himno da Unión Europea. Velaí tes a partitura para frauta que xa tes tocado na escola pero esta vez corteina e remexín os anacos coma se fora un puzzle; terás que ordenar as oito pezas nas que a dividín.
Desde agora mesmo na WEB DO CEIP SOFÍA CASANOVA queda aberto un atallo que vaivos levar dereitiñ@s ó
PALCO DO TEMPO VIRADO. Fixádevos na web da escola. No apartado de música atoparedes
un novo elemento: a foto dun "palco de música". Se premedes nel atoparedes todas as actuacións do PALCO DO TEMPO VIRADO que se
publiquen neste blogue. Velaquí a imaxe.
Abrimos o V PALCO DO TEMPO VIRADO
O palco de hoxe está cheiño de irmáns. Comezamos a función cunha rubia e un moreno, aprenderon a nosa cantiga e prepararon unha coreografía usando elementos de "atrezzo" para facela máis dinámica e divertida. Velaquí déixovos o traballo de Carla (2º A) e Nando García (5º B).
Presentamos de seguido a unha lutier cun prometedor futuro como youtuber. Lúa Fernández (6ºC) fai unha completísima presentación do seu instrumento: amosa os materiais, explica o proceso de construcción polo miúdo e remata, como non, coa interpretación do noso pasodobre.
Roi Fernández (6º A), exprésase coa mesma soltura que a súa irmá Lúa. Presenta o seu elaborado botellófono, explícanos o proceso de construcción e tamén interprétanos o pasodobre.
Pousou o seu benquerido violín e procurou pola casa algo para petar, Gabriela Valerio (6º A), sube ó palco e ofrecenos a súa versión do pasodobre.
Un case nada, uns pasiños marcando unha coreografía na alfombra, aparece e desaparece... está aí... baila o pasodobre moi sorrinte e feliz facendo parella coa súa boneca. Prestade atención porque sube case ó tempo que baixa: é Yanira Asencio de 5º B.
Rematamos con outra bailadora. Cun bule bule no corpo, pero decidida a "dalo todo", Noa Emes (6º A) canta e baila a súa coreografía para todos nós.
Pechamos o pano deste V PALCO DO TEMPO VIRADO convencid@s das destrezas, habilidades e musicalidade deste estupendo alumnado. Grazas polo voso esforzo e colaboración.
Este palco abrirá o seu pano se vós participades. Anímovos a seguir enviando os vosos vídeos "musicais" á arcadamarga@gmail.com, pero lembrade que somentes poderemos poñelos no blogue coa autorización escrita (con DNI) das vosas familias.
Comecemos por situarmos. Desde agora mesmo queda aberto un atallo que vaivos levar dereitiñ@s ó PALCO DO TEMPO VIRADO. Fixádevos na cabeceira desta páxina e atoparedes un novo botón. Se premedes nel atoparedes todos os palcos que se publiquen. Velaquí a imaxe.
Abrimos pois o pano de IV PALCO DO TEMPO VIRADO
Abrimos o espectáculo de hoxe con suavidade, delicadeza, precisión e minuciosidade. Fixádevos ben, porque a nosa lutier e instrumentista prepara o seu instrumento. Escoita as súas cordas. Procura o son axeitado tensando as cordas (afina) e logo... Sorpresa!!! Disfrutade do Pasodobre que ofrécenos Irene Prada (6ºA)
Seguimos cun músico animado. Construiu unha guitarra con unha botella que colle coa seguridade dos profesionais e sácalle un bo partido interpretando o noso pasodobre. Aplaudide forte porque Mussie González de 6º B sube ó noso palco.
Entran na escena dous bailones. Ámbolos transmiten enerxía. Todo neles é vitalidade: a voz, os saltos, as palmadas... Eles entenden moi ben que a música serve para expresar os nosos sentimentos, as nosas emocións. Velaí Dani (1º B) e Carlos (5ºA) García Areosa...
Candela Mariño de 6ºB ofrece unha interpretación máis intimista e doce. Axúdáse do acompañamento rítmico dun idiófono que preparou cun tubo.
Mateo Docampo (6º C) argallou unha batería; con espíritu musical pasou pola cociña, abriu lacenas e armarios, colleu botes e caixas e... sen medo a nada, canta e toca para nós convencido e decidido.
Rematamos este IV PALCO DO TEMPO VIRADO coa musicalidade de Stella Fontao (6ºA). Preparou unhas maracas ben bonitas e cun son suave e, con elas e a súa afinada voz interpreta a nosa melodía.
Seguide atent@s porque haberá máis edicións do PALCO VIRADO. Xa sabedes que si queredes subir ó palco, haberedes de enviar os vosos "vídeo musicais" e a autorización (con DNI) das vosas familias á arcadamarga@gmail.com.